
A historia da guerrilla construése normalmente cos grandes feitos: os ataques, as mortes, os encontros coa Garda Civil… Unha historia feita con pequenas árbores que impiden ver ás veces o gran bosque que foi a loita antifranquista no noroeste peninsular. Porén, a historia menos coñecida é aquela que ten que ver coa vida cotiá, co pasar dos días no monte, na espera constante ameazada polo terror de morrer ese día e a esperanza de que a organización e a loita sirvan para expulsar o ditador. Segundo as nosas investigacións, a Ciudad de la Selva, no seu momento de apoxeo, estivo en funcionamiento durante case cinco anos. 1825 días coas súas horas nas que os guerrilleiros e guerrilleiras tiñan que estar no monte. Os ataques e os movementos foron momentos puntuais dunha longa travesía que tiñan que encher con outras actividades. Sigue leyendo «Arqueoloxía do aburrimento da guerrilla: o que as crónicas non contan» →