Ermida (Quiroga, Lugo) e o poder eclesiástico na época dos Suevos

A Ermida en Quiroga

Este xacemento (nº de ficha GA27052023) sitúase na parroquia da Santa María da Ermida, a menos de dous quilómetros ao nordeste da vila de Quiroga, nas coordenadas UTM 29N (ETRS 89) X: 643768 Y: 4704754. Fisicamente localizamos un outeiro que se eleva ao norte do río Quiroga pouco antes da súa unión co río Sil. Ao suroeste do Castro da Ermida localízase o Castro de Ameixeiras (GA27050042).

O importancia do sitio de Quiroga para o estudo do territorio do interior da Gallaecia en época postromana ten a ver, entre outras cousas, cunha moi antiga referencia documental que temos sobre este espazo. Concretamente referímonos a referencia do lugar de Carioca no coñecido como Parochiale Suevum (ed. López Sangil, 2011: 42-46, d. 6). Este documento, de finais do século VI d.C., é basicamente unha relación das dioceses e as súas correspondentes “ecclesiae”, cuxa análise permite unha aproximación á estrutura eclesiástica e territorial do antigo reino suevo (Díaz Martínez, 2011; Díaz Y Díaz, 1995; Sánchez Pardo, 2014). A presenza do Crismón de Quiroga (ver máis adiante), podería suxerir, que o santuario de Santa María da Ermida fora “la heredera de aquella primitiva parroquia de época sueva” (Sánchez Pardo, 2014: 443). Sigue leyendo “Ermida (Quiroga, Lugo) e o poder eclesiástico na época dos Suevos”