(Texto redactado por Alejandro Rodríguez Gutiérrez e extraído do informe técnico da escavación da Ciudad de la Selva. Campaña 2018)
Unha das cuestión máis descoñecidas, até o de agora, era a participación e presenza de mulleres dentro dos grupos guerrilleiros. Sen dúbida, a obra de Marco (2011), supón todo un referente en canto a esta realidade, onde se fai unha análise completa e profunda dende un punto de vista de xénero e cun importantísimo traballo de recompilación de testemuñas. Resaltando de maneira especial, na parte que nos corresponde, o de Consuelo Rodríguez López, Chelo,guerrilleira nos Vales de Casaio. Neste punto, facemos unha aproximación a esta cuestión, aínda que dunha forma diferente, analizando a participación da muller no movemento guerrilleiro, nos seus papeis de enlace ou de guerrilleira, dende un punto de vista documental, principalmente a través dos procedementos xudiciais (Rodríguez Gutiérrez, 2017a, 2017b). Sigue leyendo «A Ciudad de la Selva na documentación escrita (V): A muller na Ciudad de la Selva»