Ermida (Quiroga, Lugo) e o poder eclesiástico na época dos Suevos

A Ermida en Quiroga

Este xacemento (nº de ficha GA27052023) sitúase na parroquia da Santa María da Ermida, a menos de dous quilómetros ao nordeste da vila de Quiroga, nas coordenadas UTM 29N (ETRS 89) X: 643768 Y: 4704754. Fisicamente localizamos un outeiro que se eleva ao norte do río Quiroga pouco antes da súa unión co río Sil. Ao suroeste do Castro da Ermida localízase o Castro de Ameixeiras (GA27050042).

O importancia do sitio de Quiroga para o estudo do territorio do interior da Gallaecia en época postromana ten a ver, entre outras cousas, cunha moi antiga referencia documental que temos sobre este espazo. Concretamente referímonos a referencia do lugar de Carioca no coñecido como Parochiale Suevum (ed. López Sangil, 2011: 42-46, d. 6). Este documento, de finais do século VI d.C., é basicamente unha relación das dioceses e as súas correspondentes «ecclesiae», cuxa análise permite unha aproximación á estrutura eclesiástica e territorial do antigo reino suevo (Díaz Martínez, 2011; Díaz Y Díaz, 1995; Sánchez Pardo, 2014). A presenza do Crismón de Quiroga (ver máis adiante), podería suxerir, que o santuario de Santa María da Ermida fora «la heredera de aquella primitiva parroquia de época sueva» (Sánchez Pardo, 2014: 443).

Fotografía aérea do sitio de A Ermida

Non hai mencións específicas ao castro na abundante documentación posterior, se ben si que volta a aparecer repetidamente o sitio de «Carioga»[1] e outras variantes lingüísticas do termo.

Este asentamento é coñecido porque na igrexa parroquial de Nosa Señora da Ermida que coroa o outeiro localizouse no século XIX unha peza circular de mármore cun crismón e unha lenda gravadas servindo de mesa de altar. Esta peza é moi coñecida e dátase nos séc. V-VI d.C., sendo unha das primeiras manifestacións cristiás de Gallaecia (Sánchez Pardo, 2016). A maiores, existen hipóteses que relacionan este lugar coa Carioca presente no Parroquial Suevo do séc. VI d. o que resaltaría a potencial centralidade de Quiroga na articulación territorial posromana (Sánchez Pardo, 2014). Non obstante, non se realizou até o momento ningún traballo arqueolóxico no entorno do castro de Quiroga.

Todo o outeiro onde se localiza o castro está ocupado na actualidade pola aldea da Ermida, sendo a propia igrexa parroquial a que coroa o mesmo.

Modelo dixital do terreo do sitio de A Ermida

Nas ortofotos históricas consultadas corrobóranse as planimetrías realizadas nas fichas anteriores. Este asentamento fortificado conformaríase en base a un recinto circular que ocuparía a zona central do outeiro, sendo posíbel a existencia dunha segunda liña muraria pola zona suroeste (en base á fotointerpretación do lugar). De todas formas, na nosa prospección superficial non localizamos evidencias da existencia dun xacemento arqueolóxico debido á presión urbanística da aldea e do complexo relixioso (igrexa mais cemiterio) que alteraron en boa parte o posíbel asentamento.

Durante nosos traballos non atopamos ningún material arqueolóxico asociado ao Castrelo de Proendos.

Cabe mencionar a referencia de Pérez Losada da localización de materiais de época romana e, máis concretamente, unha moeda do século IV d.C. en relación co sitio (Pérez Losada, 2002: 440) que mostrarían a ocupación do sitio diante este momento.

O Crismón de Quiroga

O descubrimento do coñecido Crismón de Quiroga servindo como mesa de altar na igrexa de Quiroga e a posíbel relación do lugar coa Carioca do Parrochiale Suevorum fixeron deste castro un lugar central das discusións sobre a articulación territorial do interior da Gallaecia en época posromana (Díaz Martínez, 2011; López Quiroga, 2004; Lovelle y López Quiroga, 2000; Sánchez Pardo, 2012). Con todo, a información histórica sobre este sitio es extremadamente limitada. De feito, non se pode asegurar que o Crismón, e a potencial igrexa á que pertencería, estivera orixinalmente no castro o xa pertencese a outro entorno. Lamentabelmente, a alteración do entorno do castro de Quiroga, incluída a presenza de la actual vila en torno ao sitio, face moi difícil futuros estudos arqueolóxicos.


[1] Christus. Nos omnes qui sumus habitantes in Caldellas et Carioga. Id est Honorigo et frater meus Astruario, pro nos et pro omnes nostros germanos et heredes, Maurgato et (…) ratione integra de patre nostro Faenzu, Goalamiru mea ratione integra in terras in Lamas, tibi Busiano confesso. Placuit nobis accessit voluntas ut faceremus tibi textum scripture donationis sicut et facimus post partem monasterii vestri Sancti Iohannis de Lamas qui sunt subtus ipso monasterio, et inde subtus castro usque ad vadocello qui est super pausata de Erizila, et inde per Gandera circa via que discurrit ab Carioga in suo directo usque Gandera super lama de Gualamiru, et inde super agro de Scaurietum et super devesa quam dedit vobis Adelfo cum sua muliere, et inde usque atrium de Felgoso super domum Servandi. (ed. Andrade Cernadas, 1995: 316, d.224).

 

Bibliografía

DÍAZ MARTÍNEZ, PABLO C.: El Reino Suevo (411-585). Akal, D.L, Tres Cantos: 2011

DÍAZ y DÍAZ, M.C: «Notas sobre el distrito de Lugo en la época sueva». Helmántica, 46, 139-141,  1995, 227-242.

LÓPEZ QUIROGA, Jorge: El final de la antigüedad en la Gallaecia: la transformación de las estructuras de poblamiento entre Miño y Duero (siglos V al X). Fundación Pedro Barrie de la Maza, La Coruña: 2004

LOVELLE, Mónica R., y LÓPEZ QUIROGA, J.: «El poblamiento rural en torno a Lugo en la transición de la antigüedad al feudalismo (ss. V-X)». Cuadernos de Estudios Gallegos, 47, 113,  2000, 53-76.

PÉREZ LOSADA, F.: Entre a cidade e a aldea. Estudio arqueo-histórico dos «aglomerados secundarios» romanos en Galicia. Museo Arqueolóxico de A Coruña, A Coruña: 2002

SÁNCHEZ PARDO, José Carlos: «Castros, castillos y otras fortificaciones en el paisaje sociopolítico de Galicia (siglos IV-XI)». En: QUIRÓS CASTILLO, J y TEJADO SEBASTIÁN, José María (eds.), Los castillos altomedievales en el noroeste de la Península Ibérica. Universidad del País Vasco, Bilbao: 2012, 29-56

SÁNCHEZ PARDO, José Carlos: «Organización eclesiástica y social en la Galicia tardoantigua. Una perspectiva geográfico-arqueológica del parroquial suevo». Hispania Sacra, 134,  2014, 439-480.

SÁNCHEZ PARDO, José Carlos: «Crismón de Quiroga». En: VILLARES, Ramón (ed.), 100 Galicia Cen. Obxectos para contar unha cultura. Consello da Cultura Galega: 2016, 79-81

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s