O concepto de ditaduras cívico-militares en América Latina abarca realidades políticas e sociais bastante diversas, que fai referencia aos réximes políticos dalgúns dos países do Cono Sur desenvolvidos entre as décadas dos anos 60 e 80. Así, normalmente, úsase este concepto para designar o que aconteceu neste período nos países da Arxentina, o Brasil, Bolivia, Chile, Paraguai e Uruguai. Sociedades, economías e políticas moi distintas pero que tiveron como nexo común a imposición de réximes ditatoriais de base militar ao longo destes anos. Esta semellanza fai que diversos investigadores e investigadoras tentaran analizar as raíces comúns deste fenómeno histórico. De feito, os estudos arqueolóxicos están a achegar moita información neste sentido, xa que, en termos materiais, estes países mostran características moi similares. Este é o eixo do traballo da compañeira Caroline Murta Lemos publicado no volumen colectivo «Arqueología de la dictadura en Latinoamérica y Europa«, para quen estes réximes comparten o nexo de utilizar o terrorismo de Estado como arma política. Máis aínda, a explicación para as súas semellanzas ten que ver, segundo a autora, co contexto político é o desenvolvemento de conexións políticas entre estes países. Sigue leyendo «O contexto político e social das ditaduras en América Latina: guerra fría, CIA e a operación Cóndor»
Etiqueta: América Latina
Os circuitos represivos en Rosario (Santa Fe, Arxentina) durante a ditadura arxentina

A ditadura arxentina, xunto coa chilena, poden ser considerados os réximes ditatoriais máis representativos de América Latina. En realidade, Arxentina vivu diversos réximes autoritarios ao longo do século XX. Porén, foi o chamado Proceso de Reorganización Nacional o que máis impacto tivo no país e o que máis violencia implicou. Esta ditadura impúxose tras un golpe de Estado contra o goberno peronista de María Estela Martínez de Perón en marzo de 1976, e executado polas Forzas Armadas. Estas colocaron no goberno unha Xunta Militar integrada por tres comandantes das Forzas Armadas, goberno que posteriormente foi monopolizado polo xeneral Jorge Rafael Videla. Videla acapararía o poder ata 1981. Neses anos, Arxentina enfrontouse ao Reino Unido na Guerra das Malvinas, o que provocou unha fortísima crise ao réxime e logrou artellar unha oposición política o suficientemente sólida como para forzar que o poder pasase a un goberno elixido democraticamente en Decembro de 1983 encabezado por Raúl Alfonsín. Sigue leyendo «Os circuitos represivos en Rosario (Santa Fe, Arxentina) durante a ditadura arxentina»
O Departamento de Ordem Política e Social (DOPS) en Belo Horizonte (Minas Gerais, Brasil) e a ditadura brasileira
(O traballo ao que fai referencia está dentro do volumen «Arqueología de la dictadura en Latinoamérica y Europa», que podas atopar aquí)
Se hai un país no mundo que está a vivir tempos estraños, ese é o Brasil. Ao principio do ano 2019, acabado de estrear xaneiro, chegaba á presidencia un militar retirado de nome Jair Bolsonaro que ninguén tiña por gañador ou presidente, pero que mediante unha campaña moi agresiva, chea de fake news e mensaxes de odio, arrebatou o goberno do país aos candidatos oficiais. Desde entón, a súa política combinou unha perigosa mestura entre neoliberalismo salvaxe no económico, forte intervención política e militar, e a nostalxia pola memoria da ditadura brasileira pasada. Se hai un sitio onde a ameaza dunha volta das ditaduras militares é máis real, este sitio é o Brasil. Sigue leyendo «O Departamento de Ordem Política e Social (DOPS) en Belo Horizonte (Minas Gerais, Brasil) e a ditadura brasileira»
A arqueoloxía da ditadura en Europa e en América Latina (I). Proposta e marco teórico
Tras a caída do muro de Berlín, a desintegración da Unión Soviética e a guerra dos Balcáns pensábase que a ditadura sería reducida a un concepto teórico dos libros de Ciencia Política. Non era para menos. En Europa os últimos réximes ditatoriais remataron nos anos 70 co Reino de España e Portugal. Só unha década e media máis tarde, os réximes de Pinochet e de Stroessner pechaban a porta as clásicas ditaduras do Cone Sur americano. Porén, os últimos anos viron como o avance da extrema dereita en Europa e do autoritarismo militarista en América Latina ameaza con actualizar o supostamente morto concepto de ditadura. É por isto que as distintas Ciencias Sociais se enfocaron na análise deste fenómeno tanto nas sociedades do pasado como no presente. Desde o noso punto de vista, a arqueoloxía tamén pode achegar un importante coñecemento ao estudo das ditaduras. Sigue leyendo «A arqueoloxía da ditadura en Europa e en América Latina (I). Proposta e marco teórico»