Non hai dúbida de que grazas á documentación escrita temos un coñecemento moi profundo sobre a guerrilla antifranquista no noroeste peninsular. Desde os anos 80, autores como Harmut Heine, Secundino Serrano ou Aurora Marco achegaron unha información crucial para a comprensión deste fenómeno político e social. Porén, e como xa defendemos noutros posts, só grazas a materialidade e ao seu estudo mediante a arqueoloxía podemos achegarnos a certos aspectos da guerrilla non visibles na documentación escrita. Aínda máis, se entendemos a arqueoloxía como a capacidade, tamén, de estudar a relación das sociedades coa paisaxe. Grazas aos nosos estudos podemos aprofundar moito nesta relación coa paisaxe no caso da guerrilla na contorna dos montes de Casaio. Sigue leyendo “A utilización da paisaxe por parte da guerrilla”
¿Qué es “Sputnik Labrego”?
En novembro do ano 1957 a cadela Laika foi lanzada ao espazo un mes despois do satélite Sputnik 1, iniciando unha carreira que duraría máis de 30 anos entre os dous estados máis poderosos do mundo. Uns meses despois de que Laika tivera a honra de ser o primeiro ser vivo en orbitar arredor do noso planeta, os habitantes dunha aldea próxima a Salcedo (Lugo) realizaron a súa propia homenaxe á cadela espacial (leer más).