
Na preciosa novela de Raúl Guerra Garrido El año del wolfram, se presenta o seguinte diálogo entre José e o seu tío, don Ángel:
«-… Pero dime, ¿qué vas a hacer?, apenas haytrabajo en el pueblo, ¿tienes algún proyecto?
– Irme alwólfram.
– Ya. Debísuponerlo, es la fiebre, pero no sé si te conviene, a la peña sube lo peor de cada casa y con una pistola al cinto.
– Dicen que allí la gente gana el dinero a espuertas.
– Y se lo gasta, gastan dinero como si los billetes se fueran a pasar de moda. No sé si te conviene, es peligroso.»
Durante a chamada «guerra do volframio», a subida exponencial do prezo destemineral -utilizado, entre outros, para o armamento bélico- entre os anos 1942 e 1944 provocou unha reacción en cadea, lanzando a milleiros de persoas aos montes. O apelo deste mineral era moi forte nun contexto en que a fame estaba máis presente que as balas e tanques que combatían en Europa feitas co volframio. Familias enteiras que, como José, procuraron no ouro negro a solución aos difíciles momentos da posguerra civil. Xente como a nosa preciosa Graciana, entrevistada por nós no Barco de Valdeorras en 2018 e que tivo que ir ao monte coa súa familia:
Entrevistadora: ¿Por qué empezáis a ir al monte a buscar wólfram?
Graciana: ¿Por qué empezamos? ¿Por qué empezaríamos?
Entrevistadora: Cuéntamelo tú.
Graciana: Pa ganar dinero que no teníamos.

Esta febre do volframio, de xeito moi similar ao episodio da febre do ouro do farwest americano, xerou un clima de violencia social en ocasións irrespirable. A fame é mala conselleira e provocaba disputas e pelexas polo control do territorio onde se atopaba o cobizado mineral. As armas, que xa tiveron o seu momento dourado durante a Guerra Civil, continuaron a formar parte da idiosincrasia destas sociedades marxinais no monte. Volvendo á novela de Guerra Garrido, nela descríbese unha destas asociacións espontáneas para a explotación do volframio: a «Brigada del Gas». Esta brigada, escribe Guerra Garrido:
«…venía a ser una sociedad cooperativa en la que participaban a partes iguales todos los vecinos de Oencia, el pueblo más próximo a la peña por la cara de poniente… A la izquierda el secretario chico, Pepín, el Gallego, le decíangallego porque no había nacido en la aldea sino en Calamocos… el chico tenía un nervio asesino, se limitóalrepiqueteo de sunavajacabritera de sietemuelles».
Unha navalla que sería utilizada en varias ocasións polo seu dono durante os encontros no monte, e no poucas veces feriu aos rapaces e rapazas que furaban os montes ata atopar a veta de seixo que podía conducir ao prezado volframio.
Durante o ano 2020, en plena «guerra do COVID», tivemos a oportunidade de escavar un chozo construído polos grupos de estraperlistas que se lanzaban cara ao monte na procura do volframio. Concretamente na zona de Casaio chamada a Picota, moi preta do coñecido Teixadal. Nesta zona pódense ver aínda as vetas de seixo onde estas persoas escarvaban para atopar o ouro negro. Herminia, a tía da nosa compañeira Laura, aínda lembra ir a esta zona na rebusca do volframio:
HERMINIA: Mira, cada vez que me acuerdo yo, dios. Y después, la Picota ya nada más. Íbamos a trabajar, cuando había, cuando había mineral menudo, íbamos pa lavarla.
LAURA: ¿Y en la Picota salía por fuera?
HERMINIA: No.
LAURA: ¿O había que picar, en la tierra?
HERMINIA: Iba así, iba así de chaflán, el filón entraba así, iba, no así hondo.

O chozo que escavamos contrasta moito coas casas dos traballadores das minas «oficiais». Chozos que son moi parecidos aos que puidemos escavar da guerrilla. Unha semellanza que non é casual, dado que ambos os dous son grupos temporais, de «cazadores-recolledores» poderiamos dicir, e por iso as súas construcións son precarias, aínda que prácticas para os labores que tiñan que facer. No chozo da Picota atopamos fogares, restos de comida e incluso mobiliario que mostra que, incluso nas condicións máis difíciles, o ser humano trata de conseguir a maior comodidade posible.
Herminia aínda lembra a inseguridade daqueles momentos. Podemos imaxinar que tamén había na zona da Picota unha «Brigada do Gas» que trataba, mediante a forza, obter o máximo proveito da actividade «para-legal» que era a procura do volframio. Un clima de violencia que tamén ten o seu reflexo material. Deste xeito, no chozo da Picota, atopamos un puñal de bastante calidade, como aquel que levaba Pepín na novela de Guerra Garrido. Unha testemuña muda da violencia e da inseguridade que foi o mundo de Herminia e de moita xente botada aos montes pola febre do volframio. Un puñal que non sabemos se foi utilizado, pero que só a súa presenza sinala tempos nosen que o seu uso debía ser moi común. Unha materialización da violencia que fai visible a cara máis escura do noso pasado recente.