Sputnik 2: sociedades labregas e a Modernidade

Traballando na retirada da pedra dunha casa de Alberguería, que sería trasladada á Veiga. A Alberguería foi asolagada polo encoro de Prada no 1958

A chegada da Modernidade ao noroeste da Península Ibérica foi un momento de grandes transformacións para as sociedades labregas. A emerxencia do Estado-nación, os profundos cambios tecnolóxicos, a lenta consolidación dunha nova estrutura social ou os intensos momentos de emigración produciron un enorme impacto nas formas tradicionais de organización e xestión da paisaxe: como foron  as parroquiass, as terras comunais ou a arquitectura doméstica. Moitas delas adaptáronse as novas relacións de poder, aínda que outras se mantiveron e se conservaron no tempo.

Un dos obxectivos deste proxecto é analizar os cambios producidos durante os séculos XVIII e XIX a través da arqueoloxía dos espazos comunais, a arquitectura doméstica ou a arqueoloxía do paisaxe das antigas parroquias. Un espazo moi relevante para o proxecto será a Terra de Montes, onde xa existe unha tradición de estudos arqueolóxicos e históricos sobre o tema.