O obxectivo principal das escavacións en Valencia do Sil é analizar, a través deste xacemento, as profundas transformacións do sistema de poboamento entre o fin do Imperio Romano e o inicio da Alta Idade Media. Infelizmente non contamos con moitos documentos escritos para tratar este tema, pol o que a arqueoloxía se torna como a principal fonte para entender mellor como vivía a xente nesta época coñecida por «escura». Cremos que Valencia do Sil, grazas aos traballos feitos e por facer, será chave para os nosos propósitos. Sigue leyendo «O poboamento de época tardorromana na bisbarra de Valdeorras»
Etiqueta: Río Sil
Valencia do Sil: un tesouro patrimonial por (re)descubrir
Dende o próximo día 26 ata o día 31 estaremos no castro de Valencia do Sil continuando o noso proxecto de análise do poboamento de época tardorromana e sueva no val do río Sil. Como aperitivo, recuperamos este texto sobre o xacemento publicado na revista Gallaecia. Próximamente, máis información sobre este impresionante sitio.
O asentamento localízase nun esporón situado na ladeira norte do Alto do Vilariño (Serra do Eixo), na ribeira sur do río Sil, xusto enriba da actual poboación que comparte o topónimo (ETRS89-29N: X= 658352; Y= 4695874; Z= 505). Sigue leyendo «Valencia do Sil: un tesouro patrimonial por (re)descubrir»
Ermida (Quiroga, Lugo) e o poder eclesiástico na época dos Suevos

Este xacemento (nº de ficha GA27052023) sitúase na parroquia da Santa María da Ermida, a menos de dous quilómetros ao nordeste da vila de Quiroga, nas coordenadas UTM 29N (ETRS 89) X: 643768 Y: 4704754. Fisicamente localizamos un outeiro que se eleva ao norte do río Quiroga pouco antes da súa unión co río Sil. Ao suroeste do Castro da Ermida localízase o Castro de Ameixeiras (GA27050042).
O importancia do sitio de Quiroga para o estudo do territorio do interior da Gallaecia en época postromana ten a ver, entre outras cousas, cunha moi antiga referencia documental que temos sobre este espazo. Concretamente referímonos a referencia do lugar de Carioca no coñecido como Parochiale Suevum (ed. López Sangil, 2011: 42-46, d. 6). Este documento, de finais do século VI d.C., é basicamente unha relación das dioceses e as súas correspondentes «ecclesiae», cuxa análise permite unha aproximación á estrutura eclesiástica e territorial do antigo reino suevo (Díaz Martínez, 2011; Díaz Y Díaz, 1995; Sánchez Pardo, 2014). A presenza do Crismón de Quiroga (ver máis adiante), podería suxerir, que o santuario de Santa María da Ermida fora «la heredera de aquella primitiva parroquia de época sueva» (Sánchez Pardo, 2014: 443). Sigue leyendo «Ermida (Quiroga, Lugo) e o poder eclesiástico na época dos Suevos»
Santa María de Mones: a longa duración na ocupación dos castros
O xacemento de Santa María de Mones forma parte da parroquia homónima do concello de Petín. Está situada na ribeira sur do río Sil, que discorre a escasos metros. O castro, e a igrexa que se atopa na súa croa, está situado noutro esporón da mesma formación xeolóxica que Valencia do Sil, que se sitúa a 3,2 km. en dirección NL.

O sitio está moi alterado pola instalación de viñedos tanto en la parte central da croa -aquela superficie que non está ocupada pola igrexa- e dos seus arredores. A comparación coa fotografía aérea do voo americano mostra que este proceso tivo moita incidencia na segunda metade do século XX. Fronte ao caso de Valencia do Sil, por exemplo, o terreo preséntase moito máis chairo, o que podería indicar unha menor incidencia sobre as estruturas máis antigas. Isto provocou, con todo, a desaparición a nivel superficial das arquitecturas relacionadas co castro, como é a potencial muralla orixinal ou estruturas domésticas. Sigue leyendo «Santa María de Mones: a longa duración na ocupación dos castros»
O castro de Penadominga: o control das economías locais

O xacemento de Penadominga sitúase na parroquia de Bendollo no concello de Quiroga nun pequeno penedo rodeado polo Regueiro das Casas e preto do arroio de Peizais, a 0,6 km. no sueste de Bendollo. Este penedo forma parte das últimas abas da Serra dos Cabalos, ao sur da Serra do Courel. O camiño que rodea Penadominga é un camiño tradicional de paso entre o Sil e a comarca de Valdeorras e unha zona de tránsito dos comerciantes de viño desde Valdeorras a Lugo [1] e tamén da gandería da zona. Pola parte sur do xacemento transcorre un antigo camiño que une estas dúas zonas que se aprecia moi ben no voo americano de 1956. Tradicionalmente, o xacemento foi interpretado como un establecemento mineiro para a explotación do ouro da zona e datado entre os séculos V e VII d.C.

O xacemento é coñecido de antigo, aínda que a información dispoñible é moi escasa e fragmentaria. A primeira «noticia» que encontramos do xacemento é a entrega de diversos materiais do xacemento por parte de José Pérez, veciño de Bendollo, ao Museo de Lugo en 1950 e que incluían un importante conxunto de moedas e os coñecidos obxectos de bronce. Máis recentemente, durante unhas prospeccións para a comprobación do estado do sitio descubriuse un espoliador co detector de metales no entorno do xacemento, máis sen causar danos aparentes o sitio.
A pesar de que o sitio apenas está alterado debido o seu difícil acceso, as estruturas orixinais do castro conservadas na actualidade son moi escasas. A estrutura máis visible é un pequeno foso, moi arrasado, que circunda o xacemento polos seus lados E, S e SW. Aínda que a súa localización, nun esporón a media ladeira, permite aproveitar os accidentes naturais como defensa, nalgunhas partes do zona SW do sitio atopáronse restos de muros feitos de mampostos de pedra local que poderían corresponder a pequenos lenzos de muralla. Non se puido localizar con precisión o sitio onde se atoparon os materiais metálicos depositados no museo, máis a hipótese máis factible é que estes foron achados próximos a entrada do recinto defensivo, na zona Este do xacemento.

As moedas foron analizadas por primeira vez nunha publicación sobre a circulación monetaria do século cuarto na Gallaecia, onde se menciona o achado dun conxunto de moedas no xacemento (Busto, 1973-1974). O conxunto será revisado en 1993 por J.J. Cepeda noutro artigo, onde se di que «únicamente nos ha sido posible saber que fueron localizadas por un vecino del lugar en fecha indeterminada» (Cepeda, 1993: 91). O conxunto está composto por 90 moedas, das cales 88 pertencen ao século IV d.C. e dous exemplares do século II d.C., se ben que é dubidosa a súa localización no entorno concreto do castro, segundo J.J. Cepeda. O autor fecha a circulación destas moedas na segunda metade do século IV d.C. (Cepeda, 1993: 101).
Outros materiais de especial relevancia procedentes do xacemento son os coñecidos broches de cinto. Os dous broches pertencen á tipoloxía de broches militares o cingula militae que F. Pérez e A. Viñe inclúen no «tipo Simancas», caracterizado por unha placa rectangular estreita e alargada, decoración calada e variabilidade na forma da fibela (Pérez Rodríguez, 1992). Os exemplares do Penadominga mostran fibelas distintas: unha en forma ovalada e a outra con forma trapezoidal. A dispersión destes broches pola península ibérica é grande, localizándose en xacementos como Fuentespreadas (Zamora), a Morterona (Palencia) ou Simancas (Valladolid). Este tipo de broches, ademais, relaciónanse normalmente coas chamadas «necrópoles pos-imperiais» e cun ethos de tipo militar (Pérez Rodríguez, 1992; Vigil-Escalera, 2015), o que podería indicar a presenza dunha destas necrópoles no contexto de Penadominga. Deste xeito, os broches de Penadominga poderían datarse entre o finais do século IV d.C. e, máis posibelmente, no século V d.C. O conxunto metálico procedente do castro complétase cun posíbel brocado de cabalo, co paralelos na necrópoles de Fuentespreadas ou na villa tardorromana de La Olmeda, no mesmo momento cronolóxico (Abásolo Álvarez et al., 1997; Caballero Zoreda, 1974).

Nesta campaña tivemos a ocasión de revisar o pequeno conxunto de cerámicas depositadas no Museo de Lugo. No conxunto destacan as producións de sigillata tardía, todas coa forma de cunca 37t, co decoración mediante círculos concéntricos, ángulos e medias lúas propias do chamado «segundo estilo» de Mayet ou pertencentes ao grupo 2A/B de Vigil Escalera (Vigil-Escalera, 2015: 290-291 y 294-297). Estas formas dátanse a partir do último cuarto do século IV e ata a metade do século V d.C. A forma PEN-7, polo seu engobe, podería pertencer a unha forma de Cerámica de Imitación de Sigillata descritas por L.C. Juan Tovar (Juan Tovar, 2012), se ben esta adscrición é dubidosa. Máis probábel é que esta peza se corresponda coas formas engobadas PEN-8 e PEN-9, xa que as tres son formas cerradas e ten decoración mediante liñas brunidas verticais e cruzadas. Estas cerámicas poderían corresponder a producións baixoimperiais da cidade de Lugo, similares as formas EJ1 e EJ2 de E.J. Alcorta e R. Bartolomé Abraira, como mostran os seus traballos sobre a cerámica do encrave lucense (Alcorta Irastorza, 2001; Alcorta Irastorza y Bartolomé Abraira, 2012). Polo tanto, o (pequeno) conxunto de cerámicas de Penadominga mostraría unha ocupación do finais do século cuarto e a primeira metade do século V d.C., coherentes co análise das moedas e dos broches xa coñecidos do sitio.

A cultura material do sitio complétase con o achado dunha laxa de xisto (de 47×32,5×6 cm. de dimensións) gravada co liñas cruzadas que foi interpretada como un taboleiro de xogo de «alquerque de nove». Os taboleiros de xogo son relativamente comúns en todo o occidente europeo dende o período romano en adiante[2] (Costas Goberna y Hidalgo Cuñarro, 1997), localizándose outros exemplos no área da actual Galiza. Con todo, é máis raro documentar estes taboleiros no laxas de xisto, sendo comunmente atopados formando parte dos edificios, na cantaría, nas pedras da construción ou nas formacións rochosas do entorno. É posíbel que o taboleiro de Penadominga pertencera orixinalmente a un edificio do entorno, sen descartar que fora un taboleiro móbil.

Penadominga é un dos sitios máis representativos do época tardorromana e sueva no interior da Gallaecia e no entorno do Sil e forma parte da maioría das narrativas académicas sobre este período (Sánchez Pardo, 2012). Con todo, a información relacionada co sitio é moi escasa e moi fragmentada. A exploración in situ do sitio non revelou novos dados sobre o entorno, pouco alterado debido o seu illamento máis escaso de estruturas arqueolóxicas visíbeis na actualidade. Polo contrario, a revisión dos materiais cerámicos do xacemento permitiron centrar a cronoloxía de ocupación do sitio nos momentos finais do século IV e durante o século V d.C., non existindo dados que permitan afirmar unha ocupación anterior ou posterior a este momento.
A localización de Penadominga, metida nunha quebrada e cun control sobre o paso do Sil levou a algúns autores a propoñer unha relación deste sitio coa explotación de ouro na época tardorromana. Porén, o estudo espacial do sitio permite suxerir a hipótese de que este sitio podería tamén servir como zona de control dos camiños adxacentes relacionados cos movementos de poboación y/o gandeiros. Futuras investigacións sobre o xacemento, que poderían incluír sondaxes arqueolóxicos na zona este do sitio, permitirán profundar a historia do sitio.

Notas
[1] https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2014/12/26/llevaban-vino-lugo-arrieros/0003_201412M26C4991.htm
[2] Unha recopilación moi interesante pódese consultar en http://juegosdetablerosromanosymedievales.blogspot.com.ar/
Bibliografía
ABÁSOLO ÁLVAREZ, José Antonio; CORTES, Javier, y RODRÍGUEZ ARAGÓN, F. Pérez: La necrópolis Norte de la Olmeda. Diputación Provincial de Palencia, Palencia: 1997
ALCORTA IRASTORZA, Enrique J.: Lucus Augusti (vol. II): cerámica común de cocina y mesa hallada en las excavaciones de la ciudad. Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña: 2001
ALCORTA IRASTORZA, Enrique J., y BARTOLOMÉ ABRAIRA, Roberto: «Muestras de cerámica engobada romana de producción local de Lucus Augusti (Lugo)». En: BERNAL CASASOLA, Darío y RIBERA I LACOMBA, Albert (eds.), Cerámicas hispanorromanas II. Producciones regionales. Universidad de Cádiz, Cádiz: 2012, 699-724
BUSTO, Fariña: «Algunos aspectos de la circulación monetaria en Gallecia durante el siglo IV de d.C.». Numisma, 120-131, 1973-1974, 105-128.
CABALLERO ZOREDA, Luis: La necrópolis tardorromana de Fuentespreadas (Zamora): un asentamiento en el valle del Duero (Vol. 80). Ministerio de Educación y Ciencia, Madrid: 1974
CEPEDA, Juan José: «Monedas procedentes del castro de Penadominga (Bendollo, Quiroga. Lugo)». Numisma, 232, 1993, 91-107.
COSTAS GOBERNA, Fernando Javier, y HIDALGO CUÑARRO, José Manuel: Los juegos de tablero en Galicia. Aproximación a los juegos sobre tableros en piedra desde la Antigüedad clásica al Medievo. Celticar, Vigo: 1997
JUAN TOVAR, Luis Carlos: «Las cerámicas imitación de sigillata (CIS) en la Meseta Norte durante el siglo V. Nuevos testimonios y precisiones cronológicas». En: FERNÁNDEZ IBÁÑEZ, Carmelo y BOHIGAS ROLDÁN, Ramón (eds.), In durii regione romanitas. Homenaje a Javier Cortes, Santander/Palencia: 2012, 365-372
PÉREZ RODRÍGUEZ, Fernando: «Los cingula militae tardorromanos de la Península Ibérica». Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología, LVIII, 1992, 239-262.
SÁNCHEZ PARDO, José Carlos: «Castros, castillos y otras fortificaciones en el paisaje sociopolítico de Galicia (siglos IV-XI)». En: QUIRÓS CASTILLO, J y TEJADO SEBASTIÁN, José María (eds.), Los castillos altomedievales en el noroeste de la Península Ibérica. Universidad del País Vasco, Bilbao: 2012, 29-56
VIGIL-ESCALERA, Alfonso: Los primeros paisajes altomedievales en el interior de Hispania. Registros campesinos del siglo quinto d.C. Universidad del País Vasco, Bilbao: 2015