Arqueoloxía do cotián. Un patrimonio vivo

Nunha das primeiras ceas, á volta da Ciudad de la Selva, organizada pola xente de Casaio

(Texto escrito por Celtia Rodríguez González)

Cando rematamos dunha viaxe á “Ciudad de la Selva” e voltamos á nosa “área de operacións”, a casa de Gelita, como é lóxico, chegamos bastante cansos e cansas. Non obstante,temos que facer os traballos da casa que ten que ver co mantemento e o cociñado. De feito, para que as tarefas sexan o máis equitativas posibles, temos unha especie de cuadrante no que cada día hai diferentes persoas responsabilizadas do traballo.

Pero cando comezamos co proxecto, alá polo ano 2017, despois dunha destas primeiras experiencias de volta da Ciudad de la Selva, Francisco invitounos a cear á súa casa, e alí foi cando nos presentou a Severina.

Para a nosa sorpresa, ela preparou un menú para un rexemento. De primeiro, tíñamos entremeses (queixo, chourizo, cecina, xamón…etc), de segundo fixo un guiso de xabalí de caza, un prato moi típico da zona, e de terceiro un bo prato de corzo. Como é normal, cando miramos a cantidade de entremeses que alí habíapensamos que íamos picar algo e marchar. Pero, para a nosa sorpresa, cando xa estabamos fartas de picotear aqueles manxares, aparecía outro prato, que Seve, con moito agarimo tiña preparado para que non quedaramos con fame despois de todo o día no monte.

Nesa comida, nesas accións, e sobre todo, no cariño e o afecto que Seve tiña posto en preparar todo aquelo para a noite, estaban escondidos, para os nosos ollos, elementos relacionados cos coidados, os alimentos e a reprodución social. É dicir, co mantemento da vida.

Nestes tempos, o Covid fixo que valoráramos os espazos domésticos e sobre todo a casa. Tempos nos que tiñamos que cociñar si ou si, porque non había máis remedio, no que convivimos (ou sobrevivimos), dun xeito máis intenso, coa familia ou cos amigos. Tempos nos quecomezamos a valorar, pola súa importancia e presencia, odas estas tarefas.Moitos de nós, decatámonos que todas e cada unha delas son esenciais para ser o que somos. Do mesmo modo, fomos conscientes de que o mundo actual se esquece da importancia que teñen e que a cohesión do grupo é fundamental para entender o pasado, pero tamén o presente.

O xantar, como os obxectos asociados aomesmo, do mesmo modo que a hixiene, os coidados dos máis pequenos e sobre todo os espazos domésticos, na actualidade, son unha metáfora do patrimonio feminino da modernidade. Este tipo de actividades, son as que se denominan como de mantemento. Ademais, teñen unha importancia fundamental ao longo da historia que foi esquecida aposta pola súa asimilación ás mulleres.

Aquela noite, con Seve e Francisco na súa casa, non eramos conscientes do proceso e do tempo de preparación e transformación que pasou a comida. É dicir, do tempo que Seve tivo que inverter en cociñar todo e preparalo para que, ao chegar “a tropa”, estivera todo perfecto na mesa como estivo.Do que si fomos conscientes foi do produto final que chegou ao noso padal.

Imaxe do guiso dexabarí con patacas

Hai non moito nunha das prospeccións na campaña do 2018, apareceu un bote de crema Nievina.Este tipo de crema foi moi popular nos primeiro cuarto do século XX, sendo un produto orientado ao consumo feminino.Para nós foi un gran achádeo polo feito de que ese bote simbolizaba, de maneira material, a presenza feminina no xacemento de Morteiras. Digamos que foi unha xustificación ás fontes orais que falaban das mulleres do monte.  Pero, sendo honestas, ese bote de crema podería ter sido usada por calquera individuo que estaba no monte naqueles anos. Independentemente do seu xénero ou a súa idade.

Imaxe do bote de Nievina

De feito, nun post comentábamos que “a arqueoloxía traballa coas historias na terra”.É dicir, que a arqueoloxía é unha ciencia que fai historia a través da estratigrafía, ou o que é o mesmo, das deposicións de estratos de terra. E esa terra contén unha serie de obxectos e estruturas que foron sepultados polo paso do tempo. Desta maneira, cando facemos unha escavación todos eses datos recóllense para obter o máximo de información e establecer novas hipótesis cronolóxicas e sociais sobre os diferentes xacementos.

A través desta metodoloxía a arqueoloxía tamén traballa para desenterrar as historias dos suxeitos esquecidos pola tradición, como é o caso das mulleres ou dos nenos e nenas. Pero non dende un punto individualista. Senón, desmontando a asignación dos traballos actuais no pasado, poñendo en dúbida a historiografía tradicional, e divulgando uns escenarios onde todas e todos temos cabida.

Ben é certo que na maioría das ocasións, hoxe en día, as mulleres somos as que, como é o caso de Seve, da miña mai, ou da túa avoa, sustentamos os coidados. E iso, na nosa mente,“sempre foi así”, dende que temos memoria.

Pero, e se iso non se deu en todas partes de igual modo? E se estamos extrapolando o que vivimos no presente de cara ao pasado e estamos falseando o contexto histórico? E se as mulleres e os nenos tiveron unha presenza activa no pasado e estamos tirando por terra toda a súa labor establecendo que estas tarefas non son importantes para o desenvolvemento histórico?

Moitas son as preguntas que se nos pasan pola cabeza arredor da asignación dos traballos ou os roles de xénero e idade no pasado. Pero, do que debemos de ser conscientes é que é moi complicado explicar ou orientar unha teoría arredor disto por varias cuestións:

Primeira, non temos unha máquina do tempo que nos leve ao pasado para entender isto. E se así fora, probablemente morreríamos sen poder documentalo a tempo, a causa dalgunha enfermidade da que actualmente xa non temos anticorpos.

Segunda, que todo depende dos contextos socio-culturais no que se insiren as comunidades que esteamos estudando. E polo tanto, non se pode establecer unha teoría xeral de toda a historia da humanidade sobreeste tema.

E terceira, que como calquera construción social, as asignacións dos traballos non teñen porque estar asociadas ao xénero, se non que pode haber máis variables relacionadas coa identidade do propio individuo que incida na propia asignación do traballo.

Por exemplo, seestudamos a “Ciudad de la Selva”, partimos da base de que sabemos que existía unha desigualdade de xénero dentro da sociedade contemporánea, como ben din as fontes escritas. E que tamén existían traballos desempeñados por homes e mulleres, de igual modo, como tamén por homes só ou por mulleres só. E iso pódese entender a través das características sociais e culturais que envolven as comunidades estudadas. Desta maneira, dependendo da zona na que vivas ou o nivel de vida socioeconómico, as mulleres facían uns traballos ou outros, ao igual que os homes.

De feito, no caso da sociedade rural contemporánea do século pasado, as mulleres cargaban non só coa casa (que xa era unha carga asignada polo mero feito de ser muller), senón co traballo no campo. Algo moi similar ao que pasa nas cidades na actualidade en relación co traballo na casa e o traballo remunerado das mulleres.

Pero, que pasou no pasado? É dicir, cales eran ese traballos desempeñados no pasado onde non hai fontes escritas que nos expliquen estas desigualdades? De que se vale a arqueoloxía para poder atopar as respostas sobre estas cuestións?

Imaxe dun parto na protohistoria de Pastwomen.net

As diferentes teorías de corte marxista e feminista abordaron a problemática observando o pasado e estudando a materialidade a través da etnoarqueoloxía, a antropoloxía ou a propia arqueoloxía funeraria. Desta maneira, moitos destes estudos observaron unha crecente disposición das mulleres no pasado aos coidados e ao sostemento do grupo, vinculado a cuestións derivadas da reprodución e a maternidade. Esta cuestión fixo que as mulleres, na maior parte do tempo da xestación e a lactancia, quedaran moi preto do hábitat doméstico para lograr a supervivencia do feto e do individuo infantil. De feito, como moitas investigadoras afirman, a cría humana é a máis vulnerable de todo o mundo animal polo feito de non poder desenvolverse soa no mundo sen os coidados da xente do seu arredor.

Moitos destes estudos realizáronsenunha gran variedade de xacementos arqueolóxicos do mesmo período histórico, como é o caso da Prehistoria ou a Idade Antiga.Polo que a concepción desta construción do pasado na actualidade é unha labor científica que desmonta, de dúas maneiras, a concepción tradicional da historia:

Por un lado, que os traballos dos coidados e a reprodución social como física do grupo tiveron un papel fundamental para a supervivencia dos grupos humanos. Sen eles as comunidades do pasado non terían sobrevivido. Desta maneira, na actualidade son elas as que, por imposición do sistema, desempeñan, na maioría das ocasións, ese papel fundamental no mundo globalizado. Todo iso, sen ter axudas e sendo elas mesmas as que soportan a dobre carga laboral sen recoñecemento. E por outro lado, que por moi pequeno que sexa a porcentaxe de individuos masculinos que fixeron estas tarefas no pasado (que non é tan pequeno como pensamos), eles tamén participaron destes procesos, e tal que así, tamén poden facelo na actualidade.

Polo tanto, o que se desmonta a partir dos estudos de xénero en arqueoloxía é a relación biolóxica das mulleres aos traballos dos coidados, e por outro lado, acepta a vinculación dos homes a estes traballos.

Con Severina, a protagonista desta Historia

Neste sentido, cando Seve fai a comida, neses alimentos hai proceso de produción moi importante, que require dun coñecementoespecializado, ademais dunsaber que probablemente foiherdanza de mai a filla. Como Seve, tamén todas aquelas mulleres de Casaio, que da mesma maneira desenvolven e aportan un coñecemento vivo. Un patrimonio que forma parte da cultura de Casaio, que envolve a un pobo e, sobre todo, que forma parte do seu patrimonio feminino.

A alimentación, como a saúde e o acubillo, forman parte dos procesos de mantemento que na actualidade son consecuencia directa dun saber que foi traspasado de xeración en xeración. Por iso, é importante non esquecer eses traballos, estudalos, documentalos e sobre todo valoralos. Traballos que, aínda que parezan cotiás e meramente anecdóticos, representan un esforzo continuado e colectivo no tempo e no espazo. Un coñecemento que se vincula á maior parte das mulleres das nosas aldeas e dos nosos pobos “porque sempre foi así”.

A todas e cada unha delas, grazas.

Bibliografía

González Marcén, P., Montón Subias, S., & Picazo Gurina, M. (2008). Towardsanarchaeologyofmaintenanceactivities. Archaeopress, 3–8.

Hernando Gonzalo, A. (2005). ¿Por qué la Historia no ha valorado las actividades de mantenimiento? Treballsd’Arqueologia, 11, 115–133.

Martín Casares, A. (2006). Antropología del género: culturas, mitos y estereotipos sexuales. Madrid : Cátedra, 2006.

Picazo Gurina, M., & González Marcén, P. (2005). Arqueología de la vida cotidiana. In Arqueología y género (pp. 141–158).

Sánchez Romero, M. (2007). Actividades de mantenimiento en la Edad del Bronce del sur peninsular: el cuidado y la socialización de individuos infantiles. Complutum, 18, 185–194.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s