As pinturas de Pala de Cabras en Casaio (I): marco xeral e descrición da pala

O texto que sigue é parte do traballo “Hallazgo de un conjunto de pinturas esquemáticas prehistórica en el sitio de “Pala de Cabras”, en Casaio (Carballeda de Valdeorras, Ourense), publicado en PH: Boletín del Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico (que podedes descargar aquí).

Introducción: el contexto de descubrimiento

El hallazgo de pinturas esquemáticas que aquí presentamos se localiza en la parroquia de Santa María de Casaio, en el actual concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense). Se produjo en el contexto de desarrollo del proyecto Sputnik Labrego. Resiliencia e resistencia da sociedade labrega galega en “momentos de perigo”: unha análise antropolóxica e arqueolóxica na longa duración, en el marco de un contrato postdoctoral financiado por la Xunta de Galicia. El objetivo general de este proyecto era el análisis, a través del registro material, de las transformaciones de las sociedades campesinas tradicionales del noroeste peninsular desde una perspectiva de larga duración histórica. Para ello, se escogió el ámbito geográfico de Casaio, que presentaba unas características únicas especialmente sugerentes. Sigue leyendo “As pinturas de Pala de Cabras en Casaio (I): marco xeral e descrición da pala”

Escavación e secuencia estratigráfica do chozo Teixadal-1 no sitio do bosque do Teixadal

Teixadal-1 antes de iniciar os traballos de escavación

Neste post, seguindo coa publicación dos contextos de Morteiras-1 e Morteiras-4, presentamos a estratigrafía do chozo Morteiras-4, escavado en verán de 2018 e interpretado como un chozo habitacional da guerrilla antifranquista. Todo isto pode ser consultado na memoria técnica presentada na Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia que podedes descargar aquí.

Sigue leyendo “Escavación e secuencia estratigráfica do chozo Teixadal-1 no sitio do bosque do Teixadal”

Os circuitos represivos en Rosario (Santa Fe, Arxentina) durante a ditadura arxentina

Escola de Mecánica da Armada (Bos Aires)

A ditadura arxentina, xunto coa chilena, poden ser considerados os réximes ditatoriais máis representativos de América Latina. En realidade, Arxentina vivu diversos réximes autoritarios ao longo do século XX. Porén, foi o chamado Proceso de Reorganización Nacional o que máis impacto tivo no país e o que máis violencia implicou. Esta ditadura impúxose tras un golpe de Estado contra o goberno peronista de María Estela Martínez de Perón en marzo de 1976, e executado polas Forzas Armadas. Estas colocaron no goberno unha Xunta Militar integrada por tres comandantes das Forzas Armadas, goberno que posteriormente foi monopolizado polo xeneral Jorge Rafael Videla. Videla acapararía o poder ata 1981. Neses anos, Arxentina enfrontouse ao Reino Unido na Guerra das Malvinas, o que provocou unha fortísima crise ao réxime e logrou artellar unha oposición política o suficientemente sólida como para forzar que o poder pasase a un goberno elixido democraticamente en Decembro de 1983 encabezado por Raúl Alfonsín. Sigue leyendo “Os circuitos represivos en Rosario (Santa Fe, Arxentina) durante a ditadura arxentina”

Escavación e secuencia estratigráfica do chozo da guerrilla Morteiras-4 (val de Morteiras)

Neste post, seguindo coa publicación do contexto de Morteiras-1, presentamos a estratigrafía do chozo Morteiras-4, escavado en verán de 2018 e interpretado como un chozo habitacional da guerrilla antifranquista. Todo isto pode ser consultado na memoria técnica presentada na Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia que podedes descargar aquí.

O Chozo de Morteiras-4 localízase no extremo norte do sitio das Morteiras, nunha ladeira á marxe esquerda do arroio homónimo e cunha pronunciada pendente en dirección cara dito arroio. Sitúase a uns 20 m en dirección norte con respecto ao chozo de Morteiras-3 e a uns 30 m na mesma dirección con respecto a Morteiras-2. A estrutura ten unhas medidas de 5.1 x 3.2 m e 8.9 m2 de espazo interior útil. Sigue leyendo “Escavación e secuencia estratigráfica do chozo da guerrilla Morteiras-4 (val de Morteiras)”

O Departamento de Ordem Política e Social (DOPS) en Belo Horizonte (Minas Gerais, Brasil) e a ditadura brasileira

(O traballo ao que fai referencia está dentro do volumen “Arqueología de la dictadura en Latinoamérica y Europa”, que podas atopar aquí)

Se hai un país no mundo que está a vivir tempos estraños, ese é o Brasil. Ao principio do ano 2019, acabado de estrear xaneiro, chegaba á presidencia un militar retirado de nome Jair Bolsonaro que ninguén tiña por gañador ou presidente, pero que mediante unha campaña moi agresiva, chea de fake news e mensaxes de odio, arrebatou o goberno do país aos candidatos oficiais. Desde entón, a súa política combinou unha perigosa mestura entre neoliberalismo salvaxe no económico, forte intervención política e militar, e a nostalxia pola memoria da ditadura brasileira pasada. Se hai un sitio onde a ameaza dunha volta das ditaduras militares é máis real, este sitio é o Brasil. Sigue leyendo “O Departamento de Ordem Política e Social (DOPS) en Belo Horizonte (Minas Gerais, Brasil) e a ditadura brasileira”

A arqueoloxía da ditadura en Europa e en América Latina (I). Proposta e marco teórico

Tras a caída do muro de Berlín, a desintegración da Unión Soviética e a guerra dos Balcáns pensábase que a ditadura sería reducida a un concepto teórico dos libros de Ciencia Política. Non era para menos. En Europa os últimos réximes ditatoriais remataron nos anos 70 co Reino de España e Portugal. Só unha década e media máis tarde, os réximes de Pinochet e de Stroessner pechaban a porta as clásicas ditaduras do Cone Sur americano. Porén, os últimos anos viron como o avance da extrema dereita en Europa e do autoritarismo militarista en América Latina ameaza con actualizar o supostamente morto concepto de ditadura. É por isto que as distintas Ciencias Sociais se enfocaron na análise deste fenómeno tanto nas sociedades do pasado como no presente. Desde o noso punto de vista, a arqueoloxía tamén pode achegar un importante coñecemento ao estudo das ditaduras. Sigue leyendo “A arqueoloxía da ditadura en Europa e en América Latina (I). Proposta e marco teórico”

Aldeas e granxas altomedievais en Galiza: algúns exemplos

Comentabamos noutros posts que, en xeral, o campesiñado é visto pola investigación como un suxeito pasivo, condenado a sobrevivir aos condicionantes naturais e tendente a desaparecer baixo o avance da modernidade. Isto é aínda máis certo no caso dos períodos coñecidos por “escuros”, como é a Alta Idade Media. Tradicionalmente, o campesiñado altomedieval víase de xeito “primitivista”, ou sexa, cunha economía moi simple, moi móbil e con asentamentos moi inestables.

Sigue leyendo “Aldeas e granxas altomedievais en Galiza: algúns exemplos”

A relevancia do campesiñado após a fin do Imperio Romano en Occidente

Cholas, de Alfredo Manrique Torres

Tradicionalmente, dentro do que chamamos a historia positivista, a historia é feita polas elites e constrúese a través dos grandes feitos como as batallas, os reinados ou as relacións diplomáticas. Nesta forma “elitista” de ver a historia, as clases baixas e os grupos subalternos non adoitan xogar un papel relevante. De feito, ás veces son totalmente ignoradas ou teñen papeis moi pasivos no desenvolvemento da historia. Este é o caso do campesiñado. O recentemente falecido Theodor Shanin, un dos teóricos do campesiñado máis importantes do século XX, falaba da “clase incómoda” para referirse a este papel pasivo pouco valorado pola investigación ou polas políticas sociais. O razoamento é sinxelo: se o campesiñado só pode xogar un papel pasivo entón debe ser superado mediante políticas activas. Sigue leyendo “A relevancia do campesiñado após a fin do Imperio Romano en Occidente”

Escavación e secuencia estratigráfica do chozo da guerrilla Morteiras-1 (val de Morteiras)

Morteiras-1 antes de iniciar os traballos de escavación

A arqueoloxía traballa coas historias na terra. E para facer esas historias é fundamental facer escavacións estratigráficas, isto é, diferenciar as diferentes capas e niveis que forman o rexistro arqueolóxico. Do mesmo modo que a química basease nas partículas para construír as súas hipóteses, nós utilizamos os estratos, polo que é moi importante saber que estratos hai nunha escavación e a información que estes dan. En aras da transparencia, nos seguintes párrafos (e tamén en próximos posts) presentaremos a estratigrafía dos chozos que escavamos na campaña de 2018. Todo isto pode ser consultado na memoria técnica presentada na Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia que podedes descargar aquí. Sigue leyendo “Escavación e secuencia estratigráfica do chozo da guerrilla Morteiras-1 (val de Morteiras)”

As pinturas esquemáticas de Casaio e o Calcolítico na península ibérica

Ás veces a arqueoloxía é sorprendente. A aventua que supón ir na procura do pasado implica ser consciente de que non sabemos todo. Sempre pode aparecer algo novo que mude o noso coñecemento sobre o tempo, sobre o noso pasado. A humildade debe ser a primeira virtude de toda persoa que se dedique á historia. Por iso, cando imos polo campo, sempre hai que ter os ollos ben abertos, e buscar incluso o non esperado.

Como é común no noso proxecto sobre a arqueoloxía da guerrilla, a metodoloxía consiste en preguntar aos que saben de verdade, á xente que vive o territorio, sobre os campamentos da guerrilla. Foi así como nos decatamos da existencia dun posible chozo nunha contorna coñecida como Pala de Cabras, en Casaio. Esta é unha gran pala aberta nunha inmensa parede no escarpado val do río San Xil. Así, e conducidos polo noso guía de confianza e amigo Francisco Fernández, que fomos para a pala un febreiro de 2019. Sigue leyendo “As pinturas esquemáticas de Casaio e o Calcolítico na península ibérica”