O sputnik labrego

cropped-logocon-nombre.jpg

O obxectivo principal deste proxecto de investigación é analizar as formas de resiliencia e de adaptación das sociedades labregas galegas perante procesos históricos de grandes transformacións, poñendo de relevo o papel da materialidade na construción da identidade labrega. Aquí confluirán as historias e os obxectos das sociedades labregas ao longo de diferentes tempos e culturas: da cultura galaica prerromana, da sociedade galaico-romana, baixo o monarquía Suevo, do tempo dos Irmandiños, da invasión francesa ou da Guerra Civil do 1936 e a Guerrilla (ler máis).

0vilad1.jpg

Castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo)

Spunik 1 – Castros do época sueva

wolf casaio,carballeda de valdeorras,Orense

Minas de Wolframio en Valborraz

Sputnik 3 – A guerrilla antifranquista

Entradas recientes

Sobre a datación das ocupacións históricas do Castelo, en Valencia do Sil

Unha das cuestións máis problemáticas que tivemos que afrontar cando comezamos a traballar no espectacular sitio do Castelo, en Valencia do Sil (Vilamartín de Valdeorras) foi centrar a datación da ocupación ou ocupacións que tivo este sitio. Datar un xacemento arqueolóxico é fundamental para insertalo nun contexto social e político específico; e datar un xacemento … Sigue leyendo Sobre a datación das ocupacións históricas do Castelo, en Valencia do Sil

Campaña «Recuperemos Valborraz!»

Os lumes que asolaron a Galiza o pasado agosto foron un dos episodios ambientais máis traumáticos do pasado moderno. Segundo os datos oficiais, preto de 125.000 hectáreas de terreo arderon, danando irremisiblemente ecosistemas, zonas de protección ambiental e, o peor de todo, casas e aldeas que se viron reducidas a cinzas baixo a mirada aterrada … Sigue leyendo Campaña «Recuperemos Valborraz!»

Más entradas