O Departamento de Ordem Política e Social (DOPS) en Belo Horizonte (Minas Gerais, Brasil) e a ditadura brasileira

(O traballo ao que fai referencia está dentro do volumen «Arqueología de la dictadura en Latinoamérica y Europa», que podas atopar aquí)

Se hai un país no mundo que está a vivir tempos estraños, ese é o Brasil. Ao principio do ano 2019, acabado de estrear xaneiro, chegaba á presidencia un militar retirado de nome Jair Bolsonaro que ninguén tiña por gañador ou presidente, pero que mediante unha campaña moi agresiva, chea de fake news e mensaxes de odio, arrebatou o goberno do país aos candidatos oficiais. Desde entón, a súa política combinou unha perigosa mestura entre neoliberalismo salvaxe no económico, forte intervención política e militar, e a nostalxia pola memoria da ditadura brasileira pasada. Se hai un sitio onde a ameaza dunha volta das ditaduras militares é máis real, este sitio é o Brasil.

A ditadura militar no Brasil impúxose mediante un golpe de Estado en marzo de 1964 que instaurou un goberno encabezado por Humberto de Alencar Castelo Branco. En 1967, promulgouse unha constitución que estableceu un estado militarista de corte fascista, artellado a través do partido do réxime Alianza Renovadora Nacional e un partido de oposición tolerada, o Movimiento Democrático Nacional e un partido de oposición tolerada, o Movimiento Democrático Brasileiro. En 1985, tras o colapso doutras ditaduras como as de Arxentina ou Perú, a oposición gañou as eleccións e promulgou outra constitución en 1988, o que deu por rematada a ditadura militar. 21 anos nos que se cometeron violacións masivas de dereitos humanos. Segundo datos oficiais, 421 persoas fican desaparecidas, aínda que a violencia foi amplamente estendida.

Grazas aos traballos como o de Denise Neves Costa, titulado «Arqueologia e mémoria: a materialidade da repressâo no DOPS de Belo Horizonte (Minas Gerais, Brasil)» podemos facer unha historia moito máis complexa da violencia na ditadura brasileira a través da arqueoloxía. Este traballo analiza mediante diversas ferramentas arqueolóxicas o tristemente coñecido Departamento de Ordem Política e Social (DOPS), que se atopa en Belo Horizonte, no Estado brasileiro de Minas Gerais.

O DOPS foi un departamento ao servizo da ditadura encargada, oficialmente, de pescudar a aqueles considerados «subversivos». Entre as súas funcións oficiais incluíanse as de realizar interrogatorios, pericias policiais, buscas ou retencións para obter informacións de sospeitosos. Concretamente, no DOPS producíase unha «triaxe» ou os primeiros interrogatorios para despois proceder cos procesos xudiciais. Xa era coñecido durante o seu período de funcionamiento que no DOPS realizábanse detencións ilegais e torturas a aquelas persoas sospeitosas de actividades subversivas.

Actualmente o DOPS atópase na zona central da cidade de Belo Horizonte, ocupando un predio onde estaba a antiga Delegación de Furtos de Belo Horizonte. Trátase dun edificio tipicamente modernista, inserido nos proxectos de embelecemento e hixienización da cidade. O edificio está artellado en dous espazos distintos que inclúen un patio e a estrutura principal con catro andares nos que hai distintas habitacións con diferentes funcións.

O traballo de Denise dirixiuse cara a unha análise de tipo espacial. Estas análises parten da idea de que as diferentes funcións que teñen lugar en cada espazo, sumado á súa posición relativa na distribución arquitectónica, permite extraer información sobre os mecanismos e as ideas que o espazo transmite. No caso do DOPS, a conclusión principal de Denise é que, máis alá de ser casual ou precipitado, foi pensado de xeito profundo para deshumanizar ás persoas que ían ser torturadas. Mesmo as materialidades atopadas en cada habitación responden á idea de xerar medo e inquedanza aos futuros torturados e torturadas.

A reflexión final da autora é que os mesmos mecanismos ideolóxicas que fixeron posible o DOPS están hoxe cada día máis presentes no Brasil. A Arqueoloxía permítenos poñer en garda as nosas defensas.

 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s