Materiais cerámicos tardíos no castro de Viladonga (II): Cerámica común romana e producións engobadas

Escavacións antigas en Viladonga. Fuente: CROA

Texto extraído do artigo: TEJERIZO GARCÍA, C., RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, C., y FERNÁNDEZ PEREIRO, M. (2018): «Materiais cerámicos tardíos (ss. IV-VI d.C.) no castro de Viladonga». CROA. Boletín da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga, 28, 36-52 (descarga aquí).

 

Cerámica Común Romana e Ánforas
Baixo a categoría de “Cerámica Común Romana” (CCR) inclúense aquelas producións feitas mediante torno rápido, de cocción plenamente oxidante ou mixta máis oxidante cara ao exterior. Dentro deste conxunto diferenciamos unha variedade máis depurada (CCRA), posiblemente asociada ás producións destinadas a contención de líquidos, e outra con pouca depuración (CCRB), destinada principalmente á cociña. Cabe destacar que esta última é a produción máis numerosa nos contextos tardíos do castro, con máis dun terzo das pezas analizadas (36,15% do total) o que demostra a súa continuidade até os últimos momentos da ocupación imperial do noroeste peninsular. Sigue leyendo «Materiais cerámicos tardíos no castro de Viladonga (II): Cerámica común romana e producións engobadas»

Materiais cerámicos tardíos no castro de Viladonga (I): introdución e a Terra Sigillata Hispánica Tardía

(Texto extraído do artigo publicado na revista CROA)

O xacemento de Viladonga é, sen dúbida, un dos castro máis relevantes, non só do noroeste, senón de todo o centro e do norte peninsular. Isto débese a varios factores: en primeiro lugar, é un dos castros que conta cunha historiografía máis complexa e completa, e dos máis amplamente escavados (VIGIL-ESCALERA y TEJERIZO GARCÍA, 2014). Sigue leyendo «Materiais cerámicos tardíos no castro de Viladonga (I): introdución e a Terra Sigillata Hispánica Tardía»

«O exército de fume» de Manuel Gago (Xerais, 2018) ou a creación dos heroes gallegos

– Ramallo, non sei se lle importa ou non, pero teño que dicirlle unha cousa. Vostedes serán uns heroes. Algún día os nenos esudaranos na escola…

Ramallo pensou, Por que aquel home dicía que ían ser heroes? Que heroes houbera en Galicia? Non recordaba ningún. Á entrada de Carral ergueran un monumento a uns mártires do século pasado, que el vía sempre cando ía para A Coruña e paraba a tomarlle unha cunca nunha taberna da praza. Uns soldados, seica, aos que fusilaran. Viuna moitas veces. Pero el non lembraba os nomes daqueles mártires. Ninguén falaba deles. En Galicia os heroes non teñen nome. Case mellor non ter nome nin apelidos, cando se é un heroe en Galicia, pensou el Sigue leyendo ««O exército de fume» de Manuel Gago (Xerais, 2018) ou a creación dos heroes gallegos»

Por que a «Ciudad de la Selva» é a «Ciudad de la Selva»?

Levamos máis de dous anos traballando na «Ciudad de la Selva» con resultados moi significativos. Pero, se onde sae o nome da «Ciudad de la Selva» para chamar ao conxunto de campamentos da guerrilla nos montes de Casaio? Quen bautizou o lugar onde, din, era o único sitio no que podía verse a bandeira republicana?

Val de Morteiras. Un dos sitios principais da «Ciudad de la Selva»

Sigue leyendo «Por que a «Ciudad de la Selva» é a «Ciudad de la Selva»?»

Ermida (Quiroga, Lugo) e o poder eclesiástico na época dos Suevos

A Ermida en Quiroga

Este xacemento (nº de ficha GA27052023) sitúase na parroquia da Santa María da Ermida, a menos de dous quilómetros ao nordeste da vila de Quiroga, nas coordenadas UTM 29N (ETRS 89) X: 643768 Y: 4704754. Fisicamente localizamos un outeiro que se eleva ao norte do río Quiroga pouco antes da súa unión co río Sil. Ao suroeste do Castro da Ermida localízase o Castro de Ameixeiras (GA27050042).

O importancia do sitio de Quiroga para o estudo do territorio do interior da Gallaecia en época postromana ten a ver, entre outras cousas, cunha moi antiga referencia documental que temos sobre este espazo. Concretamente referímonos a referencia do lugar de Carioca no coñecido como Parochiale Suevum (ed. López Sangil, 2011: 42-46, d. 6). Este documento, de finais do século VI d.C., é basicamente unha relación das dioceses e as súas correspondentes «ecclesiae», cuxa análise permite unha aproximación á estrutura eclesiástica e territorial do antigo reino suevo (Díaz Martínez, 2011; Díaz Y Díaz, 1995; Sánchez Pardo, 2014). A presenza do Crismón de Quiroga (ver máis adiante), podería suxerir, que o santuario de Santa María da Ermida fora «la heredera de aquella primitiva parroquia de época sueva» (Sánchez Pardo, 2014: 443). Sigue leyendo «Ermida (Quiroga, Lugo) e o poder eclesiástico na época dos Suevos»

A romanización do val do Sil: O Castrelo de Proendos (Sober, Lugo)

Fotografía aérea do sitio de Castrelo de Proendos

O informe destes traballos pódese atoar aquí e o artigo publicado aquí.

A parroquia de Santa María de Proendos localízase nunha chaira elevada situada entre o río Sil e o río Cabe. Nesta planicie, no seu extremo suroeste sitúase un pequeno outeiro onde se sitúa o Castrelo de Proendos. Nas fichas de catalogación previas (GA27059005) informan que, por mor da vexetación, non se pode caracterizar. Sigue leyendo «A romanización do val do Sil: O Castrelo de Proendos (Sober, Lugo)»

Santa María de Mones: a longa duración na ocupación dos castros

O xacemento de Santa María de Mones forma parte da parroquia homónima do concello de Petín. Está situada na ribeira sur do río Sil, que discorre a escasos metros. O castro, e a igrexa que se atopa na súa croa, está situado noutro esporón da mesma formación xeolóxica que Valencia do Sil, que se sitúa a 3,2 km. en dirección NL.

Localización do sitio de Santa María de Mones

O sitio está moi alterado pola instalación de viñedos tanto en la parte central da croa -aquela superficie que non está ocupada pola igrexa- e dos seus arredores. A comparación coa fotografía aérea do voo americano mostra que este proceso tivo moita incidencia na segunda metade do século XX. Fronte ao caso de Valencia do Sil, por exemplo, o terreo preséntase moito máis chairo, o que podería indicar unha menor incidencia sobre as estruturas máis antigas. Isto provocou, con todo, a desaparición a nivel superficial das arquitecturas relacionadas co castro, como é a potencial muralla orixinal ou estruturas domésticas. Sigue leyendo «Santa María de Mones: a longa duración na ocupación dos castros»

O castro de Penadominga: o control das economías locais

 Localización do sitio de Penadominga

O xacemento de Penadominga sitúase na parroquia de Bendollo no concello de Quiroga nun pequeno penedo rodeado polo Regueiro das Casas e preto do arroio de Peizais, a 0,6 km. no sueste de Bendollo. Este penedo forma parte das últimas abas da Serra dos Cabalos, ao sur da Serra do Courel. O camiño que rodea Penadominga é un camiño tradicional de paso entre o Sil e a comarca de Valdeorras e unha zona de tránsito dos comerciantes de viño desde Valdeorras a Lugo [1] e tamén da gandería da zona. Pola parte sur do xacemento transcorre un antigo camiño que une estas dúas zonas que se aprecia moi ben no voo americano de 1956. Tradicionalmente, o xacemento foi interpretado como un establecemento mineiro para a explotación do ouro da zona e datado entre os séculos V e VII d.C.

 Fotografía do voo americano do sitio de Penadominga

O xacemento é coñecido de antigo, aínda que a información dispoñible é moi escasa e fragmentaria. A primeira «noticia» que encontramos do xacemento é a entrega de diversos materiais do xacemento por parte de José Pérez, veciño de Bendollo, ao Museo de Lugo en 1950 e que incluían un importante conxunto de moedas e os coñecidos obxectos de bronce. Máis recentemente, durante unhas prospeccións para a comprobación do estado do sitio descubriuse un espoliador co detector de metales no entorno do xacemento, máis sen causar danos aparentes o sitio.

A pesar de que o sitio apenas está alterado debido o seu difícil acceso, as estruturas orixinais do castro conservadas na actualidade son moi escasas. A estrutura máis visible é un pequeno foso, moi arrasado, que circunda o xacemento polos seus lados E, S e SW. Aínda que a súa localización, nun esporón a media ladeira, permite aproveitar os accidentes naturais como defensa, nalgunhas partes do zona SW do sitio atopáronse restos de muros feitos de mampostos de pedra local que poderían corresponder a pequenos lenzos de muralla. Non se puido localizar con precisión o sitio onde se atoparon os materiais metálicos depositados no museo, máis a hipótese máis factible é que estes foron achados próximos a entrada do recinto defensivo, na zona Este do xacemento.

Muro atopado no extremo oeste do sitio

As moedas foron analizadas por primeira vez nunha publicación sobre a circulación monetaria do século cuarto na Gallaecia, onde se menciona o achado dun conxunto de moedas no xacemento (Busto, 1973-1974). O conxunto será revisado en 1993 por J.J. Cepeda noutro artigo, onde se di que «únicamente nos ha sido posible saber que fueron localizadas por un vecino del lugar en fecha indeterminada» (Cepeda, 1993: 91). O conxunto está composto por 90 moedas, das cales 88 pertencen ao século IV d.C. e dous exemplares do século II d.C., se ben que é dubidosa a súa localización no entorno concreto do castro, segundo J.J. Cepeda. O autor fecha a circulación destas moedas na segunda metade do século IV d.C. (Cepeda, 1993: 101).

Outros materiais de especial relevancia procedentes do xacemento son os coñecidos broches de cinto. Os dous broches pertencen á tipoloxía de broches militares o cingula militae que F. Pérez e A. Viñe inclúen no «tipo Simancas», caracterizado por unha placa rectangular estreita e alargada, decoración calada e variabilidade na forma da fibela (Pérez Rodríguez, 1992). Os exemplares do Penadominga mostran fibelas distintas: unha en forma ovalada e a outra con forma trapezoidal. A dispersión destes broches pola península ibérica é grande, localizándose en xacementos como Fuentespreadas (Zamora), a Morterona (Palencia) ou Simancas (Valladolid). Este tipo de broches, ademais, relaciónanse normalmente coas chamadas «necrópoles pos-imperiais» e cun ethos de tipo militar (Pérez Rodríguez, 1992; Vigil-Escalera, 2015), o que podería indicar a presenza dunha destas necrópoles no contexto de Penadominga. Deste xeito, os broches de Penadominga poderían datarse entre o finais do século IV d.C. e, máis posibelmente, no século V d.C. O conxunto metálico procedente do castro complétase cun posíbel brocado de cabalo, co paralelos na necrópoles de Fuentespreadas ou na villa tardorromana de La Olmeda, no mesmo momento cronolóxico (Abásolo Álvarez et al., 1997; Caballero Zoreda, 1974).

Broche de cinto atopado en Penadominga

Nesta campaña tivemos a ocasión de revisar o pequeno conxunto de cerámicas depositadas no Museo de Lugo. No conxunto destacan as producións de sigillata tardía, todas coa forma de cunca 37t, co decoración mediante círculos concéntricos, ángulos e medias lúas propias do chamado «segundo estilo» de Mayet ou pertencentes ao grupo 2A/B de Vigil Escalera (Vigil-Escalera, 2015: 290-291 y 294-297). Estas formas dátanse a partir do último cuarto do século IV e ata a metade do século V d.C. A forma PEN-7, polo seu engobe, podería pertencer a unha forma de Cerámica de Imitación de Sigillata descritas por L.C. Juan Tovar (Juan Tovar, 2012), se ben esta adscrición é dubidosa. Máis probábel é que esta peza se corresponda coas formas engobadas PEN-8 e PEN-9, xa que as tres son formas cerradas e ten decoración mediante liñas brunidas verticais e cruzadas. Estas cerámicas poderían corresponder a producións baixoimperiais da cidade de Lugo, similares as formas EJ1 e EJ2 de E.J. Alcorta e R. Bartolomé Abraira, como mostran os seus traballos sobre a cerámica do encrave lucense (Alcorta Irastorza, 2001; Alcorta Irastorza y Bartolomé Abraira, 2012). Polo tanto, o (pequeno) conxunto de cerámicas de Penadominga mostraría unha ocupación do finais do século cuarto e a primeira metade do século V d.C., coherentes co análise das moedas e dos broches xa coñecidos do sitio.

Debuxo de materiais do sitio de Penadominga

A cultura material do sitio complétase con o achado dunha laxa de xisto (de 47×32,5×6 cm. de dimensións) gravada co liñas cruzadas que foi interpretada como un taboleiro de xogo de «alquerque de nove». Os taboleiros de xogo son relativamente comúns en todo o occidente europeo dende o período romano en adiante[2] (Costas Goberna y Hidalgo Cuñarro, 1997), localizándose outros exemplos no área da actual Galiza. Con todo, é máis raro documentar estes taboleiros no laxas de xisto, sendo comunmente atopados formando parte dos edificios, na cantaría, nas pedras da construción ou nas formacións rochosas do entorno. É posíbel que o taboleiro de Penadominga pertencera orixinalmente a un edificio do entorno, sen descartar que fora un taboleiro móbil.

Brocado de cabalo do sitio de Penadominga

Penadominga é un dos sitios máis representativos do época tardorromana e sueva no interior da Gallaecia e no entorno do Sil e forma parte da maioría das narrativas académicas sobre este período (Sánchez Pardo, 2012). Con todo, a información relacionada co sitio é moi escasa e moi fragmentada. A exploración in situ do sitio non revelou novos dados sobre o entorno, pouco alterado debido o seu illamento máis escaso de estruturas arqueolóxicas visíbeis na actualidade. Polo contrario, a revisión dos materiais cerámicos do xacemento permitiron centrar a cronoloxía de ocupación do sitio nos momentos finais do século IV e durante o século V d.C., non existindo dados que permitan afirmar unha ocupación anterior ou posterior a este momento.

A localización de Penadominga, metida nunha quebrada e cun control sobre o paso do Sil levou a algúns autores a propoñer unha relación deste sitio coa explotación de ouro na época tardorromana. Porén, o estudo espacial do sitio permite suxerir a hipótese de que este sitio podería tamén servir como zona de control dos camiños adxacentes relacionados cos movementos de poboación y/o gandeiros. Futuras investigacións sobre o xacemento, que poderían incluír sondaxes arqueolóxicos na zona este do sitio, permitirán profundar a historia do sitio.

Modelo dixital do terreo do sitio de Penadominga

Notas

[1] https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2014/12/26/llevaban-vino-lugo-arrieros/0003_201412M26C4991.htm

[2] Unha recopilación moi interesante pódese consultar en http://juegosdetablerosromanosymedievales.blogspot.com.ar/

Bibliografía

ABÁSOLO ÁLVAREZ, José Antonio; CORTES, Javier, y RODRÍGUEZ ARAGÓN, F. Pérez: La necrópolis Norte de la Olmeda. Diputación Provincial de Palencia, Palencia: 1997

ALCORTA IRASTORZA, Enrique J.: Lucus Augusti (vol. II): cerámica común de cocina y mesa hallada en las excavaciones de la ciudad. Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña: 2001

ALCORTA IRASTORZA, Enrique J., y BARTOLOMÉ ABRAIRA, Roberto: «Muestras de cerámica engobada romana de producción local de Lucus Augusti (Lugo)». En: BERNAL CASASOLA, Darío y RIBERA I LACOMBA, Albert (eds.), Cerámicas hispanorromanas II. Producciones regionales. Universidad de Cádiz, Cádiz: 2012, 699-724

BUSTO, Fariña: «Algunos aspectos de la circulación monetaria en Gallecia durante el siglo IV de d.C.». Numisma, 120-131,  1973-1974, 105-128.

CABALLERO ZOREDA, Luis: La necrópolis tardorromana de Fuentespreadas (Zamora): un asentamiento en el valle del Duero (Vol. 80). Ministerio de Educación y Ciencia, Madrid: 1974

CEPEDA, Juan José: «Monedas procedentes del castro de Penadominga (Bendollo, Quiroga. Lugo)». Numisma, 232,  1993, 91-107.

COSTAS GOBERNA, Fernando Javier, y HIDALGO CUÑARRO, José Manuel: Los juegos de tablero en Galicia. Aproximación a los juegos sobre tableros en piedra desde la Antigüedad clásica al Medievo. Celticar, Vigo: 1997

JUAN TOVAR, Luis Carlos: «Las cerámicas imitación de sigillata (CIS) en la Meseta Norte durante el siglo V. Nuevos testimonios y precisiones cronológicas». En: FERNÁNDEZ IBÁÑEZ, Carmelo y BOHIGAS ROLDÁN, Ramón (eds.), In durii regione romanitas. Homenaje a Javier Cortes, Santander/Palencia: 2012, 365-372

PÉREZ RODRÍGUEZ, Fernando: «Los cingula militae tardorromanos de la Península Ibérica». Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología, LVIII,  1992, 239-262.

SÁNCHEZ PARDO, José Carlos: «Castros, castillos y otras fortificaciones en el paisaje sociopolítico de Galicia (siglos IV-XI)». En: QUIRÓS CASTILLO, J y TEJADO SEBASTIÁN, José María (eds.), Los castillos altomedievales en el noroeste de la Península Ibérica. Universidad del País Vasco, Bilbao: 2012, 29-56

VIGIL-ESCALERA, Alfonso: Los primeros paisajes altomedievales en el interior de Hispania. Registros campesinos del siglo quinto d.C. Universidad del País Vasco, Bilbao: 2015

Entre o imperio, o reino suevo e os mosteiros: o poboamento na ribeira do Sil na «Idade Escura»

       O triunfo da morte – Pieter Brueghel o vello (1562)

Escribe Casimiro Torres no seu libro Galicia Sueva (1977) que: «Hasta esta fecha [409] Galicia es un retazo del Imperio Romano, y aunque país extremoso y con particularidades étnicas, geográficas y medioambientales, participa de la uniformidad implantada por Roma, a la que damos el nombre de Romanidad; y en sus últimos años no sólo se encuentra sometida sino solidaria de los intereses del Imperio Romano. Con la entrada de los pueblos bárbaros en España y la estabilización de los suevos en Galicia, después de varios años de desorden y confusión, se acentúa la fisonomía particular de la Región Gallega, y los rasgos fundamentales de su personalidad histórica». Non hai dúbida de que os séculos posteriores ao desmantelamento do Imperio Romano foron cruciais para á conformación política, social e económica non só de Galicia, mais de toda a Península Ibérica. Porén, aínda é unha idade coñecida como «escura», pola falta de documentación escrita que nos informe sobre estes fundamentais cambios.

A idea dunha «Idade Escura», baseada na relativa ausencia de textos escritos, debuxaba un panorama moi miserable para as sociedades e comunidades locais posromanas, constrinxidas polas catástrofes naturais, as guerras e a pillaxe. Unha idea moi vinculada ás elites, a minoría social que podía ler e escribir, que pouco a pouco a arqueoloxía foi matizando. Dentro do noso proxecto de estudo da arqueoloxía das sociedades labregas tradicionais, estamos a estudar as mudanzas no sistema de poboamento na ribeira do río Sil, onde en xuño de 2017 tivemos a oportunidade de facer os nosos primeiros traballos na zona. Mediante estes, queriamos contrastar a hipótese de que as sociedades locais, campesiñas, eran moito máis dinámicas e activas do que normalmente se desprendía dos estudos de esta época. Como mostraremos nas próximas entradas, cremos que o conseguimos.

O área en torno ao río Sil preséntase coma un espazo de estudio privilexiado para analizar as mudanzas no sistema do poboamento tras o Imperio Romano, xa que é onde se localizan algúns dos asentamentos fortificados máis significativos dentro do proceso de desintegración do Imperio Romano e da construción do Estado suevo, caso de Penadominga (Quiroga, Lugo), Formigueiros (Samos, Lugo) ou Valencia do Sil (Vilamartín de Valdeorras, Ourense), e moi próximos a outros asentamentos coñecidos e de grande importancia histórica e patrimonial, como Castro Ventosa ou a vila de Cigarrosa. Podedes comprobar nos primeiros mapas que recompilan a información arqueolóxica coñecida, que se trata dun territorio especialmente interesante para abordar esta temática, cunha cantidade de información arqueolóxica moi sobresaínte.

Xacementos romanos e de época sueva na ribeira do Sil

As nosas investigacións centráronse, polo momento, nos castros na zona e, especificamente, aqueles chamados «tardíos», isto é, os sitios ocupados nos momentos finais do Imperio Romano e durante a época sueva. Malia que o fenómeno da “ocupación tardía” destes castros é un feito recoñecido, aínda non existe unha masa crítica que o fundamente empiricamente e, moito menos, unha interpretación sólida sobre as causas sociais, políticas e económicas que expliquen este fenómeno nel contexto do nacemento do Estado Suevo. É por iso que o noso primeiro obxectivo foi a análise exhaustiva de toda a información documental e arqueolóxica dispoñible para cada caso en particular, con sorprendentes resultados.

Nestas semanas divulgaremos aquí os principais resultados destas primeiras investigacións, que podedes tamén ver neste artigo.

Pardollán e Vilar de Silva: terra de guerrilleiros

             Miradoiro da Cruz hacia a pena Enciñeira e a N-120

Neste percorrido que estamos a facer pola antiga N-120, hoxe ímonos parar en duas aldeas dende as que se divisan moitos kilómetros desta estrada. Namarxe galega do Sil, aló onde o río fai de “fronteira”, atoparon os grupos guerrilleiros un lugar de agochamento durante varios anos. Pardollán e Vilar de Silva, en pleno corazón da Serra da Enciña da Lastra, no concello ourensán de Rubiá. Sigue leyendo «Pardollán e Vilar de Silva: terra de guerrilleiros»