A hixiene persoal e a saúde dos guerrilleiros na Ciudad de la Selva

Cremas de dentes

O seguinte texto recóllese na memoria interpretativa da campaña na Ciudad de la Selva que podedes ver completo aquí


Un dos aspectos máis sobresaíntes das escavacións na Ciudad de la Selva foi a documentación dun conxunto de obxectos relacionados coa hixiene persoal e a saúde dos grupos guerrilleiros. A documentación deste tipo de obxectos contrastan coa imaxe, quizá romántica, do guerrilleiro como lobo solitario que loita pola súa supervivencia contra as forzas da natureza, como mostran as novelas ao respecto (Grandes, 2012; p.ex. Guerra Garrido, 2010; Llamazares, 2001; vid. Vidal Castaño, 2016a). Isto non significa tampouco que todos os grupos guerrilleiros contaran con este tipo de obxectos na súa vida diaria; de novo, temos que ter en conta que as escavacións na zona de Morteiras (onde foron recuperados todos estes obxectos) referencia fundamentalmente a vida da Federación e, polo tanto, a parte máis organizada do movemento guerrilleiro no noroeste peninsular. Sigue leyendo «A hixiene persoal e a saúde dos guerrilleiros na Ciudad de la Selva»

O contexto político e social das ditaduras en América Latina: guerra fría, CIA e a operación Cóndor

O concepto de ditaduras cívico-militares en América Latina abarca realidades políticas e sociais bastante diversas, que fai referencia aos réximes políticos dalgúns dos países do Cono Sur desenvolvidos entre as décadas dos anos 60 e 80. Así, normalmente, úsase este concepto para designar o que aconteceu neste período nos países da Arxentina, o Brasil, Bolivia, Chile, Paraguai e Uruguai. Sociedades, economías e políticas moi distintas pero que tiveron como nexo común a imposición de réximes ditatoriais de base militar ao longo destes anos. Esta semellanza fai que diversos investigadores e investigadoras tentaran analizar as raíces comúns deste fenómeno histórico. De feito, os estudos arqueolóxicos están a achegar moita información neste sentido, xa que, en termos materiais, estes países mostran características moi similares. Este é o eixo do traballo da compañeira Caroline Murta Lemos publicado no volumen colectivo «Arqueología de la dictadura en Latinoamérica y Europa«, para quen estes réximes comparten o nexo de utilizar o terrorismo de Estado como arma política. Máis aínda, a explicación para as súas semellanzas ten que ver, segundo a autora, co contexto político é o desenvolvemento de conexións políticas entre estes países. Sigue leyendo «O contexto político e social das ditaduras en América Latina: guerra fría, CIA e a operación Cóndor»

As pinturas de Pala de Cabras en Casaio (I): marco xeral e descrición da pala

O texto que sigue é parte do traballo «Hallazgo de un conjunto de pinturas esquemáticas prehistórica en el sitio de «Pala de Cabras», en Casaio (Carballeda de Valdeorras, Ourense), publicado en PH: Boletín del Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico (que podedes descargar aquí).

Introducción: el contexto de descubrimiento

El hallazgo de pinturas esquemáticas que aquí presentamos se localiza en la parroquia de Santa María de Casaio, en el actual concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense). Se produjo en el contexto de desarrollo del proyecto Sputnik Labrego. Resiliencia e resistencia da sociedade labrega galega en “momentos de perigo”: unha análise antropolóxica e arqueolóxica na longa duración, en el marco de un contrato postdoctoral financiado por la Xunta de Galicia. El objetivo general de este proyecto era el análisis, a través del registro material, de las transformaciones de las sociedades campesinas tradicionales del noroeste peninsular desde una perspectiva de larga duración histórica. Para ello, se escogió el ámbito geográfico de Casaio, que presentaba unas características únicas especialmente sugerentes. Sigue leyendo «As pinturas de Pala de Cabras en Casaio (I): marco xeral e descrición da pala»

Escavación e secuencia estratigráfica do chozo Teixadal-1 no sitio do bosque do Teixadal

Teixadal-1 antes de iniciar os traballos de escavación

Neste post, seguindo coa publicación dos contextos de Morteiras-1 e Morteiras-4, presentamos a estratigrafía do chozo Morteiras-4, escavado en verán de 2018 e interpretado como un chozo habitacional da guerrilla antifranquista. Todo isto pode ser consultado na memoria técnica presentada na Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia que podedes descargar aquí.

Sigue leyendo «Escavación e secuencia estratigráfica do chozo Teixadal-1 no sitio do bosque do Teixadal»