Aldeas e granxas altomedievais en Galiza: algúns exemplos

Comentabamos noutros posts que, en xeral, o campesiñado é visto pola investigación como un suxeito pasivo, condenado a sobrevivir aos condicionantes naturais e tendente a desaparecer baixo o avance da modernidade. Isto é aínda máis certo no caso dos períodos coñecidos por “escuros”, como é a Alta Idade Media. Tradicionalmente, o campesiñado altomedieval víase de xeito “primitivista”, ou sexa, cunha economía moi simple, moi móbil e con asentamentos moi inestables.

Sigue leyendo “Aldeas e granxas altomedievais en Galiza: algúns exemplos”

Escavación e secuencia estratigráfica do chozo da guerrilla Morteiras-1 (val de Morteiras)

Morteiras-1 antes de iniciar os traballos de escavación

A arqueoloxía traballa coas historias na terra. E para facer esas historias é fundamental facer escavacións estratigráficas, isto é, diferenciar as diferentes capas e niveis que forman o rexistro arqueolóxico. Do mesmo modo que a química basease nas partículas para construír as súas hipóteses, nós utilizamos os estratos, polo que é moi importante saber que estratos hai nunha escavación e a información que estes dan. En aras da transparencia, nos seguintes párrafos (e tamén en próximos posts) presentaremos a estratigrafía dos chozos que escavamos na campaña de 2018. Todo isto pode ser consultado na memoria técnica presentada na Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia que podedes descargar aquí. Sigue leyendo “Escavación e secuencia estratigráfica do chozo da guerrilla Morteiras-1 (val de Morteiras)”

Por que sabemos que os chozos dos montes de Casaio son da guerrilla? Estratigrafía e materialidade

Cando chegamos hai case tres anos a Casaio, pouco sabiamos das sorpresas que levaríamos co estudo da “Ciudad de la Selva”. Despois de todo ese tempo, e de moito traballo de campo, atopamos 18 campamentos asociados á guerrilla, e tivemos a oportunidade de escavar en catro deses campamentos. Os resultados foron sorprendentes, e aínda temos moito que analizar e poñer en relación coa documentación escrita e coas testemuñas orais. Só o conxunto de obxectos escavados son unha auténtica xoia arqueolóxica que proporcionará datos moi relevantes para entender a articulación do movemento guerrilleiro no noroeste peninsular.

Porén, os nosos traballos na “Ciudad de la Selva” espertaron algunhas dúbidas e críticas. Dúbidas e críticas que son totalmente lexítimas sempre que sexan propostas desde o respecto e o espírito do debate. A disciplina da Historia só se move se hai confrontación sa de ideas; é desde a presentación e defensa duns datos que nos achegamos a unha comprensión cada vez máis densa da nosa Historia. Unha destas dúbidas ten que ver coa cronoloxía e a funcionalidade das estruturas que estamos a escavar. A idea é que os chozos escavados poderían ser anteriores e utilizados por pastores en vez de pola guerrilla.

Para responder a isto, a Arqueoloxía dispón dunha ferramenta moi útil a estratigrafía. A estratigrafía estuda a secuencia de deposición dos niveis nun sitio concreto e, mediante a súa posta en relación cos obxectos atopados na terra, poder interpretado. Neste caso, presentaremos brevemente a estratigrafía de dous dos chozos para demostrar o seu uso pola guerrilla.

O chozo Morteiras-1 foi un dos mellores exemplos escavados. Este chozo feito en pedra, atopouse totalmente derrubado. Unha vez retirados os derrubos, atopouse un nivel cheo de cinzas que interpretamos como un nivel froito do queimado do chozo. Foi neste nivel onde atopamos todo o material; sobre todo vaíñas de fusil Mauser, anacos de granada de man ou balas de revolver. Obxectos que claramente indican que foi utilizado pola guerrilla nos anos 40. E isto sabemolo porque atopamos unha moeda acuñada nestes momentos. Baixo o nivel de queimado atopamos o chan, feito de lousa de gran tamaño. E baixo este chan non había outras ocupacións o que demostra que este chozo foi construído pola guerrilla, sen reaproveitar edificos anteriores.

Algo distinta é a estratigrafía do chozo escavado no Teixadal. Este chozo sabiamos que si fora utilizado por pastores grazas ás testemuñas orais. Mais tamén existía unha tradición de que a guerrilla o utilizara nos anos 40. De novo, a estratigrafía resolve a cuestión. Baixo os niveis de derrubo atopamos unha lata de conserva e unha vaíña de fusil dos anos 30, o que demostraba a presenza guerrilleira. Doutro xeito, as reparacións documentadas nos muros mostraban que foi reocupado posteriormente, desta volta si, por pastores.

Grazas a estratigrafía a Arqueoloxía pode sacar conclusións científicas das escavacións, e é a nosa mellor ferramenta para achegarnos, aínda que sexa pouco a pouco, á verdade histórica.

Por que pensamos que o castro de Viladonga se abandonou nos séculos II e IV d.n.e.? (Parte III: as moedas)

Ningunha hipótese en Historia está pechada e confirmada. É parte da beleza da Historia en tanto que ciencia. Grazas á exhaustiva e á rigurosa análise dos datos podemos, se acaso, formular hipóteses mellor ou peor argumentadas que poden ser, ou non, parte desa verdade histórica que, pola súa natureza, nunca poderemos coñecer de xeito completo e absoluto. Os datos son os datos, e sobre eles pódense facer centos de interpretacións diferentes. Interpretacións que teñen que contrastarse e poñerse en diálogo para ver cal é a máis coherente e válida en base aos datos aportados. Viladonga poido ser construído polos alieníxenas, ser ocupado desde o século VIII a.n.e. ata o século V d.n.e. sen interrupcións ou ter un hiato de ocupación nos séculos II e IV d.n.e. Todo depende da fortaleza das argumentacións utilizadas. Sigue leyendo “Por que pensamos que o castro de Viladonga se abandonou nos séculos II e IV d.n.e.? (Parte III: as moedas)”

Por que pensamos que o castro de Viladonga se abandonou nos séculos II e IV d.n.e.? (Parte II: cerámica)

É moi importante para as análises arqueolóxicas e para o estudo do noso pasado saber se un sitio está ocupado ou abandonado. Tanto a unha como a outra están relacionadas coas condicións sociais e políticas. A decisión de ocupar ou de abandonar un espazo, máis ainda se é o espazo onde vive a comunidade, non é calquera cousa e ten que ver con moitos factores que a interpretación arqueolóxica ten que confrontar. No último post comezamos a expor a nosa hipótese de que o sitio de Viladonga foi abandonado entre os séculos II e IV d.n.e. A conclusión da análise estratigráfica foi que existen polo menos dúas fases de ocupación no sitio separadas por un forte hiato. Neste post, tentaremos datar esas fases de ocupación e de abandono mediante as análises da cerámica e do vidro. Aquí só exporemos as ideas principais; a análise completa podedes lela no artigo publicado na revista SPAL. Sigue leyendo “Por que pensamos que o castro de Viladonga se abandonou nos séculos II e IV d.n.e.? (Parte II: cerámica)”

Por que pensamos que o castro de Viladonga se abandonou nos séculos II e IV d.n.e.? (Parte I: estratigrafía)

O castro de Viladonga. Fuente: elpais.com

Recentemente publicamos un artigo na revista SPAL (que podedes ver aquí) titulado “¿Continuidad o discontinuidad en los castros del noroeste? Una revisión de la secuencia del yacimiento de Viladonga”. Nel facemos unha revisión da secuencia de ocupación deste importante xacemento a partir dunha análise do material e das memorias das últimas campañas de escavación (aproveitamos aquí para agradecer a boísima atención recibida polo Museo do Castro de Viladonga, un sitio que recomendamos visitar). Unha das afirmacións máis polémicas nese artigo foi que, baixo a nosa proposta, o sitio desocupouse entre os séculos II e IV d.n.e., para volver ocuparse no fin do século IV ou principios do século V d.n.e. Sigue leyendo “Por que pensamos que o castro de Viladonga se abandonou nos séculos II e IV d.n.e.? (Parte I: estratigrafía)”

Valencia do Sil: un tesouro patrimonial por (re)descubrir

Dende o próximo día 26 ata o día 31 estaremos no castro de Valencia do Sil continuando o noso proxecto de análise do poboamento de época tardorromana e sueva no val do río Sil. Como aperitivo, recuperamos este texto sobre o xacemento publicado na revista Gallaecia. Próximamente, máis información sobre este impresionante sitio.

O asentamento localízase nun esporón situado na ladeira norte do Alto do Vilariño (Serra do Eixo), na ribeira sur do río Sil, xusto enriba da actual poboación que comparte o topónimo (ETRS89-29N: X= 658352; Y= 4695874; Z= 505). Sigue leyendo “Valencia do Sil: un tesouro patrimonial por (re)descubrir”

A emerxencia da paisaxe da guerrilla antifranquista nos montes de Casaio

Paisaxe actual dos montes de Casaio

Nunha interesante referencia nas súas memorias, o guerrilleiro Mario Morán comenta que:

Aquí en la Ciudad de la Selva (situada en los montes de Casayo), en las estribaciones de Peña Trevinca, surge la idea, en los primeros meses de 1942, sobre la conveniencia de crear una organización guerrillera que aglutine a todos los grupos… La conocida por nosotros como “Ciudad de la Selva”, donde el resto de los compañeros nos abocamos a la tarea de construir un amplio y cómodo campamento”.

Sigue leyendo “A emerxencia da paisaxe da guerrilla antifranquista nos montes de Casaio”

Antonio Molinero: A arqueoloxía comunitaria durante o primeiro franquismo

A arqueoloxía é feita por persoas. Isto que pode parecer algo evidente, é moi importante. A arqueoloxía, como ciencia, depende moito do bo ou mal facer das persoas que se dedican a ela. Cuestións como a calidade das intervencións, da comunicación e vinculación coa sociedade e o impacto das escavacións sobre o pasado descansan sobre o pasado descansan sobre as emocións, o entusiasmo e a sensibilidade daqueles que nos dedicamos a esta apasionante profesión. Antonio Molinero Pérez foi un gran arqueólogo porque tivo unha sensibilidade fóra do común. Desde xuño ata o vindeiro setembro, unha exposición titulada “Legado de un pionero de la Arqueología Española” no Palacio Provincial de Ávila, organizada polo colectivo Terra Levis e na que Sputnik Labrego e o Instituto de Ciencias de Patrimonio colaboran, retoman a figura deste gran pioneiro da arqueoloxía comunitaria.

Antonio Molinero nace o 10 de xuño de 1908 en Ávila. Criado nunha boa familia, cedo ten contacto co mundo da arqueoloxía da man duns dos máis importantes arqueólogos do momento, Juan Cabré. Xunto con Cabré, escavará o importante castro da Mesa de Miranda, que el mesmo descubriu anos antes. Despois da Guerra Civil, e nun momento de importante restructuración da arqueoloxía en España, Molinero é nombrado en 1941, “Comisario de Excavaciones” en Segovia e posteriormente en Ávila. Este posto desempeñaríao ata 1959. A partir de entón, dedicaríase a veterinaria, a súa profesión orixinaria ata 1977, ano da súa xubilación. Porén, xamais abandonaría a súa pasión pola arqueoloxía, e continuaría traballando polo patrimonio ata a súa morte en Sevilla en 1983.

A pegada de Molinero na arqueoloxía foi enorme. Non só descubriu e catalagou ducias de novos xacementos senón que escavou algúns dos máis relevantes de períodos como a Idade do Ferro e o período visigodo. As sías fundamentais investigacións en xacementos de Duratón ou Madrona reformularon os coñecementos sobre a chamada Idade Escura, máis iluminada grazas aos traballos de Molinero. Pero se por algo destacou o arqueólogo abulense foi pola sensibilidade cara as comunidades locais. O seu traballo como veterinario lle permitiu ter un contacto moi próximo coas comunidades locais. Froito deste contacto foron os cuestionarios que mandou desde a Comisaría Provincial a todas as aldeas de Ávila e Segovia con preguntas sobre o patrimonio local. Un auténtico pioneiro da arqueoloxía.

Influído pola sensibilidade de Molinero e grazas ao estudo do seu arquivo persoal, o proxecto Terra Levis tivo o acerto de montar esta íntima e intensa exposición. Nela pódense ver non só obxectos persoais e arqueolóxicos de Molinero, senón, tamén documentos inéditos fundamentais para a comprensión da arqueoloxía en España. Todo un referente nunha exposición imperdible.

Santa María de Mones: a longa duración na ocupación dos castros

O xacemento de Santa María de Mones forma parte da parroquia homónima do concello de Petín. Está situada na ribeira sur do río Sil, que discorre a escasos metros. O castro, e a igrexa que se atopa na súa croa, está situado noutro esporón da mesma formación xeolóxica que Valencia do Sil, que se sitúa a 3,2 km. en dirección NL.

Localización do sitio de Santa María de Mones

O sitio está moi alterado pola instalación de viñedos tanto en la parte central da croa -aquela superficie que non está ocupada pola igrexa- e dos seus arredores. A comparación coa fotografía aérea do voo americano mostra que este proceso tivo moita incidencia na segunda metade do século XX. Fronte ao caso de Valencia do Sil, por exemplo, o terreo preséntase moito máis chairo, o que podería indicar unha menor incidencia sobre as estruturas máis antigas. Isto provocou, con todo, a desaparición a nivel superficial das arquitecturas relacionadas co castro, como é a potencial muralla orixinal ou estruturas domésticas. Sigue leyendo “Santa María de Mones: a longa duración na ocupación dos castros”