
(Texto escrito por Celtia Rodríguez González)
Cando rematamos dunha viaxe á “Ciudad de la Selva” e voltamos á nosa “área de operacións”, a casa de Gelita, como é lóxico, chegamos bastante cansos e cansas. Non obstante,temos que facer os traballos da casa que ten que ver co mantemento e o cociñado. De feito, para que as tarefas sexan o máis equitativas posibles, temos unha especie de cuadrante no que cada día hai diferentes persoas responsabilizadas do traballo.
Pero cando comezamos co proxecto, alá polo ano 2017, despois dunha destas primeiras experiencias de volta da Ciudad de la Selva, Francisco invitounos a cear á súa casa, e alí foi cando nos presentou a Severina. Sigue leyendo «Arqueoloxía do cotián. Un patrimonio vivo»