A arqueoloxía da ditadura en Europa e en América Latina (I). Proposta e marco teórico

Tras a caída do muro de Berlín, a desintegración da Unión Soviética e a guerra dos Balcáns pensábase que a ditadura sería reducida a un concepto teórico dos libros de Ciencia Política. Non era para menos. En Europa os últimos réximes ditatoriais remataron nos anos 70 co Reino de España e Portugal. Só unha década e media máis tarde, os réximes de Pinochet e de Stroessner pechaban a porta as clásicas ditaduras do Cone Sur americano. Porén, os últimos anos viron como o avance da extrema dereita en Europa e do autoritarismo militarista en América Latina ameaza con actualizar o supostamente morto concepto de ditadura. É por isto que as distintas Ciencias Sociais se enfocaron na análise deste fenómeno tanto nas sociedades do pasado como no presente. Desde o noso punto de vista, a arqueoloxía tamén pode achegar un importante coñecemento ao estudo das ditaduras. Sigue leyendo «A arqueoloxía da ditadura en Europa e en América Latina (I). Proposta e marco teórico»

Arqueoloxía da «Mina dos Alemáns»: unha introducción

A rexión de Casaio (Carballeda de Valdeorras, Ourense) é un territorio cheo de historia e de patrimonio do pasado recente cunhas paisaxes únicas. Un ben común histórico, quizais esquecido e maltratado, pero extraordinario para comprender os procesos de introdución da modernidade no mundo rural. Un dos sitios arqueolóxicos máis importantes e quizá dos máis castigados é o coñecido como a mina de Valborraz ou «A cidade dos Alemáns». Esta mina de wolframio é un caso único no península ibérica pola súa complexidade histórica e un dos sitios principais do noso proxecto. Neste post queremos facer unha pequena introdución a súa historia para profundar a medida que avancemos coas nosas investigacións.

Sigue leyendo «Arqueoloxía da «Mina dos Alemáns»: unha introducción»