Sputnik 1: os castros de época sueva

0vilad1

Un dos focos principais de atención do proxecto son os asentamentos fortificados ocupados durante o chamado “período xermánico” ou “suevo”, principalmente durante os séculos V e VI d.C. Este tipo de asentamentos son típicos ao longo do centro e norte peninsular, localizándose principalmente na conca do Douro, a cornixa cantábrica e, especialmente, no antigo territorio da Gallaecia. Algúns dos máis importantes exemplos destes asentamentos localízanse, precisamente, no noroeste peninsular, como é o caso de Castro Ventosa (Cacabelos-Pieros, León), o de Viladonga (Castro de Rei, Lugo) ou de Penadominga (Quiroga, Lugo).

Son moitos os interrogantes que existen sobre estes asentamentos. Algúns autores relaciónannos cos Castella Tutoriae mencionados no Chronicon escrito polo obispo Idacio; outros, en cambio, relaciónannos con formas de control do territorio por parte das elites económicas. De calquera modo, grande parte da poboación labrega ocupou estes xacementos durante este período. Neste proxecto tratarase de profundar no coñecemento destes  asentamentos e dos cambio vividos polas sociedades labregas despois da desaparición do Imperio Romano.