Artigo publicado en historiadegalicia.gal
‘O Piloto‘, fuxido tristemente famoso, morto pola Garda Civil, en Belesa”. Este foi o titular do Diario “El Progreso” o 11 de maio de 1965. Con O Piloto desaparecía o último dos maquis. Para as autoridades, fuxidos desalmados e violentos que había que denunciar, apresar e executar; para outros, lendas case míticas protectoras dos bosques e das comunidades locais. O Piloto formou parte dese grupo de mouros contemporáneos que, xunto con outros fuxidos de lenda como Foucellas, Rocesvinto, Girón ou Quico, fuxiron ao monte e organizáronse para loitar contra a imposición dun réxime que consideraban inxusto. A súa lenda foi grande en parte porque moitos deles formaban parte das comunidades locais. Eran campesiños, traballadores ou pastores que se uniron a unha loita de vida ou morte e resistiron ao seu destino. A súa historia, a súa arqueoloxía e a súa memoria é en gran medida unha tarefa pendente. Sigue leyendo «Na procura da Cidade da Selva, o último gran campamento dos maquis en Galicia»