A represión en Chile e as capas de memorias: arqueoloxía da ditadura en Chile

O traballo que fai referencia esta entrada forma parte do volume «Arqueoloxía da ditadura en Latinoamérica e Europa», que podedes conseguir aquí.

A ditadura militar en Chile é, posiblemente, un dos réximes políticos que máis impacto tivo na memoria colectiva mundial. As mans cortadas do cantautor Víctor Jara son un símbolo ausente da liberdade perdida do mesmo xeito que as lentes de Salvador Allende poden considerarse a materialización da represión e da violencia. Un réxime que, apoiado polas potencias europeas e os Estados Unidos de América, tras o golpe de Estado en setembro de 1973 causou a desaparición, segundo datos oficiais, de 1210 persoas, como relata a película «Missing» do director grego Costa Gavras. Un réxime que aínda hoxe representa un punto de forte debate político e de activación das memorias en Chile. O Museo da Memoria e dos Dereitos HUmanos en Santiago de Chile é, a día de hoxe, un dos museos máis visitados do país polos chilenos e chilenas.

A ditadura en Chile foi unha reacción das forzas armadas e dos sectores oligárquicos d país fronte ao goberno de Salvador Allende. Un goberno de orientación socialista cuxas políticas de nacionalización dos sectores económicos estratéxicos do país, principalmente a minería de cobre, puxo en garda tanto os oligarcas de Chile como os Estados Unidos, gobernado entón por Richard Nixon e con Henry Kissinger a cabeza da conspiración contra Allende. O sanguento golpe de Estado de 1973 foi encabezado polo xeneral Augusto Pinochet, quen dirixiu con man de ferro o país ata marzo de 1990, cando, despois de varios plebiscitos para destituír ao dictador, entregou o poder ao novo presidente Patricio Aylwin. Con isto iniciouse unha transición cara á democracia parlamentaria que levou a Pinochet ao exilio. Froito da experiencia ditatorial chilena foron, por exemplo, as políticas neoliberais que despois se implantaron en Europa durante os anos 80 e 90.

Museo de la Memoria y los Derechos Humanos, Santiago de Chile

O pobo chileno foi consciente dende moi cedo da importancia da memoria e da reparación das vítimas mediante a verdade. Así, en abril de 1990, creouse a Comisión Nacional de Verdad e Reconciliación, cuxo obxectivo foi a de investigar os crimes contra os Dereitos Humanos e os abusos cometidos durante a ditadura militar. Porén, os estudos arqueolóxicos sobre este período foron máis tardíos, e só recentemente se fixeron as primeiras análises sobre a materialidade da ditadura chilena e a súa represión. Deste xeito, en Maio de 2011, un equipo dirixido polo antropólogo Francisco Etxebarría exhumou os restos de Salvador Allende, confirmando a teoría do seu suicidio.

Edificio «Nido 20», en Santiago de Chile

Un destes estudos é o interesante traballo de Nicole Fuenzalida, Natalia La Mura, Luis Irrazabal e Camila González en torno á arqueoloxía do centro de tortura chamado «Nido 20» e titulado «Capas de memorias e interpretación arqueológica de Nido 20. Un centro secreto de detención, tortura y exterminio». O Nido 20 atópase en Santiago de Chile e corresponde a unha vivenda residencial dun barrio periférico da cidade. Durante e ditadura militar, esta vivenda utilizouse como centro de detención, tortura e exterminio, formando parte do circuíto represivo da zona sur de Santiago de Chile. Actualmente, esta vivenda é un espazo de memoria protexido pola normativa patrimonial e impulsado polas asociacións de veciñanza dese barrio.

Un dos aspectos máis interesantes do traballo é o desenvolvemento do concepto de «capas de memoria» que as autoras definen como «un entramado de nudos convocantes e hitos del pasado, superpuestos y entrelazados en el presente en diversas escalas espaciales». Isto é, a idea de que este edificio, ao longo da súa historia, acumula distintos estratos e usos que nos vinculan o presente con diversas memorias, acontecementos e sensacións cunha forte potencialidade social e política. Deste xeito, grazas á arqueoloxía, poden desatarse e analizarse estas capas de memoria dun pasado sanguento e traumático que, aínda hoxe, se presentan como espectros de historias que temos que aprender para non repetir.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s