O poboamento de época tardorromana na bisbarra de Valdeorras

O obxectivo principal das escavacións en Valencia do Sil é analizar, a través deste xacemento, as profundas transformacións do sistema de poboamento entre o fin do Imperio Romano e o inicio da Alta Idade Media. Infelizmente non contamos con moitos documentos escritos para tratar este tema, pol o que a arqueoloxía se torna como a principal fonte para entender mellor como vivía a xente nesta época coñecida por “escura”. Cremos que Valencia do Sil, grazas aos traballos feitos e por facer, será chave para os nosos propósitos. Sigue leyendo “O poboamento de época tardorromana na bisbarra de Valdeorras”

A configuración urbanística do asentamento de Valencia do Sil

O asentamento das poboacións nun sitio implica moitas mudanzas na paisaxe. As sociedades humanas requiren para a súa supervivencia intervir na natureza e extraer recursos, ferramentas coas que construír casas e obter alimentos. Porén, cada sociedade intervén na natureza de xeito distinto e isto reflíctese no tipo de asentamento e na súa configuración. Por exemplo, as sociedades de cazadores e recolledoras establecían asentamentos de pouco impacto na paisaxe, xa que tiñan que aproveitar o máximo da natureza. Pola contra, hoxe, nos tempos chamados do antropoceno, explotamos a natureza a través de grandes cidades e industrias cun grande impacto no territorio. Dalgún xeito, a configuración dos asentamentos di moito das sociedades que neles viviron. Sigue leyendo “A configuración urbanística do asentamento de Valencia do Sil”