
Unha vez rematadas as nosas escavacións en Valencia do Sil temos que confrontar as dúas tarefas quizais menos espectaculares pero tamén importantes: a análise dos datos e a interpretación en chave social e histórica deste sitio nun contexto concreto. Isto será un traballo longo e difícil pero seguro cheo de resultados que, tan cedo sexan coñecidos, compartiremos neste blog. Porén, xa podemos facer algunhas hipóteses e valoracións iniciais, que serán contrastadas cos datos e debatidas en todos os foros necesarios. E a nosa primeira idea é que o sitio de Valencia do Sil será fundamental para entender o gran proceso de desmantelamento do Imperio Romano, un dos imperios máis poderosos da historia pre-moderna. Sigue leyendo «Control e poder nos momentos finais do Imperio Romano: os asentamentos fortificados no norte peninsular»









