A Ciudad de la Selva na documentación escrita (V): A muller na Ciudad de la Selva

(Texto redactado por Alejandro Rodríguez Gutiérrez e extraído do informe técnico da escavación da Ciudad de la Selva. Campaña 2018)

Unha das cuestión máis descoñecidas, até o de agora, era a participación e presenza de mulleres dentro dos grupos guerrilleiros. Sen dúbida, a obra de Marco (2011), supón todo un referente en canto a esta realidade, onde se fai unha análise completa e profunda dende un punto de vista de xénero e cun importantísimo traballo de recompilación de testemuñas. Resaltando de maneira especial, na parte que nos corresponde, o de Consuelo Rodríguez López, Chelo,guerrilleira nos Vales de Casaio. Neste punto, facemos unha aproximación a esta cuestión, aínda que dunha forma diferente, analizando a participación da muller no movemento guerrilleiro, nos seus papeis de enlace ou de guerrilleira, dende un punto de vista documental, principalmente a través dos procedementos xudiciais (Rodríguez Gutiérrez, 2017a, 2017b). Sigue leyendo “A Ciudad de la Selva na documentación escrita (V): A muller na Ciudad de la Selva”

Materialidade feminina: As pegadas das mulleres na tardoantigüidade

Historiadoras como Henar Gallego Franco afirman que é moi difícil atopar un rexistro fiable da presenza feminina. Así mesmo, localizar dentro dos textos a importancia que tiveron dentro da sociedade na que viviron. Tanto é así que moitas delas foron atopadas dentro da historiografía coetánea cun carácter paternalista e transxiversado.  Lembremos que a historia é construída por homes a partir dunhas fontes misóxinas e androcéntricas. Polo tanto, como poderiamos atopar a presencia feminina das mulleres do rural nunha época tan importante para a historiografía da Galicia. Sigue leyendo “Materialidade feminina: As pegadas das mulleres na tardoantigüidade”