(Texto redactado por Alejandro Rodríguez Gutiérrez e extraído do informe técnico da escavación da Ciudad de la Selva. Campaña 2018)
Co paso dos meses, os grupos de fuxidos comezarán a asentarse dunha maneira máis ou menos estábel, fundamentalmente como consecuencia do coñecemento do terreo e da conexión que mantiveran, como mencionamos anteriormente, coas súas familias e amizades. Esta forte ligazón facía que a súa captura fora algo moi complicado para as forzas sublevadas.
A partir deste punto, centrarémonos nos grupos que se van asentar nos arredores de Casaio, punto central da nosa intervención arqueolóxica. De todas formas, é preciso subliñar a importancia que tivo toda a contorna, onde se irán asentando este tipo de grupos e que, pouco a pouco, comezarán por contactar e rematarán por realizar accións armadas de maneira conxunta. Seguindo o informe do veciño de Rubiá, Ramiro Losada Rodríguez, quen conseguiu embarcar cara á zona republicana no ano 1938 , chegando a Barcelona pouco antes da entrada dos sublevados, a finais dese ano existen na zona varios grupos de guerrilla:
GUERRILLA DE CASALLO: La componen seis hombres. El responsable, Manuel Álvarez Rodríguez.
GUERRILLA DEL PÁRAMO: La componen seis hombres. El responsable, Silvestre López.
GUERRILLA DE VILLAR DE SILVA: La componen cuatro hombres. El responsable, Ramiro Franco Franco.
GUERRILLA DE JARES: La componen ocho hombres. El responsable, Juan D’Obiñeno.
GUERRILA DE ARNALDO: La componen seis hombres. El responsable, Antonio Vega.
GUERRILLA DE ARNADELO: La componen diez e seis hombres. El responsable, José Soto. Alcalde del Ayuntamiento de Oencia (León).
GUERRILLA DE TORAL DE LOS VADOS: La componen nueve hombres. El responsable, Abel. Tte. Ejército del Norte.
GUERRILLA DEL CÓRGOMO: La componen ocho hombres. Responsábel Clavel. Teniente Alcalde de Villamartín de Valdeorras (Orense). Tte. Ejército del Norte.
GUERRILLA DE SAN CLODIO: La componen diez e seis hombres. El responsábel Marcelino “El Corzo”. Dirigente de la UGT en San Clodio. En este grupo forma parte el Alcalde de San Clodio[1].
Centrándonos, polo tanto, nos grupos que se formarán nas inmediacións de Casaio, atopamos xa no inverno de 1936 un pequeno grupo de persoas asentadas no Teixadal, un dos lugares dunha das intervencións arqueolóxicas realizadas no verán de 2018. Dada a importancia da fonte, pensamos que a mellor maneira de amosar esto é mediante a transcripción dun anaco das memorias dun dos protagonistas, Domingo Rodríguez Rodríguez, Inca.
Éramos tres, un primo mío que ahora se encuentra en París e otro vecino que había matado por verse perdido a una mujer, los tres nada más, que rondábamos por los montes del ayuntamiento de La Verga Corzos hasta que tuvimos que escapar de allí[2]. […] Acababan de arruinar a nuestro pueblo, habían quemado tres casas e amenazado de quemar más, e no matamos a causa de los camaradas que quedaron en el pueblo, por estar sangre inocente, la de los camaradas amenazados que habían quedado en el pueblo.
Con el ganado nos marchamos a las montañas e allí nos quedamos cerca de un mes, andando todo aquello hasta que lo conocí, allí hay nieve todo el año. En verano aquellos bosques e montañas son muy bonitas, el paisaje es maravilloso. Es eneste lugar que yo conocía que nos refugiamos, pero antes de llegar cogimos un jato, lo cogimos e lo tenía por los cuernos mi primo mientras le atamos unas cuerdas cargamos sobre el las mantas, un saco de patatas, el azada e un hacha. El azada e el hacha nos servían para fabricarnos las chozas en el monte. […] Lo primero que hicimos fue construirnos una choza e matar el jato, durante varios días comimos carne fresca e la mayor parte la pusimos en cecina secándola al sol, con piedras e barro logramos hacer un pequeñito horno para cocer el pan, sin levadura, ¡Pero qué bueno estaba! Allí nos quedamos todo el invierno, mi primo, otro camarada e yo. […] los untos e el jamón con un saco de bellotas dulces que habíamos recogido por la montaña, nos salvaron de morir de hambre, durante los dos meses que estuvo nevando sin parar aquel invierno.
El bosque en el cual estábamos escondidos era de pinos, bueno más que pinos eran tejos, las gentes de por allí le llamaban El Tejeral. Los víveres se nos iban terminando e el temporal de nieve amainaba poco a poco. Un día salió de la choza mi primo en busca de agua e vio un corzo que iba dejando las trazas en la nieve. Vamos a por el le dije […] era un corzo joven no tenía más de siete años, terminamos de matarlo e lo llevamos a la choza […] lo despellejamos e si los untos e el jamón nos salvaron de morir de hambre, la carne fresca e excelente del corzo revigorizó nuestras fuerzas. Lo aprovechamos todo, de los huesos de las patas hicimos pipas para fumar. Después de la nieve, llovió durante días enteros, por fin cuando nos marchamos de allí, juré no volver más por el Tejeral con un tiempo igual, de nieve e lluvia[3].
Manuel Álvarez, Bailarín, e Celia Valle
Ademais deste grupo, xa dende o mesmo ano 36, no entorno da Ermida de San Xil Vello, nas mesmas montañas de Casaio, aséntase un grupo de persoas chegadas do concello da Veiga e que se unen aos veciños de Casaio escapados, neste caso Manuel Álvarez Méndez, O das Ovellas e Adolfo Fernández. Deste grupo formarán parte Jaime Vega Yáñez, Sargento;veciño de Casdenodres, e os veciños de Xares, Ildefonso Fernández Seoane, Coñeira;Antolín Murias, Paciencia;e Juan Antonio Vega Seoane, Ánimas. Unha vez superado o inverno de 1936 este grupo xúntase coInca e o resto de fuxidos que quedan no Teixadal.
Así mesmo, no mes de xuño de 1937, a estes grupos vaise incorporar unha das personaxes máis coñecidos da bisbarra, como foi Manuel Álvarez Arias, Bailarín[4]. Ao seu arredor concéntrase todo tipo de lendas, algunhas certas e outras construción propias da transmisión da memoria colectiva dun lugar entre diferentes xeracións. Será no proceso de converterse en fuxido cando en Casaio se rompe o normal desenvolvemento dos acontecementos e, até certo punto, poderíamos falar do feito fundacional e a constatación da realidade da Guerra Civil. En Casaio non atopamos feitos violentos até ese momento, o asasinato de Jovita Martínez Robleda, Franca, a mans do Bailarín. Segundo as testemuñas, esta muller criaba un aguia, Bailarín mátaa e a Jovita ameázao con denuncialo á Guardia Civil. Nese mesmo mes de xuño de 1937, un Delegado Gubernativo ía visitar Casaio, sendo a mencionada Jovita a encargada de lle facer a comida, polo que lle pide ao Bailarín que cace un corzo, negándose este por estar en época de veda. Será a partir deste momento no que Jovita ameaza ao Bailarín con denuncialo por rojo, sendo asasinada por este, para evitar esa denuncia. OBailarín, un home de dereitas segundo os informes emitidos pola Guardia Civil, Alcalde de Carballeda e xefe de Falange, acaba por matar a súa veciña e tendo que “botarse ao monte” por unha cuestión nada relacionada ca política e o conflito militar, ou iso é o que se entende segundo a documentación da época. Con este disparo fractúrase definitivamente a sociedade campesiña de Casaio.
Marcelino de la Parra Casas, ATMT IV
Así mesmo, e como xa foi mencionado, a partir de finais do outono de 1937 unha parte dos evadidos que foran cara Asturias, comezarán o retorno cara as súas zonas de orixe. Entre outros, bercianos como Manuel Girón, Victorino Nieto ou o seu primo Leopoldo, valdeorreses como Manuel Blanco Pascual, Gerardo Núñez Rodríguez; ou o anarquista leonés Marcelino de la Parra Casas. Estes grupos aséntanse na comarca da Cabreira, mais comezan por ter unha presenza case constante nos montes de Casaio e unha mobilidade que os levará a contactar con boa parte dos grupos de fuxidos dos arredores, convertendo os vales de Casaio nunha especie de epicentro dos grupos de fuxidos do triángulo Bierzo-Ourense-Lugo. Ao longo dos anos 38 e 39 varias persoas máis do Bierzo e Valdeorras continuarían uníndose a estes grupos, creándose unha situación de semiestablecemento no entorno da Ermida de San Xil Vello, que durará, aproximadamente, até o ano 41.
que continuaron refugiándose en los antes conocidos por los “Vales de Casayo” e viviendo en las inmediaciones de los pueblos de Casayo, Ricosende e Soutadoiro, en dos chozos, uno de ellos situado al pie del arroyo que baja de los “Vales”, cuya choza se encuentra a unos diez metros e casi a la altura de la Ermita de San Gil e la otra choza más alta e unos quinientos metros de la otra, metida debajo de una peña; en la primera se oculta la cuadrilla del “Girón” con ocho hombres e en la última el “Aguirre” con tres hombres[5].
Contemporáneo ao asentamento dos grupos de fuxidos nesta zona vai a ser o desenvolvemento dunha serie de accións armadas e violentas entre estes grupos e as forzas militares franquistas, mudando así o medio prazo. O 22 de xaneiro de 1939, nun encontro fortuíto, un grupo de fuxidos vai acabar coa vida do Guardia Civil Felisindo Ameixeiras Pérez. Este feito prodúcese na casa de Mateo Valle e Isabel Fernández, familia política do Bailarín, e as consecuencias van a afectar a boa parte dafamilia[6]. Por un lado, os donos da casa e as súas fillas, Divina e Manuela, sairán cara a Portugal, moi probabelmente guiados polo mesmo grupo de fuxidos que cometera o asasinato do guardia. Por outro, Guillermo Valle e Encarnación Valle, pais políticos do Bailarín, son detidos, mentres que dúas das súas fillas, María e Clotilde, únense aos seus tíos camiño da fronteira portuguesa. Aeste grupo uniráselle África, Encarnación e Remedios Álvarez Valle, fillas de Manuel Álvarez, o das ovellas, e sobriñas tamén de Guillermo e Encarnación. Ademáis:
como al huir los familiares del mencionado Bailarín, dejaron abandonados en sus domicilios el ganado de su propiedad, la fuerza se incautó de el e el cual es el siguiente: seis reses lanares e siete cabrío, propiedad del Mateo Valle, dueño de la casa donde ocurrió el hecho; e una potra, tres vacas, una ternera, un lanar e 34 cabrío, propiedad estos de Guillermo Valle padre político del citado Bailarín. Todoeste ganado quedó depositado en el ayuntamiento del Barco de Valdeorras[7].
A práctica totalidade serían detidos entre febreiro e marzo, boa parte deles en Portugal, e deportados a Ourense. Dúas das persoas serían procesadas e “xulgadas” por un Tribunal Militar, Mateo Valle (absolto) e a súa filla Divina (condenada a quince anos). Dúas das mulleres que escaparon non se presentan e permanecen unidas aos grupos de fuxidos da zona, Manuela Valle Fernández e Remedios Álvarez Valle[8].
Non tardarían moito en regresar de Portugal, xa que nos meses de marzo e abril atopamos algunhas accións económicas que, moi posibelmente, foran realizadas polos grupos asentados neste vales de Casaio. Mais a confirmación definitiva do seu regreso atopámola o 16 de xuño, cando serían localizados outra vez en Casaio un grupo de 4 fuxidos. Este encontro rematará coa vida de Jaime Vega Yáñez, Sargento; a entrega de Manuela Valle Fernández; a detención de Manuel Álvarez, O das Ovellas; e a fuga de Alfredo Yáñez, Aguirre. Manuela permanecería algúns meses na cadea, pero a súa confesión provocará que non sufra ningún tipo de condena, mentres que, Manuel Álvarez Méndez será fusilado en Ourense o 30 de setembro dese mesmo ano[9]. Así mesmo, Adolfo Fernández, o outro fuxido veciño de Casaio, tamén se presenta diante das autoridades franquistas o 27 de xullo, sendo tamén condenado á última pena e fusilado na capital provincial o 26 de xaneiro do ano seguinte[10].
Este feitos farán mudar, de forma moi clara, a concepción dos grupos de fuxidos. Mentres que, até aquel momento, os oriúndos da zona tiñan moito peso, a paulatina desaparición destes dentro dos grupos van a deixar paso aos “novos”, aqueles combatentes do exército como Girón, Parra e outros, moito máis militarizados e politizados. Isto vai provocar, de facto, a separación de Manuel Álvarez Arias, Bailarín, quen só se va a unir a estes grupos en momentos puntuais, sobre todo relacionados con cuestión económicas, pasando a refuxiarse, segundo as testemuñas recollidas até o de agora, no chozo construído polo Inca no inverno do 36 no bosque do Teixadal[11].
[1] Archivo Histórico del Partido Comunista de España, Madrid (AHPCE), Informes y resúmenes de acciones guerrilleras, Mando Guerrillero, C. 105, carp. 2-1. A guerrilla de “Arnaldo” é de Arnado, Oencia, e a referida al Páramo, pertence a existente nos arredores de Lago de Carucedo (Carucedo, León).
[2] É moi posíbel que estes dous sexan Juan José Rodríguez Couso e Alfredo Yáñez Domínguez, Aguirre. Os tres foron acusados dun suposto asasinato na súa aldea e que, cremos, corresponde co relatado. Os tres foron declarados en rebeldía. ATMT IV, Fondo Ourense, C. 7/37.
[3] “Relatos de Domingo Rodríguez. Uno de los últimos guerrilleros que anduvo por tierras gallegas”, F. Hernando. Inédito. Arquivo Sputnik Labrego.
[4] O Bailarín bótase ao monte o 10 de xuño de 1937. ATMT IV, Fondo Ourense, C. 77/41.
[5] ATMT IV, Fondo Ourense, C. 189/41.
[6] Utilizamos este caso como exemplo paradigmático das redes de apoio aos grupos guerrilleiros e cómo vai a afectar a represión cara aos mesmos. Toda a información, en ATMT IV, Fondo Ourense, C. 71/39.
[7] ATMT IV, Fondo Ourense, C. 71/39, f. 5. Todo o gando foi vendido en pública subasta por orde do Gobernador Militar da provincia, por un total de 4.067,50 pesetas, que foron remitidas ao mesmo Gobernador. Íbidem, ff. 38 e 39.
[8] Esta última non sería detida até o ano 45 na cidade de Ourense, despois de permanecer bastante tempo vivindo na aldea de Serande (Vinhais,Portugal) e, moi probabelmente, nos chozos da “Ciudad de la Selva”. ATMT IV, Fondo Ourense, C. 213/45.
[9] ATMT IV, Fondo Ourense, CC. 710/39 e 718/39.
[10] ATMT IV, Fondo Ourense, C. 727/39.
[11] Afirmamos que a separación do Bailarín dos grupos produciuse antes do 27 de xullo de 1939, baseándonos na información aportada polo fuxido Adolfo Fernández N. en ATMT IV, Fondo Ourense, C.727/39.