A Ciudad de la Selva na documentación escrita (III): A formación da Ciudad de la Selva.

(Texto redactado por Alejandro Rodríguez Gutiérrez e extraído do informe técnico da escavación da Ciudad de la Selva. Campaña 2018)

Valle de Morteiras, en Casaio

Esta perda de poder dos fuxidos oriúndos, especialmente do Bailarín, vaise ver referendada coa chegada no inverno de 1939, cando un feito casual vai mudar, novamente, o panorama dos grupos de fuxidos dos vales de Casaio e, co paso dos anos, de todo o Noroeste. Segundo Serrano (1986, p.157 e ss.), a finais de decembro de 1939, un grupo de fuxidos asturianos da localidade de Olloniego deciden tentar saír ao exilio a través de Portugal[1]facendo a viaxe en tren de dous en dous e concentrándose na fronteira portuguesa. Finalmente, o grupo chega a Sernande o día 31 de decembro de 1939, onde toman contacto con dous españois refuxiados nunha aldea do Concelho de Vinhais, Claudio Pousa Marqués, Joven;e o seu pai, Guillermo Pousa Pinza. Despois dun tiroteo coas forzas policiais portuguesas e sen contactos nin armas que lles permitan chegar até Porto, deciden volver sobre os seus pasos. O grupo contará co mesmo número de persoas, pero en lugar de Pambarato, ranquéante dunha ferida e medio coxo, que quedará en Sernande até a súa detención en agosto de 1946, únese Claudio Pousa, que se converterá no guía do grupo.

Tuvimos que cruzar la sierra, con una nieve enorme, pero felizmente tuvimos un compañero, que era de Ponferrada, anarquista, vegetariano, ¡pero que se orientaba como una venturra! e nos llevó a los célebres valles de Casayo.[…] Nos metimos por aquellos valles, que son muy profundos, con vegetación alta, e ahí empezamos a tener contacto con los primeros huidos. No eran asturianos, eran de aquellos pueblos.[2] Nos encontramos con algunos huidos, entre ellos Bailarín, quienes nos recibieron con mucha frialdad a pesar de que conocía a El Joven, nuestro guía. Montamos nuestros campamentos separados de estos nuevos compañeros e con guardia permanente, pues desconfiábamos también de nuestros vecinos. Nosotros significábamos para esos compañeros el fin de la tranquilidad con la que se desenvolvían, ya que aumentábamos el número de bocas e mayor número también para ocultarse. […] Desorientados en aquel ambiente hostil, planeábamos seguir viaje hacia Asturias cuando tuvimos la agradábel sorpresa de la llegada de un importante grupo encabezado por Manuel Girón, Marcelino de la Parra e Abelardo Gutiérrez. Varios de ellos eran excombatientes del Ejército Republicano. Nos abrazamos como viejos camaradas e nos brindaron la ayuda solidaria e la información necesaria.[3]

Manuel Luis Gómez Bueno. ATMT IV

Esta chegada aos vales de Casaio do grupo de asturianos tivo lugar, aproximadamente, no mes de febreiro de 1940 e, xunto co grupo de Girón, deciden asaltar a aldea de Villavieja (Priaranza del Bierzo), onde poderán conseguir armas e diñeiro necesarios para continuar a viaxe. Nas primeiras horas do 3 de marzo de 1940, mentres os veciños están escoitando misa, o grupo de fuxidos toma á igrexa e obriga a varios dos falangistas da localidade a entregarlles armas, diñeiro e comida. Sen embargo, o xefe de Falange, Leoncio Parra, consegue escapar e dar aviso á Guardia Civil da cercana localidade de Santalla. Pouco despois un continxente de guardias e soldados destacados en Carucedo cercan o lugar e sosteñen un tiroteo que deixará dous feridos e un detido entre os fuxidos[4]. Unha parte do grupo de asturianos e o Joven seguen camino a Asturias, pero Gafas, ferido, queda unido ao grupo de Girón.

“Antes de que partiesen, Girón les dijo: «Vosotros marcharos tranquilos, que éste duerme hoy en la casa de un cura» (Carlos G. Reigosa, 1996:47). Solo, desconocido de ellos. Ya empecé a hacer mi labor política. A hablar de la necesidad de canalizar ese esfuerzo, ese sacrificio, ese heroísmo que estábamos derrochando todos los días e me prestaron atención. Algunos, la minoría, resistieron, pero poco a poco les fuimos robando esa independencia que tenían por clave[5].”

Marcelino Fernández Villanueva, Gafas

A finais de abril dese mesmo ano 40, o grupo de asturianos e o Joven conseguen chegar novamente os montes de Sardín (Ribera de Arriba, Asturias), onde rapidamente toman contacto con varios dos compañeiros que quedaran atrás e, despois de varios días de planificación, saen de novo cara os montes de Casaio.

“Una nueva etapa en nuestras vidas se inicia en el atardecer del día 16 de Mayo de 1940.[…] Protegidos por la negra oscuridad de una noche fría e lluviosa, quince jóvenes curtidos en la lucha e la adversidad emprendemos la larga aventura en busca de la libertad encabezados por el inteligente guía, compañero Claudio Pousa ‘El Joven’[6].”

Despois dun mes e once días de travesía polos montes de Asturias, León e Galiza, un grupo de 8 asturianos conseguen chegar a Soutadoiro o día 26 de xuño, segundo relata o propio Mario Morán.

“A una hora temprana de aquella noche del 25 de junio cenamos e pasamos la noche en la casa del enlace deeste pueblo e en la madrugada, antes del alba, nos fuimos a lo alto de la montaña por cuyas cumbres pastaban grandes rebaños de ovejas merinas procedentes de las provincias extremeñas, cuyos rebaños representaban una gran despensa de carne para los grupos de aquellas zonas. Sin esperarlos nos encontramos con dos compañeros componentes del grupo de Girón[7] quienes nos informan donde localizar a unos compañeros en las inmediaciones de Ricosende e Soutadoiro. A pleno día iniciamos la marcha los ocho de nuestro grupo, ya que Arcadio e Valentín se fueron con los dos compañeros a allí nos encontramos que se iban a pasar unos días en casa del enlace de Lomba[8]. Procurando no dar vista al pueblo de Casayo por el norte e al de La Baña por el sur nos internamos por las alturas de Peña Trevinca e montes de Casayo, entrando ya bien caída la noche en la aldea de Soutadoiro estableciendo contacto allí mismo con los numerosos compañeros por allí acampados. Pero era tiempo de dormir e descansar. A partir de entonces se inicia un nuevo capítulo en compañía de tantos huidos[9].”

Comparecencia de Manuel Jesús López Blanco

Mentreseste grupo sobrevive na súa particular “travesía polo deserto”, temos que nos referir tamén a un feito violento que vai marcar, até certo punto, o final dos fuxidos oriúndos de Casaio, xa só centrados no Bailarín. Na madrugada do día 19 e 20 de abril de 1940, un numeroso grupo de fuxidos asentados nos vales de Casaio, cometen nas localidades zamoranas de Mercado del Puente e Galende un acto de vinganza, onde acabarán coa vida de cinco veciños destas localidades, ademáis de facerse cunha importantísima cantidade económica en efectivo, de máis de 88.000 pesetas. Nesta acción tamén participa o Bailarín, segundo as testemuñas dalgúns dos fuxidos que naquel momento están no monte, e será o reparto do devandito botín o que levará a un enfrontamento directo entreeste e Manuel Girón, sen dúbida quen máis peso tiña dentro do grupo. Esta discusión levará ao Bailarín a unha situación na que últimamente tenía que andar tan escondido de ellos como de la fuerza de orden público[10]. Polo tanto, tentará facerse confidente das devanditas forzas, segundo se desprende das súas declaracións. O certo é que o 2 de agosto de 1940, Manuel Álvarez Arias, Bailarín,preséntase de maneira oficial á Guardia Civil de Casaio, sendo trasladado cara o Barco de Valdeorras e despois a Ourense, onde foi condenado por un Tribunal militar á última pena. Foi fusilado na capital da provincia o 12 de xuño de 1943[11].

Menos dun mes despois da chegada da segunda expedición de asturianos aos vales de Casaio, o 27 de xullo de 1940, unha expedición de 28 persoas saíron cara a fronteira portuguesa, onde chegarían 3 días despois e onde, polo menos, outros 6 fuxidos se unirían no campamento situado nas proximidades de Sernande, no lugar dos Callostros, na confluencia dos ríos Rabazal e Assureira. Despois duns días de descanso, comezan a saír do lugar con diferentes direccións. Polo menos 3 dos fuxidos conseguiron chegar a Porto, onde pasan o inverno e son detidos o 5 de marzo de 1941 en Vila Nova de Gaia[12]. O día 12 de agosto, outra expedición sae en taxi, sendo descuberta á entrada de Vinhais, onde caerá morto Gilberto Cuadrado Soto e detido Manuel Rodríguez Fernández, conseguido saír do cerco os outros tres[13]. Ante estes feitos, o resto dos fuxidos, aínda na contorna de Sernande, deciden dividirse en tres grupos. O primeiro, formado por nove fuxidos, saen cara os límites de Portugal e Pontevedra, guiados por Antonio García García, Brasileño[14]. Un segundo grupo de sete homes, guiado por Silvestre López Moral, sae cara o sur de Vinhais e Bragança, onde van a permanecer varios meses máis[15]. Finalmente, o terceiro dos grupos, encabezado por Manuel Girón, retornará cara aos vales de Casaio, onde chegarán a finais do mes de setembro[16]. A súa chegada volverán a instalarse nos mesmos chozos próximos á Ermida de San Xil, onde permanecía o grupo formado polo Inca, Aguirre e varios máis[17].

Coa mesma dinámica de pequenos asaltos e subsistencia, estes grupos de fuxidos pasarán o inverno de 1940-41, descoñecendo o acontecido para a maior parte dos grupos que quedaran en Portugal. No mes de febreiro dese mesmo ano, un feito vai facer mudar o lugar de agocho destes grupos. O 25 de xaneiro Coñeira e Manuel Jesús López saen cara a aldea de Xares (A Veiga), de onde o primeiro era natural, co fin de visitar á súa nai, enferma. Dez días despois, retornan cara os vales de Casaio, pasando a noite do 5 de febreiro nunha palleira na aldea de Soutadoiro. Esa mesma mañá son descubertos por forzas da Policía Armada, acabando detido Manuel Jesús. Este acabará por confesar a situación dos chozos no entorno da Ermida de San Xil[18]. Descoñecemos se en algún momento as forzas policiais chegaron a tentar buscar estes lugares, pero do que si temos certeza es queeste feito provocará que os dous grupos muden os campamentos cara zonas máis elevadas da mesma montaña, concretamente cara os vales das Morteiras e da Bruña. Isto vaise ver reforzado pola chegada, no mes de abril, dunha parte dos compañeiros que quedaran en Portugal, que se habían xuntado novamente en Sernande[19].

Tendo en conta estes condicionantes e flutuacións en canto a número, cremos que neste momento existían nos vales de Casaio un total de 22 fuxidos e que as condicións nas que supostamente estaban establecidos, en dous chozos, facíase imposíbel a súa coexistencia. Xa no mes de xullo, coa detención dun dos puntos de apoio que o grupo do Aguirre e o Inca tiñan no propio Casaio, vai por á Guardia Civil sobre a pista deste novo lugar. Contemplación Álvarez Carrera, veciña do barrio de Cadenaia, a que nun rexistro domiciliario atopan 25 caixas de tabaco e 53 ovos, declara que “las tenía en su casa para que las recogiesen un tal Domingo e un tal Alfredo, huidos e que tienen su guarida en unión de tres más en la Sierra de la Mortera en un valle e en dos cuevas, una debajo de la cascada e otra encima donde empieza[20].”

Mención ás «Morteras» [sic]

A actividade dos meses de verán e primeiros do outono, coa repartición dos asturianos entre os grupos de bercianos e de galegos, farán aumentar a complicidade entre os grupos, ademais de continuar comprobando as posibilidades de expansión da loita que tiña toda a zona.É máis, a comezos do verán se nombraron los mandos de grupo, paso previo á formación dunha guerrilla organizada. A finais do outono de 1941, despois de varios meses proveéndose de diñeiro, roupa e alimentos,

“la otra parte del grupo, conducido por Girón e Parra se van directamente a Castrohinojo con el propósito de preparar diez caballos bien cargados de alimentos como arroz, garbanzos, alubias,chocolate e conservas, así como tabaco, para transportarlos a los valles de Casayo, la conocida por nosotros como Ciudad de la Selva, donde el resto de los compañeros nos abocamos a la tarea de construir un amplio e cómodo campamento entre el tupido bosque para el cobijo del numeroso grupo de Girón e visitantes que cayésemos por allí. No lejos de allí estaba el campamento del grupo de ‘El Inca’[21].”

Entendemos que é neste momento no que nace, de maneira oficial, a Ciudad de la Selva, no outono-inverno de 1941, coa instalación dos grupos e a construción de chozos nos vales das Morteiras e da Bruña.

[1] O grupo estaba formado por Marcelino Fernández Villanueva, Gafas;Aladino González, Amador e Benjamín Pello, Ángel Rodríguez Saldaña, Manuel Luis Gómez Bueno, Pambarato;Ovidio González Vázquez, Pollón; e Tomás Fernández Castro, Capitán Fantasma.

[2] Archivo de la Fundación Pablo Iglesias (AFPI), Entrevista con Marcelino Fernández Villanueva, Gafas. Madrid, 23 de agosto de 1984, p. 17. En adiante, Entrevista Villanueva.

[3] Testemuña de Marcelino Fernández Villanueva, Gafas, citada por Serrano (1986: 158).

[4] Os feridos foron Gafas e Benjamín Pello, mentres que o detido e posteriormente asasinado como consecuencia das torturas recibidas foi Ángel Rodríguez Saldaña. ATMT IV, Fondo León, C. 216/40 e Serrano (1986: 159), Heine (1980: 32).

[5] Entrevista Villanueva, p. 18.

[6] AFPI, “El rescoldo de una hoguera”, Memorias de Mario Morán, inéditas, pp. 39 e ss. En adiante, Memorias Morán.

[7] Estes eran Domingo Valle Cañal e Manuel Blanco Pascual.

[8] O lugar o que se refiren era a casa familiar de Laura Blanco Rodríguez e o seu fillo Manuel Jesús López Blanco. O día 6 de xullo un continxente de tropas regulares localiza nesta casa de Lomba aos catro fuxidos, conseguido acabar coa vida de Blanco Pascual e Valle Cañal, mentres que conseguiron escapar Arcadio Ríos e Valentín García, uníndose aos grupos guerrilleiros Laura e Manuel Jesús. No combate sostido entre forzas e fuxidos tamén morreu un soldado regular. ATMT IV, Fondo Ourense, C. 189/41.

[9] Memorias Morán, p. 51. Segundo as referencias deixadas por César Ríos a súa chegada a Soutadoiro tivo lugar o 2 de xullo, pero baseándonos neste mesmo e na referencia do combate anterior, é moi posíbel que a mesma non tivera lugar até o 9 de xullo. AFPI, Carpeta César Ríos, f. 22.

[10] ATMT IV, Fondo Ourense, C. 77/41.

[11] Íbidem.

[12] Estes serían Rogelio Rodríguez López (Soulecín, O Barco de Valdeorras), Gerardo Núñez Rodríguez (O Val, Rubiá) e Constantino Santos Morán (Bembibre, León). Deportados no mes de maio, foron fusilados o 2 de outubro dese mesmo ano en Ourense. ATMT IV, Fondo Ourense, 127/41.

[13] Segundo Serrano (1986), p. 165, estes eran Marcelino Fernández Villanueva, Gafas;Luis Gómez Bueno, Pambarato;e Saturnino Rodríguez Fernández.

[14] O resto de compoñentes eran Sebastián Rodríguez López, Manuel Monteserín, Serín;Agio Álvarez Cantora, Arcadio Ríos Rodríguez, Guillermo Morán García, Valentín García, Claudio Pousa Marqués, Joven;e Gerardo Blanco. Memorias Morán, p. 54.

[15] O grupo estaba formado por César Ríos Rodríguez, Ovidio González Vázquez, Pollón;Alfredo Blanco, Guillermo Pousa Pinza, Mario Morán García e Juan Bautista Martínez Barba, Cojo. Silvestre e Cojo serían detidos o 1 de setembro, deportados a España e condenados a morte en Oviedo, onde serían fusilados o 15 de maio de 1941. ATMT IV, Fondo Asturias, C. 991/40.

[16] Afirmamos isto debido a que nese mes comézase a notar a súa presencia en forma de accións económicas. O grupo que retorna para os vales de Casaio estaba formado por Girón, Marcelino de la Parra, Manuel Jesús López, Eduardo Pérez Vega, Tameirón;Enrique Oviedo Blanco, Chapa; Abelardo Macías Fernández, Liebre;Arturo López Delgado, Santos López García, Ildefonso Fernández Seoane, Coñeira; e Juan Antonio Vega Seoane, Ánimas. A pesar de que Mario Morán afirma nas súas memorias que son 11 os fuxidos que retornan a Casaio, non coñecemos a identidade da última persoa. Memorias Morán, p. 54.

[17] Segundo a testemuña de Manuel Jesús López Blanco, o grupo estaría formado por Alfredo Yáñez Domínguez, Aguirre;Domingo Antonio Fernández Prieto, Líos;Domingo Rodríguez Rodríguez, Inca;Juan Álvarez Escuredo e Francisco Rodríguez Arias, Serio.

[18] ATMT IV, Fondo Ourense, C. 189/41.

[19] En concreto, estes era os irmáns Ríos Rodríguez, os irmáns Morán García, Pollón, Serín e Sebastián Rodríguez López.

[20] ATMT IV, Fondo Ourense, C. 549/41, f. 13.

[21] Memorias Morán, p. 62.

 

Bibliografía

Reigosa, Carlos G.: La agonía del León. Alianza, Madrid: 1996

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s