As pinturas de Pala de Cabras en Casaio (III): Soliformes e ramiformes

O texto que sigue é parte do traballo “Hallazgo de un conjunto de pinturas esquemáticas prehistórica en el sitio de “Pala de Cabras”, en Casaio (Carballeda de Valdeorras, Ourense), publicado en PH: Boletín del Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico (que podedes descargar aquí).

Otro de los motivos más representativos en las pinturas de Pala de Cabras son los soliformes, elementos muy frecuentes en las representaciones de arte esquemático a lo largo de toda la geografía peninsular (Figura 6). Un interesante grupo de, al menos, dos soliformes -sin descartar la presencia de algún otro más desgastado- se presenta en el panel 13. De 95 cm de largo y 45 de ancho, se encuentra en un saliente de la parte central de la pared, en el nivel más alto de los dos que la componen, a una altura de 2,16 m del suelo. Sigue leyendo «As pinturas de Pala de Cabras en Casaio (III): Soliformes e ramiformes»

As pinturas de Pala de Cabras en Casaio (II): os ídolos oculados

O texto que sigue é parte do traballo «Hallazgo de un conjunto de pinturas esquemáticas prehistórica en el sitio de «Pala de Cabras», en Casaio (Carballeda de Valdeorras, Ourense), publicado en PH: Boletín del Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico (que podedes descargar aquí).

El primer motivo que aquí presentamos es un ídolo oculado muy completo localizado en el que denominamos como panel 19, situado a 10 m hacia el interior de la cavidad desde su extremo noroccidental. Este panel, de formato triangular y situado en el primer nivel, tiene unas medidas totales de 44 cm de alto en su parte superior y de 15 cm en su parte inferior, por 103 cm de ancho, y se encuentra a una altura de 140 cm desde el suelo. El ídolo oculado, pintado en color ocre/naranja, ocupa la parte central y superior del panel y se encuentra ligeramente escorado hacia la derecha.

Sigue leyendo «As pinturas de Pala de Cabras en Casaio (II): os ídolos oculados»

A hixiene persoal e a saúde dos guerrilleiros na Ciudad de la Selva

Cremas de dentes

O seguinte texto recóllese na memoria interpretativa da campaña na Ciudad de la Selva que podedes ver completo aquí


Un dos aspectos máis sobresaíntes das escavacións na Ciudad de la Selva foi a documentación dun conxunto de obxectos relacionados coa hixiene persoal e a saúde dos grupos guerrilleiros. A documentación deste tipo de obxectos contrastan coa imaxe, quizá romántica, do guerrilleiro como lobo solitario que loita pola súa supervivencia contra as forzas da natureza, como mostran as novelas ao respecto (Grandes, 2012; p.ex. Guerra Garrido, 2010; Llamazares, 2001; vid. Vidal Castaño, 2016a). Isto non significa tampouco que todos os grupos guerrilleiros contaran con este tipo de obxectos na súa vida diaria; de novo, temos que ter en conta que as escavacións na zona de Morteiras (onde foron recuperados todos estes obxectos) referencia fundamentalmente a vida da Federación e, polo tanto, a parte máis organizada do movemento guerrilleiro no noroeste peninsular. Sigue leyendo «A hixiene persoal e a saúde dos guerrilleiros na Ciudad de la Selva»

O contexto político e social das ditaduras en América Latina: guerra fría, CIA e a operación Cóndor

O concepto de ditaduras cívico-militares en América Latina abarca realidades políticas e sociais bastante diversas, que fai referencia aos réximes políticos dalgúns dos países do Cono Sur desenvolvidos entre as décadas dos anos 60 e 80. Así, normalmente, úsase este concepto para designar o que aconteceu neste período nos países da Arxentina, o Brasil, Bolivia, Chile, Paraguai e Uruguai. Sociedades, economías e políticas moi distintas pero que tiveron como nexo común a imposición de réximes ditatoriais de base militar ao longo destes anos. Esta semellanza fai que diversos investigadores e investigadoras tentaran analizar as raíces comúns deste fenómeno histórico. De feito, os estudos arqueolóxicos están a achegar moita información neste sentido, xa que, en termos materiais, estes países mostran características moi similares. Este é o eixo do traballo da compañeira Caroline Murta Lemos publicado no volumen colectivo «Arqueología de la dictadura en Latinoamérica y Europa«, para quen estes réximes comparten o nexo de utilizar o terrorismo de Estado como arma política. Máis aínda, a explicación para as súas semellanzas ten que ver, segundo a autora, co contexto político é o desenvolvemento de conexións políticas entre estes países. Sigue leyendo «O contexto político e social das ditaduras en América Latina: guerra fría, CIA e a operación Cóndor»

As pinturas de Pala de Cabras en Casaio (I): marco xeral e descrición da pala

O texto que sigue é parte do traballo «Hallazgo de un conjunto de pinturas esquemáticas prehistórica en el sitio de «Pala de Cabras», en Casaio (Carballeda de Valdeorras, Ourense), publicado en PH: Boletín del Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico (que podedes descargar aquí).

Introducción: el contexto de descubrimiento

El hallazgo de pinturas esquemáticas que aquí presentamos se localiza en la parroquia de Santa María de Casaio, en el actual concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense). Se produjo en el contexto de desarrollo del proyecto Sputnik Labrego. Resiliencia e resistencia da sociedade labrega galega en “momentos de perigo”: unha análise antropolóxica e arqueolóxica na longa duración, en el marco de un contrato postdoctoral financiado por la Xunta de Galicia. El objetivo general de este proyecto era el análisis, a través del registro material, de las transformaciones de las sociedades campesinas tradicionales del noroeste peninsular desde una perspectiva de larga duración histórica. Para ello, se escogió el ámbito geográfico de Casaio, que presentaba unas características únicas especialmente sugerentes. Sigue leyendo «As pinturas de Pala de Cabras en Casaio (I): marco xeral e descrición da pala»

O Departamento de Ordem Política e Social (DOPS) en Belo Horizonte (Minas Gerais, Brasil) e a ditadura brasileira

(O traballo ao que fai referencia está dentro do volumen «Arqueología de la dictadura en Latinoamérica y Europa», que podas atopar aquí)

Se hai un país no mundo que está a vivir tempos estraños, ese é o Brasil. Ao principio do ano 2019, acabado de estrear xaneiro, chegaba á presidencia un militar retirado de nome Jair Bolsonaro que ninguén tiña por gañador ou presidente, pero que mediante unha campaña moi agresiva, chea de fake news e mensaxes de odio, arrebatou o goberno do país aos candidatos oficiais. Desde entón, a súa política combinou unha perigosa mestura entre neoliberalismo salvaxe no económico, forte intervención política e militar, e a nostalxia pola memoria da ditadura brasileira pasada. Se hai un sitio onde a ameaza dunha volta das ditaduras militares é máis real, este sitio é o Brasil. Sigue leyendo «O Departamento de Ordem Política e Social (DOPS) en Belo Horizonte (Minas Gerais, Brasil) e a ditadura brasileira»

A arqueoloxía da ditadura en Europa e en América Latina (I). Proposta e marco teórico

Tras a caída do muro de Berlín, a desintegración da Unión Soviética e a guerra dos Balcáns pensábase que a ditadura sería reducida a un concepto teórico dos libros de Ciencia Política. Non era para menos. En Europa os últimos réximes ditatoriais remataron nos anos 70 co Reino de España e Portugal. Só unha década e media máis tarde, os réximes de Pinochet e de Stroessner pechaban a porta as clásicas ditaduras do Cone Sur americano. Porén, os últimos anos viron como o avance da extrema dereita en Europa e do autoritarismo militarista en América Latina ameaza con actualizar o supostamente morto concepto de ditadura. É por isto que as distintas Ciencias Sociais se enfocaron na análise deste fenómeno tanto nas sociedades do pasado como no presente. Desde o noso punto de vista, a arqueoloxía tamén pode achegar un importante coñecemento ao estudo das ditaduras. Sigue leyendo «A arqueoloxía da ditadura en Europa e en América Latina (I). Proposta e marco teórico»

Aldeas e granxas altomedievais en Galiza: algúns exemplos

Comentabamos noutros posts que, en xeral, o campesiñado é visto pola investigación como un suxeito pasivo, condenado a sobrevivir aos condicionantes naturais e tendente a desaparecer baixo o avance da modernidade. Isto é aínda máis certo no caso dos períodos coñecidos por «escuros», como é a Alta Idade Media. Tradicionalmente, o campesiñado altomedieval víase de xeito «primitivista», ou sexa, cunha economía moi simple, moi móbil e con asentamentos moi inestables.

Sigue leyendo «Aldeas e granxas altomedievais en Galiza: algúns exemplos»

A relevancia do campesiñado após a fin do Imperio Romano en Occidente

Cholas, de Alfredo Manrique Torres

Tradicionalmente, dentro do que chamamos a historia positivista, a historia é feita polas elites e constrúese a través dos grandes feitos como as batallas, os reinados ou as relacións diplomáticas. Nesta forma «elitista» de ver a historia, as clases baixas e os grupos subalternos non adoitan xogar un papel relevante. De feito, ás veces son totalmente ignoradas ou teñen papeis moi pasivos no desenvolvemento da historia. Este é o caso do campesiñado. O recentemente falecido Theodor Shanin, un dos teóricos do campesiñado máis importantes do século XX, falaba da «clase incómoda» para referirse a este papel pasivo pouco valorado pola investigación ou polas políticas sociais. O razoamento é sinxelo: se o campesiñado só pode xogar un papel pasivo entón debe ser superado mediante políticas activas. Sigue leyendo «A relevancia do campesiñado após a fin do Imperio Romano en Occidente»

Escavación e secuencia estratigráfica do chozo da guerrilla Morteiras-1 (val de Morteiras)

Morteiras-1 antes de iniciar os traballos de escavación

A arqueoloxía traballa coas historias na terra. E para facer esas historias é fundamental facer escavacións estratigráficas, isto é, diferenciar as diferentes capas e niveis que forman o rexistro arqueolóxico. Do mesmo modo que a química basease nas partículas para construír as súas hipóteses, nós utilizamos os estratos, polo que é moi importante saber que estratos hai nunha escavación e a información que estes dan. En aras da transparencia, nos seguintes párrafos (e tamén en próximos posts) presentaremos a estratigrafía dos chozos que escavamos na campaña de 2018. Todo isto pode ser consultado na memoria técnica presentada na Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia que podedes descargar aquí. Sigue leyendo «Escavación e secuencia estratigráfica do chozo da guerrilla Morteiras-1 (val de Morteiras)»