A importancia dos castros na configuración do reino suevo

Vivendas de época tardía no castro de Santomé

Os castros en Galicia son elementos históricos e identitarios fundamentais. Desde os tempos dos mouros ata a actualidade, o castro exerceu unha atracción moi forte, sexa para acoller á xente, ben para albergar mitos e historias, ben como instrumento para as políticas patrimoniais dos concellos actuais. Como forma de poboamento, o castro foi un elemento nuclear de articulación da paisaxe na Prehistoria Recente, de onde provén o termo “cultura castrexa”. Porén, a súa importancia foi tamén moi grande nos momentos de xurdemento do reino suevo.

Idacio foi un bispo que residiou na Gallaecia que viu as mudanzas do fin do Imperio Romano e o inicio da monarquía sueva. grazas a el coñecemos a existencia dos “castella tutiora”, lugares onde supostamente a poboación local tivo resgardo ante os ataques dos bárbaros. Se ben non sabemos con exactitude o alcance das palabras do bispo de Xinzo de Limia, o que si é claro é que o poboamento fortificado foi un elemento central nestes momentos.

O río Sil visto desde o castro de Valencia do Sil

Os nosos traballos na ribeira do Sil son moi claros a este respecto. Entre os séculos IV e VI d.n.e. constátase a formación dunha rede de lugares fortificados en altura no antigo territorio dos Gigurros. Aínda que puideron ser a forma de defender a poboación da contorna, a nosa hipótese é que tamén foron fundamentais para o control dun elemento moi importante para as elites locais: o propio río Sil. Grazas aos traballos de Adolfo Fernández en Vigo, sabemos da importancia do comercio marítimo nestes séculos. E posible que o comercio ao interior se realizaba a través das vías de comunicación fluviais, como sería o río Sil. De feito, a aparición de ánforas en sitios como Valencia so Sil datadas nestes momentos mostrarían sen dúbida a existencia deste comercio.

Vista aérea do castro de Castro Ventosa

O xurdemento do Estado suevo implicou a consolidación do seu poder nos territorios, mesmo aqueles máis afastados dos centros de control, como Braga. Deste xeito, castros como os de Castro Ventosa (Cacabelos, León) puideron ter unha función de control sobre as poboacións locais. Podemos entón afirmar sen dúbida a importancia de Castro Ventosa. As súas murallas, restauradas posiblemente ao longo do século V d.n.e., son comparables ás de Lugo. Ademas, temos evidencias da fabricación de vidro ao interior do sitio, un material de gran prestixio nos momentos finais do Imperio Romano que vincularía este sitio coas elites do momento.

Desde xeito, os castros, fortes símbolos do noroeste peninsular, convertéronse nun elemento central da articulación do reino suevo tras a caída do poder imperial romano.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s