Santa María de Mones: a longa duración na ocupación dos castros

O xacemento de Santa María de Mones forma parte da parroquia homónima do concello de Petín. Está situada na ribeira sur do río Sil, que discorre a escasos metros. O castro, e a igrexa que se atopa na súa croa, está situado noutro esporón da mesma formación xeolóxica que Valencia do Sil, que se sitúa a 3,2 km. en dirección NL.

Localización do sitio de Santa María de Mones

O sitio está moi alterado pola instalación de viñedos tanto en la parte central da croa -aquela superficie que non está ocupada pola igrexa- e dos seus arredores. A comparación coa fotografía aérea do voo americano mostra que este proceso tivo moita incidencia na segunda metade do século XX. Fronte ao caso de Valencia do Sil, por exemplo, o terreo preséntase moito máis chairo, o que podería indicar unha menor incidencia sobre as estruturas máis antigas. Isto provocou, con todo, a desaparición a nivel superficial das arquitecturas relacionadas co castro, como é a potencial muralla orixinal ou estruturas domésticas. Sigue leyendo «Santa María de Mones: a longa duración na ocupación dos castros»

Entre o imperio, o reino suevo e os mosteiros: o poboamento na ribeira do Sil na «Idade Escura»

       O triunfo da morte – Pieter Brueghel o vello (1562)

Escribe Casimiro Torres no seu libro Galicia Sueva (1977) que: «Hasta esta fecha [409] Galicia es un retazo del Imperio Romano, y aunque país extremoso y con particularidades étnicas, geográficas y medioambientales, participa de la uniformidad implantada por Roma, a la que damos el nombre de Romanidad; y en sus últimos años no sólo se encuentra sometida sino solidaria de los intereses del Imperio Romano. Con la entrada de los pueblos bárbaros en España y la estabilización de los suevos en Galicia, después de varios años de desorden y confusión, se acentúa la fisonomía particular de la Región Gallega, y los rasgos fundamentales de su personalidad histórica». Non hai dúbida de que os séculos posteriores ao desmantelamento do Imperio Romano foron cruciais para á conformación política, social e económica non só de Galicia, mais de toda a Península Ibérica. Porén, aínda é unha idade coñecida como «escura», pola falta de documentación escrita que nos informe sobre estes fundamentais cambios.

A idea dunha «Idade Escura», baseada na relativa ausencia de textos escritos, debuxaba un panorama moi miserable para as sociedades e comunidades locais posromanas, constrinxidas polas catástrofes naturais, as guerras e a pillaxe. Unha idea moi vinculada ás elites, a minoría social que podía ler e escribir, que pouco a pouco a arqueoloxía foi matizando. Dentro do noso proxecto de estudo da arqueoloxía das sociedades labregas tradicionais, estamos a estudar as mudanzas no sistema de poboamento na ribeira do río Sil, onde en xuño de 2017 tivemos a oportunidade de facer os nosos primeiros traballos na zona. Mediante estes, queriamos contrastar a hipótese de que as sociedades locais, campesiñas, eran moito máis dinámicas e activas do que normalmente se desprendía dos estudos de esta época. Como mostraremos nas próximas entradas, cremos que o conseguimos.

O área en torno ao río Sil preséntase coma un espazo de estudio privilexiado para analizar as mudanzas no sistema do poboamento tras o Imperio Romano, xa que é onde se localizan algúns dos asentamentos fortificados máis significativos dentro do proceso de desintegración do Imperio Romano e da construción do Estado suevo, caso de Penadominga (Quiroga, Lugo), Formigueiros (Samos, Lugo) ou Valencia do Sil (Vilamartín de Valdeorras, Ourense), e moi próximos a outros asentamentos coñecidos e de grande importancia histórica e patrimonial, como Castro Ventosa ou a vila de Cigarrosa. Podedes comprobar nos primeiros mapas que recompilan a información arqueolóxica coñecida, que se trata dun territorio especialmente interesante para abordar esta temática, cunha cantidade de información arqueolóxica moi sobresaínte.

Xacementos romanos e de época sueva na ribeira do Sil

As nosas investigacións centráronse, polo momento, nos castros na zona e, especificamente, aqueles chamados «tardíos», isto é, os sitios ocupados nos momentos finais do Imperio Romano e durante a época sueva. Malia que o fenómeno da “ocupación tardía” destes castros é un feito recoñecido, aínda non existe unha masa crítica que o fundamente empiricamente e, moito menos, unha interpretación sólida sobre as causas sociais, políticas e económicas que expliquen este fenómeno nel contexto do nacemento do Estado Suevo. É por iso que o noso primeiro obxectivo foi a análise exhaustiva de toda a información documental e arqueolóxica dispoñible para cada caso en particular, con sorprendentes resultados.

Nestas semanas divulgaremos aquí os principais resultados destas primeiras investigacións, que podedes tamén ver neste artigo.

A segunda vida do Castro de Viladonga: os materiais cerámicos de época sueva

                            Planimetría del castro de Viladonga

 

Nun artigo Álvaro Arizaga e Xurxo Ayán escriben que os castros teñen moitas vidas porque en cada época se recuperan e se pensan de maneiras distintas. Viladonga é un castro situado na provincia de Lugo cunha longa secuencia de ocupación e de escavación. Dende que en 1911 unha parella de labregas, Pilar Palmeiro e José Abelleira, atoparan dous torques de ouro, o interese polo castro foi en aumento. Nos anos 70, Chamoso Lamas fixo as primeiras excavacións continuadas despois por Felipe Arias e distintas empresas de arqueoloxía. Corenta anos de intervencións que continúan hoxe e que desvelan as múltiples facetas dun xacemento único (http://intervencionviladonga17.blogspot.com/). Sigue leyendo «A segunda vida do Castro de Viladonga: os materiais cerámicos de época sueva»

Na procura da Cidade da Selva, o último gran campamento dos maquis en Galicia

Artigo publicado en historiadegalicia.gal

O Piloto‘, fuxido tristemente famoso, morto pola Garda Civil, en Belesa”. Este foi o titular do Diario “El Progreso” o 11 de maio de 1965. Con O Piloto desaparecía o último dos maquis. Para as autoridades, fuxidos desalmados e violentos que había que denunciar, apresar e executar; para outros, lendas case míticas protectoras dos bosques e das comunidades locais. O Piloto formou parte dese grupo de mouros contemporáneos que, xunto con outros fuxidos de lenda como Foucellas, Rocesvinto, Girón ou Quico, fuxiron ao monte e organizáronse para loitar contra a imposición dun réxime que consideraban inxusto. A súa lenda foi grande en parte porque moitos deles formaban parte das comunidades locais. Eran campesiños, traballadores ou pastores que se uniron a unha loita de vida ou morte e resistiron ao seu destino. A súa historia, a súa arqueoloxía e a súa memoria é en gran medida unha tarefa pendente. Sigue leyendo «Na procura da Cidade da Selva, o último gran campamento dos maquis en Galicia»

Presentación

cropped-logocon-nombre.jpg

En novembro do ano 1957 a cadela Laika foi lanzada ao espazo un mes despois do satélite Sputnik 1, iniciando unha carreira que duraría máis de 30 anos entre os dous estados máis poderosos do mundo. Uns meses despois de que Laika tivera a honra de ser o primeiro ser vivo en orbitar arredor do noso planeta, os habitantes dunha aldea próxima a Salcedo (Lugo) realizaron a súa propia homenaxe á cadela espacial: Sigue leyendo «Presentación»