A Ciudad de la Selva na documentación escrita (V): A muller na Ciudad de la Selva

(Texto redactado por Alejandro Rodríguez Gutiérrez e extraído do informe técnico da escavación da Ciudad de la Selva. Campaña 2018)

Unha das cuestión máis descoñecidas, até o de agora, era a participación e presenza de mulleres dentro dos grupos guerrilleiros. Sen dúbida, a obra de Marco (2011), supón todo un referente en canto a esta realidade, onde se fai unha análise completa e profunda dende un punto de vista de xénero e cun importantísimo traballo de recompilación de testemuñas. Resaltando de maneira especial, na parte que nos corresponde, o de Consuelo Rodríguez López, Chelo,guerrilleira nos Vales de Casaio. Neste punto, facemos unha aproximación a esta cuestión, aínda que dunha forma diferente, analizando a participación da muller no movemento guerrilleiro, nos seus papeis de enlace ou de guerrilleira, dende un punto de vista documental, principalmente a través dos procedementos xudiciais (Rodríguez Gutiérrez, 2017a, 2017b).

Como vimos, e como amosamos nos artigos referidos, o principal papel desenvolto pola muller dentro das organización de resistencia foi o de enlace. En todo o período que vai dende xullo de 1936 até 1952, atopamos referencias a un total, polo de agora, de 114 mulleres en toda a provincia de Ourense que foron encartadas e procesadas pola xustiza militar franquista polo seu apoio aos grupos guerrilleiros. Se atendemos ao número de mulleres que, durante máis ou menos tempo, estiveron dentro dos grupos de fuxidos ou guerrilleiros, o seu número redúcese a 7 nesta mesma provincia[1]. Se temos en conta, que a Federación de Guerrillas tamén abarcaba boa parte dos territorios do Bierzo e a Cabreira, habería que sumar outras 6 mulleres[2]. Ademais, neste sentido, queremos facer nosas as palabras de Heine (Vv.Aa, 2012:263), quen afirma que:

“la diferencia entre las enlaces femeninas e las guerrilleras a veces no resulta fácil de establecer. Sobre todo en el caso de la Federación de Guerrillas de León-Galicia consideramos que la mayoría de las mujeres que acompañaban a los guerrilleros aún no eran guerrilleras en el pleno sentido de la palabra. Opinamos que se trataba más bien de mujeres que por estar relacionadas con los guerrilleros, en un momento dado se habían visto obligadas a huir al monte para no correr la suerte de ser asesinadas por el procedimiento de la la llamada “ley de fugas”. Una vez efectuada la huída, normalmente pasaron muy poco tiempo en el monte, puesto que los guerrilleros procuraron buscarles lo más rápido posíbel algún sitiomás o menos seguro, donde pasarían meses o incluso años. Estos sitios normalmente eran casas de enlaces, a veces de sacerdotes, donde las personas que mantenían un trato diario con ellas, sabían de su secreto e intentaban guardarlo ante los vecinos e la Guardia Civil, pero en otros casos se escogió la alternativa de buscarle una nueva identidad para insertarle en una situación aparentemente legal.”

Antonia Rodríguez López

E como exemplo anota os casos de Domitilia Gutiérrez Alba, da provincia de Lugo, ou tamén o caso referenciado de Laura Blanco Rodríguez, da Lomba, que estiveron varios anos residindo en Barcelona, entre outros puntos, e recibindo axuda económica da propia Federación.

Sen embargo, a pesar de que a súa presencia nos grupos guerrilleros non fora permanente, polo menos nestes anos, si que podemos aseverar a súa permanencia nos vales de Casaio, concretamente na Ciudad de la Selva durante certo tempo. Segundo a testemuña de A.R., veciño de Soutadoiro e pastor na primeira metade dos anos 40, no val da Bruña encontrouse con dúas mulleres, as que recoñeceu como as irmás Consuelo e Antonia Rodríguez López. Elas lévano aos chozos onde se atopan co resto do grupo, invitándoo a comer e acordando que el traballara para eles recollendo ramas de aciñeira, polo que lle daban 5 pesetas[3]. É moi posíbel que isto ocorrera na primavera ou comezos do verao de 1946, sen dúbida algunha o momento no que atopamos maior presenza de mulleres na Ciudad de la Selva.

Esta maior presenza é o resultado dunha operación levada a cabo o día 5 de xuño de 1945 en Columbrianos (Ponferrada), onde a Guardia Civil consegue acabar coa vida de 3 guerrilleiros e 2 enlaces, caendo a partir dese momento boa parte da rede de enlaces construída pola Federación dende comezos da década[4]. Este feito vai provocar, ademais, que algúns deses enlaces, ante o medo a ser detidos, torturados ou asasinados polas forzas policiais da ditadura, decida botarse ao monte. Ademais de varios homes,este foi o caso das irmás Consuelo e Antonia Rodríguez López[5], de Alida González Arias, Asunción Macías Gallego ou Alberta Viñales Martínez, Chata, as que pasan á clandestinidade e, moi probabelmente, a residir nos chozos da Ciudad de la Selva até a caída final da mesma en xullo do ano seguinte. Así o relata a propia Consuelo:

“Antonia e máis eu integrámonos na guerrilla do monte e loitando como eles, eu tamén coas armas. Hubo mulleres que non as quixeron: Alida, A Chata, miña irmá. Eu sempre quixen a pistola porque pensaba que, se algún día estaba nunha situación difícil, defenderíame con ela, para que non ocorrese o de meus país, que os mataron como a cans.[…] A Garda Civil sabía que estábamos alí, pero non se atrevían a ir porque as xentes das aldeas próximas estaban con nós e, ao menor movemento, mandaban aviso. Para entrar naquel lugar tiñan que pensalo ben porque ao mellor entraban pero non sabían se sairían vivos. Dos vales íamos aos picos máis altos. Había un que lle chamábamos O Parapeto, un pico estratéxico desde onde se facía a garda… Alí tiña O Inca o seu chozo, para el só, aínda que unha noite durmimos Antonia, Arcadio e mais eu” (Marco López, 2011:70).

“Teníamos una choza de piedra, con una ventanina o dos, íbamos a coger las flores por ahí por el campo, las poníamos, adornábamos el chozo con las flores. Para mí era una vida encantadora aquella. Era lo más bonito que viví.[…] e un día por la noche me dice Arcadio, “ven, vamos a ir a dormir al chozo del Inca”. ¡Estaba en una altura! No veías nada e para bajar por allí te aseguro… e luego había un precipicio, si caías te destrozabas… e yo “¿tú qué quieres matarme?”. Nunca pasé tanto miedo como aquella noche. Él pasaba delante e a mí me cogía e me decía pon el pie aquí e baja, pon el pie aquí e baja. No tengas miedo, yo te sostengo. […] En un combate, en los valles de Casayo, llamado la Bruña, lo han matado a mi lado” (Martínez, 2008).


[1] Ademáis das citadas Remedios Álvarez e Manuela Valle, serían Celia Valle, Antonia e Consuelo Rodríguez López, Claudina Calvo Arias e Carmen Fernández Seguín. Salvo a última, todas estiveron nos grupos de Casaio.

[2] Estas serían Laura Blanco Rodríguez, Alida González Arias, Adoración Campo Canedo, Asunción Macías Gallego, Pandereta;Alpidia García Moral e Alberta Viñales Martínez, Chata.

[3] Testemuña de A.R., Soutadoiro, xuño de 2017.

[4] Segundo os datos que temos acumulados, a redada alcanza a un total de 125 persoas.

[5]Ambas serían detidas o 22 de xullo de 1945, recluídas na prisión do Barco de Valdeorras e trasladadas á provincial de León o 19 de agosto. Desta, sairán en liberdade provisional o 14 de setembro de 1945. Entendemos que, ao chegar novamente a Soulecín, deciden botarse ao monte. ATMT IV, Fondo Lugo, C. 275/47.

 

Bibliografía

Marco López, Aurora: Mulleres na guerrilla antifranquista galega. Laiovento, Santiago de Compostela: 2011

Martínez, Odette (Writer) (2008). La Isla de Chelo. Spain.

Rodríguez Gutiérrez, Alejandro: «Mujer y resistencia. La guerrilla antifranquista en Galicia desde un punto de vista de género», en J. Prada Rodríguez (ed.), Franquismo y represión de género en Galicia. Catarata, Madrid: 2017a, pp. 232-261.

Rodríguez Gutiérrez, Alejandro: «No íbamos a apoyar a los fascistas… Las mujeres en las redes de apoyo a la resistencia armada», en L. Juana, Jesús De Juana y J. Prada Rodríguez (eds.), Nuevas perspectivas en el estudio de la mujer durante el franquismo. Sílex, Madrid: 2017b, pp. 163-199.

VV.AA: A guerrilla antifranquista galega (Actas do Congreso). CRMH da Coruña, A Coruña: 2012

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s