Entradas

Por que pensamos que o castro de Viladonga se abandonou nos séculos II e IV d.n.e.? (Parte III: as moedas)

Ningunha hipótese en Historia está pechada e confirmada. É parte da beleza da Historia en tanto que ciencia. Grazas á exhaustiva e á rigurosa análise dos datos podemos, se acaso, formular hipóteses mellor ou peor argumentadas que poden ser, ou non, parte desa verdade histórica que, pola súa natureza, nunca poderemos coñecer de xeito completo e absoluto. Os datos son os datos, e sobre eles pódense facer centos de interpretacións diferentes. Interpretacións que teñen que contrastarse e poñerse en diálogo para ver cal é a máis coherente e válida en base aos datos aportados. Viladonga poido ser construído polos alieníxenas, ser ocupado desde o século VIII a.n.e. ata o século V d.n.e. sen interrupcións ou ter un hiato de ocupación nos séculos II e IV d.n.e. Todo depende da fortaleza das argumentacións utilizadas. Sigue leyendo “Por que pensamos que o castro de Viladonga se abandonou nos séculos II e IV d.n.e.? (Parte III: as moedas)”

Por que pensamos que o castro de Viladonga se abandonou nos séculos II e IV d.n.e.? (Parte II: cerámica)

É moi importante para as análises arqueolóxicas e para o estudo do noso pasado saber se un sitio está ocupado ou abandonado. Tanto a unha como a outra están relacionadas coas condicións sociais e políticas. A decisión de ocupar ou de abandonar un espazo, máis ainda se é o espazo onde vive a comunidade, non é calquera cousa e ten que ver con moitos factores que a interpretación arqueolóxica ten que confrontar. No último post comezamos a expor a nosa hipótese de que o sitio de Viladonga foi abandonado entre os séculos II e IV d.n.e. A conclusión da análise estratigráfica foi que existen polo menos dúas fases de ocupación no sitio separadas por un forte hiato. Neste post, tentaremos datar esas fases de ocupación e de abandono mediante as análises da cerámica e do vidro. Aquí só exporemos as ideas principais; a análise completa podedes lela no artigo publicado na revista SPAL. Sigue leyendo “Por que pensamos que o castro de Viladonga se abandonou nos séculos II e IV d.n.e.? (Parte II: cerámica)”

Por que pensamos que o castro de Viladonga se abandonou nos séculos II e IV d.n.e.? (Parte I: estratigrafía)

O castro de Viladonga. Fuente: elpais.com

Recentemente publicamos un artigo na revista SPAL (que podedes ver aquí) titulado “¿Continuidad o discontinuidad en los castros del noroeste? Una revisión de la secuencia del yacimiento de Viladonga”. Nel facemos unha revisión da secuencia de ocupación deste importante xacemento a partir dunha análise do material e das memorias das últimas campañas de escavación (aproveitamos aquí para agradecer a boísima atención recibida polo Museo do Castro de Viladonga, un sitio que recomendamos visitar). Unha das afirmacións máis polémicas nese artigo foi que, baixo a nosa proposta, o sitio desocupouse entre os séculos II e IV d.n.e., para volver ocuparse no fin do século IV ou principios do século V d.n.e. Sigue leyendo “Por que pensamos que o castro de Viladonga se abandonou nos séculos II e IV d.n.e.? (Parte I: estratigrafía)”

Control e poder nos momentos finais do Imperio Romano: os asentamentos fortificados no norte peninsular

Escavacións en Valencia do Sil

Unha vez rematadas as nosas escavacións en Valencia do Sil temos que confrontar as dúas tarefas quizais menos espectaculares pero tamén importantes: a análise dos datos e a interpretación en chave social e histórica deste sitio nun contexto concreto. Isto será un traballo longo e difícil pero seguro cheo de resultados que, tan cedo sexan coñecidos, compartiremos neste blog. Porén, xa podemos facer algunhas hipóteses e valoracións iniciais, que serán contrastadas cos datos e debatidas en todos os foros necesarios. E a nosa primeira idea é que o sitio de Valencia do Sil será fundamental para entender o gran proceso de desmantelamento do Imperio Romano, un dos imperios máis poderosos da historia pre-moderna. Sigue leyendo “Control e poder nos momentos finais do Imperio Romano: os asentamentos fortificados no norte peninsular”

Materiais cerámicos tardíos no castro de Viladonga (III): cerámicas de imitación de sigillata, cerámica redutorae producións a man

Texto extraído do artigo: TEJERIZO GARCÍA, C., RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, C., y FERNÁNDEZ PEREIRO, M. (2018): “Materiais cerámicos tardíos (ss. IV-VI d.C.) no castro de Viladonga”. CROA. Boletín da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga, 28, 36-52 (descarga aquí).

 

Cerámicas de Imitación de Sigillata (CIS).

Ao longo dos séculos quinto e sexto documéntase a presenza en toda a península ibérica dunha serie de producións cuxo nexo común é a intencionalidade para imitar as formas de sigillata do baixo imperio nun momento no que esta xa se deixara de producir nos principais centros oleiros da conca do Douro. Este conxunto de imitacións de sigillata foron estudadas e sistematizadas nos traballos de L. C. Juan Tovar baixo a categoría de «Cerámicas de Imitación de Sigillata» ou CIS (JUAN TOVAR, 2012a, 2012b; JUAN TOVAR y BLANCO GARCÍA, 1997). Sigue leyendo “Materiais cerámicos tardíos no castro de Viladonga (III): cerámicas de imitación de sigillata, cerámica redutorae producións a man”

Valencia do Sil: un tesouro patrimonial por (re)descubrir

Dende o próximo día 26 ata o día 31 estaremos no castro de Valencia do Sil continuando o noso proxecto de análise do poboamento de época tardorromana e sueva no val do río Sil. Como aperitivo, recuperamos este texto sobre o xacemento publicado na revista Gallaecia. Próximamente, máis información sobre este impresionante sitio.

O asentamento localízase nun esporón situado na ladeira norte do Alto do Vilariño (Serra do Eixo), na ribeira sur do río Sil, xusto enriba da actual poboación que comparte o topónimo (ETRS89-29N: X= 658352; Y= 4695874; Z= 505). Sigue leyendo “Valencia do Sil: un tesouro patrimonial por (re)descubrir”

Arqueoloxía do aburrimento da guerrilla: o que as crónicas non contan

A historia da guerrilla construése normalmente cos grandes feitos: os ataques, as mortes, os encontros coa Garda Civil… Unha historia feita con pequenas árbores que impiden ver ás veces o gran bosque que foi a loita antifranquista no noroeste peninsular. Porén, a historia menos coñecida é aquela que ten que ver coa vida cotiá, co pasar dos días no monte, na espera constante ameazada polo terror de morrer ese día e a esperanza de que a organización e a loita sirvan para expulsar o ditador. Segundo as nosas investigacións, a Ciudad de la Selva, no seu momento de apoxeo, estivo en funcionamiento durante case cinco anos. 1825 días coas súas horas nas que os guerrilleiros e guerrilleiras tiñan que estar no monte. Os ataques e os movementos foron momentos puntuais dunha longa travesía que tiñan que encher con outras actividades. Sigue leyendo “Arqueoloxía do aburrimento da guerrilla: o que as crónicas non contan”

A importancia dos castros na configuración do reino suevo

Vivendas de época tardía no castro de Santomé

Os castros en Galicia son elementos históricos e identitarios fundamentais. Desde os tempos dos mouros ata a actualidade, o castro exerceu unha atracción moi forte, sexa para acoller á xente, ben para albergar mitos e historias, ben como instrumento para as políticas patrimoniais dos concellos actuais. Como forma de poboamento, o castro foi un elemento nuclear de articulación da paisaxe na Prehistoria Recente, de onde provén o termo “cultura castrexa”. Porén, a súa importancia foi tamén moi grande nos momentos de xurdemento do reino suevo. Sigue leyendo “A importancia dos castros na configuración do reino suevo”

A emerxencia da paisaxe da guerrilla antifranquista nos montes de Casaio

Paisaxe actual dos montes de Casaio

Nunha interesante referencia nas súas memorias, o guerrilleiro Mario Morán comenta que:

Aquí en la Ciudad de la Selva (situada en los montes de Casayo), en las estribaciones de Peña Trevinca, surge la idea, en los primeros meses de 1942, sobre la conveniencia de crear una organización guerrillera que aglutine a todos los grupos… La conocida por nosotros como “Ciudad de la Selva”, donde el resto de los compañeros nos abocamos a la tarea de construir un amplio y cómodo campamento”.

Sigue leyendo “A emerxencia da paisaxe da guerrilla antifranquista nos montes de Casaio”

Materiais cerámicos tardíos no castro de Viladonga (II): Cerámica común romana e producións engobadas

Escavacións antigas en Viladonga. Fuente: CROA

Texto extraído do artigo: TEJERIZO GARCÍA, C., RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, C., y FERNÁNDEZ PEREIRO, M. (2018): “Materiais cerámicos tardíos (ss. IV-VI d.C.) no castro de Viladonga”. CROA. Boletín da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga, 28, 36-52 (descarga aquí).

 

Cerámica Común Romana e Ánforas
Baixo a categoría de “Cerámica Común Romana” (CCR) inclúense aquelas producións feitas mediante torno rápido, de cocción plenamente oxidante ou mixta máis oxidante cara ao exterior. Dentro deste conxunto diferenciamos unha variedade máis depurada (CCRA), posiblemente asociada ás producións destinadas a contención de líquidos, e outra con pouca depuración (CCRB), destinada principalmente á cociña. Cabe destacar que esta última é a produción máis numerosa nos contextos tardíos do castro, con máis dun terzo das pezas analizadas (36,15% do total) o que demostra a súa continuidade até os últimos momentos da ocupación imperial do noroeste peninsular. Sigue leyendo “Materiais cerámicos tardíos no castro de Viladonga (II): Cerámica común romana e producións engobadas”