(Texto redactado por Alejandro Rodríguez Gutiérrez e extraído do informe técnico da escavación da Ciudad de la Selva. Campaña 2018)
Valle de Morteiras, en Casaio
Esta perda de poder dos fuxidos oriúndos, especialmente do Bailarín, vaise ver referendada coa chegada no inverno de 1939, cando un feito casual vai mudar, novamente, o panorama dos grupos de fuxidos dos vales de Casaio e, co paso dos anos, de todo o Noroeste. Segundo Serrano (1986, p.157 e ss.), a finais de decembro de 1939, un grupo de fuxidos asturianos da localidade de Olloniego deciden tentar saír ao exilio a través de Portugal[1]facendo a viaxe en tren de dous en dous e concentrándose na fronteira portuguesa. Finalmente, o grupo chega a Sernande o día 31 de decembro de 1939, onde toman contacto con dous españois refuxiados nunha aldea do Concelho de Vinhais, Claudio Pousa Marqués, Joven;e o seu pai, Guillermo Pousa Pinza. Despois dun tiroteo coas forzas policiais portuguesas e sen contactos nin armas que lles permitan chegar até Porto, deciden volver sobre os seus pasos. O grupo contará co mesmo número de persoas, pero en lugar de Pambarato, ranquéante dunha ferida e medio coxo, que quedará en Sernande até a súa detención en agosto de 1946, únese Claudio Pousa, que se converterá no guía do grupo. Sigue leyendo “A Ciudad de la Selva na documentación escrita (III): A formación da Ciudad de la Selva.”