A represión en Chile e as capas de memorias: arqueoloxía da ditadura en Chile

O traballo que fai referencia esta entrada forma parte do volume «Arqueoloxía da ditadura en Latinoamérica e Europa», que podedes conseguir aquí.

A ditadura militar en Chile é, posiblemente, un dos réximes políticos que máis impacto tivo na memoria colectiva mundial. As mans cortadas do cantautor Víctor Jara son un símbolo ausente da liberdade perdida do mesmo xeito que as lentes de Salvador Allende poden considerarse a materialización da represión e da violencia. Un réxime que, apoiado polas potencias europeas e os Estados Unidos de América, tras o golpe de Estado en setembro de 1973 causou a desaparición, segundo datos oficiais, de 1210 persoas, como relata a película «Missing» do director grego Costa Gavras. Un réxime que aínda hoxe representa un punto de forte debate político e de activación das memorias en Chile. O Museo da Memoria e dos Dereitos HUmanos en Santiago de Chile é, a día de hoxe, un dos museos máis visitados do país polos chilenos e chilenas. Sigue leyendo «A represión en Chile e as capas de memorias: arqueoloxía da ditadura en Chile»

O contexto político e social das ditaduras en América Latina: guerra fría, CIA e a operación Cóndor

O concepto de ditaduras cívico-militares en América Latina abarca realidades políticas e sociais bastante diversas, que fai referencia aos réximes políticos dalgúns dos países do Cono Sur desenvolvidos entre as décadas dos anos 60 e 80. Así, normalmente, úsase este concepto para designar o que aconteceu neste período nos países da Arxentina, o Brasil, Bolivia, Chile, Paraguai e Uruguai. Sociedades, economías e políticas moi distintas pero que tiveron como nexo común a imposición de réximes ditatoriais de base militar ao longo destes anos. Esta semellanza fai que diversos investigadores e investigadoras tentaran analizar as raíces comúns deste fenómeno histórico. De feito, os estudos arqueolóxicos están a achegar moita información neste sentido, xa que, en termos materiais, estes países mostran características moi similares. Este é o eixo do traballo da compañeira Caroline Murta Lemos publicado no volumen colectivo «Arqueología de la dictadura en Latinoamérica y Europa«, para quen estes réximes comparten o nexo de utilizar o terrorismo de Estado como arma política. Máis aínda, a explicación para as súas semellanzas ten que ver, segundo a autora, co contexto político é o desenvolvemento de conexións políticas entre estes países. Sigue leyendo «O contexto político e social das ditaduras en América Latina: guerra fría, CIA e a operación Cóndor»

Os circuitos represivos en Rosario (Santa Fe, Arxentina) durante a ditadura arxentina

Escola de Mecánica da Armada (Bos Aires)

A ditadura arxentina, xunto coa chilena, poden ser considerados os réximes ditatoriais máis representativos de América Latina. En realidade, Arxentina vivu diversos réximes autoritarios ao longo do século XX. Porén, foi o chamado Proceso de Reorganización Nacional o que máis impacto tivo no país e o que máis violencia implicou. Esta ditadura impúxose tras un golpe de Estado contra o goberno peronista de María Estela Martínez de Perón en marzo de 1976, e executado polas Forzas Armadas. Estas colocaron no goberno unha Xunta Militar integrada por tres comandantes das Forzas Armadas, goberno que posteriormente foi monopolizado polo xeneral Jorge Rafael Videla. Videla acapararía o poder ata 1981. Neses anos, Arxentina enfrontouse ao Reino Unido na Guerra das Malvinas, o que provocou unha fortísima crise ao réxime e logrou artellar unha oposición política o suficientemente sólida como para forzar que o poder pasase a un goberno elixido democraticamente en Decembro de 1983 encabezado por Raúl Alfonsín. Sigue leyendo «Os circuitos represivos en Rosario (Santa Fe, Arxentina) durante a ditadura arxentina»

O Departamento de Ordem Política e Social (DOPS) en Belo Horizonte (Minas Gerais, Brasil) e a ditadura brasileira

(O traballo ao que fai referencia está dentro do volumen «Arqueología de la dictadura en Latinoamérica y Europa», que podas atopar aquí)

Se hai un país no mundo que está a vivir tempos estraños, ese é o Brasil. Ao principio do ano 2019, acabado de estrear xaneiro, chegaba á presidencia un militar retirado de nome Jair Bolsonaro que ninguén tiña por gañador ou presidente, pero que mediante unha campaña moi agresiva, chea de fake news e mensaxes de odio, arrebatou o goberno do país aos candidatos oficiais. Desde entón, a súa política combinou unha perigosa mestura entre neoliberalismo salvaxe no económico, forte intervención política e militar, e a nostalxia pola memoria da ditadura brasileira pasada. Se hai un sitio onde a ameaza dunha volta das ditaduras militares é máis real, este sitio é o Brasil. Sigue leyendo «O Departamento de Ordem Política e Social (DOPS) en Belo Horizonte (Minas Gerais, Brasil) e a ditadura brasileira»