
Neste percorrido que estamos a facer pola antiga N-120, hoxe ímonos parar en duas aldeas dende as que se divisan moitos kilómetros desta estrada. Namarxe galega do Sil, aló onde o río fai de “fronteira”, atoparon os grupos guerrilleiros un lugar de agochamento durante varios anos. Pardollán e Vilar de Silva, en pleno corazón da Serra da Enciña da Lastra, no concello ourensán de Rubiá.
Terra indíxena, algunhas das teorías falan que este lugar fora un dos epicentros do “Monte Medulio”, lugar emblemático na resistencia contra a invasión romana do noroeste da Península. Tamén aquí localízase unha pequena mina de ouro explotada polo Imperio, a mina de Melgotos. E algúns dos restos románicos máis singulares de Valdeorras, que non sabemos canto poden durar en pé – desto falaremos outro día… –.

Foi nestas aldeas, nos seus montes, ondexa o 15 de agosto do 36 os falanxistas sedentos de sangue asasinaron a dúas personas agochadas no monte. Dende ese momento, varios vecinos máis escapan ó monte, algún deles para non volver nunca máis. De Pardollán coñecemos a historia dos irmás Rivas Blanco, que se agocharon entre as covas naturais que forman as calizas da Serra da Lastra. Entregados anos máis tarde, seguiron vivindo en Pardollán toda á vida, igual que o seu sobriño Federico, que nos contou esta historia un ano antes do seu pasamento. De Vilar de Silva tamén coñecemos a historia de Ramiro Franco Rodríguez, concelleiro pola Fronte Popular no concello de Rubiá ata xullo do 36, escapado ó monte o mesmo día en que asasinaron os veciños de Pardollán. Ramiro vai a convertirse en un elemento central en toda esta historia, xa que sen a súa figura non pode entenderse o que veu despois.
Ramiro contactou ó poco tempo con fuxidos que estaban agochados no concello berciano de Oencia, e dende ahí, formáronse algúns dos primeiros grupos armados, grupos de fuxidos que non conseguen chegar ata Asturias e que vanse asentando nunha ampla zona nos límites do Bierzo coas provincias de Lugo e Ourense. Será tamén estes grupos os que, posiblemente a partires do ano 38, tomen contacto cos grupos que se estaban asentando na Cabrera e en Casaio, o xerme da organización, o primeiro paso sen o cal nada sería o mesmo.

Entre Vilar de Silva e Pardollán estes grupos atopan un lugar máis ou menos seguro – se podemos falar de seguridade dentro desta loita –, sobre todo na casa da familia de Ramiro. Vai ser aló onde o 29 de xuño de 1939 un grupo de guerrilleiros vai ser delatado. Ás 3 da mañá, unha sección do Exército reforzada por varios números da Garda Civil do Barco de Valdeorras chegan á casa da familia e a rodean, pero nese mesmo intre comeza un tiroteo que acabará coa vida de dous Gardas e ferindo a outros dous soldados. O grupo consegue escapar como podesen baixa algunha, pero cunha das escopetas reglamentarias do Exército, que Marcelino de la Parra arrebatoulle a puñetazos a un dos soldados. Como represalia, o aparato policial e xudicial franquista vai sitiar Vilar de Silva, incautando boa parte do gando que tiñan os labregos da aldea, e ademáis, van a ser detidas e encartadas nun procedemento xudicial 25 persoas. A meirande parte de las sairán do cárcere de Ourense meses despois, onde foron trasladadas para comprobar a súa responsabilidade nos feitos. Nengunha sería condeada.

A pesares deste golpe e da represión que lle segue, os veciños de ámbalas aldeas seguen apoiando a estes grupos, ben sexa por medo, por afinidade ou por esa humanidade tan propia das sociedades labregas. O certo é que, como nos dixera o veciño de Pardollán Primitivo, eiqui paraban en tódalas casas. Como dicíamos ó principio, a visualidade que atoparon nesta zona, dende a que podían controlar a N-120 na súa entrada en Galicia e os movementos das forzas concentradas en toda a zona, foi algo fundamental para o establecemento de puntos de apoio neste lugar. Pero esta relativa tranquilidade pouco a pouco vaise ir rompendo. Primeiro, no mes de setembro do ano 44, cando varias persoas da aldea do Porto son atracadas na Fonteferrada, un punto no monte entre Vilar e Pardollán. É o único golpe que se rexistra en máis de 10 kilómetros á redonda de este lugar, o que tamén nos explica que utilizaban este lugar como refuxio e salvagarda das súas vidas. Meses máis tarde, despois da caída de Columbrianos e de que a Garda Civil comeze a desarticular a rede de enlaces que conectaba Ponferrada e a Cidade da Selva, atopan información de que, en Vilar de Silva e Pardollán, os grupos guerrilleiros teñen contactos coa poboación. E seguindo a roda que vai dilapidar esa rede e que suporá o principio do fin da Federación e a caída da Cidade da Selva en xullo do ano 46, outras 15 persoas de ámbalas aldeas van a ser detidas, trasladadas a Ponferrada e, despois, a León. Algunhas delas van a ser “xulgadas” en consello de guerra e condeadas a penas que ían dende os 6 anos ata os 6 meses, ainda que outras, como foi o caso de Casimiro Rodríguez García, “o tío Casimiro” para nós, a quen vedes na imaxe, foron absoltas. Eso sí, despois de pasar un ano na cadea á espera dese “xuicio”.

Outra explicación que atopamos para esta enorme caída, que comeza o 1 de agosto do ano 45, pode ser outra acción violenta, a que tamén nos leva a enlazar a historia deste lugar có propio desenvolvemento da Federación e das loitas existentes xa naquel momento entre unha parte dos comunistas e os unionistas. O día 26 de xullo, entre as estacións do ferrocarril de Covas e Quereño, ou o que é o mesmo, nas laderas de Vilar de Silva e Pardollán, os guerrilleiros cometen un dos poucos actos de sabotaxe dos que temos constancia nesta parte do Bierzo e Galicia. Ó paso do tren correo Madrid-Coruña, ás 17:23 da tarde, á salida dun dos túneis que cruzan a Serra da Enciña da Lastra, explotan dúas bombas que pretenden o descarrilamento do tren e o asalto ó mesmo. Pero a maniobra non sae ben e o tren consegue seguir o seu camiño cara a Quereño. Estamos seguras de que este feito tamén trouxo consecuencias entre os grupos guerrilleiros da Federación. Os guerrilleiros comunistas, que estaban a crecer nese momento, promoven unha loita máis directa contra o Réxime franquista, na que os grupos pasen á acción e o sabotaxe constante, mentres que os unionistas, promoven manter esa resistencia máis pasiva que lles permitirá sobrevivir ata ese momento. As tensión culminarán en xaneiro do 46, cando, na Cidade da Selva, os comunistas abandonarán a estructura da Federación de Guerrillas de León-Galicia. Pero esa é xa outra parte da Historia.

E parece un trato digno de conservar para que la historia y el recuerdo de los que lucharon tanto por aquélla libertad que tanto buscaron, y algunos dejaron su vida en el intento.
Socorro, 7 años en Figueras en la arcel ¿Por qué? Por ser necesario de Faustino ,un príncipe de 22 años, el mejor amigo de su hermano Ramiro,
Corrieron los dos bellos muchachos el mismo final
Fusilados por la espalda, los dos alos 22 lindos años.
Y Jose, que hizo tanta caminatas a gatas, para llevarle comida, e información, que al final también lo pago con golpes y la cárcel en el 46, cuando ya pensaba mucha gente que a guerra había terminado hacía mucho.
Ahí siguió mucho tiempo …
Me gustaMe gusta