A arqueoloxía é unha disciplina que co paso dos anos se fixo máis complexa. Grazas ás novas técnicas aplicadas ao estudo do pasado podemos obter datos espectaculares das cousas máis pequenas. Por exemplo, grazas ao ADN ou aos isótopos estables podemos saber a procedencia dunha persoa ou que comeu na súa vida grazas a un pequeno dente. Mais para obter estes datos, fai falta moito traballo previo para atopar os xacementos, escavalos e despois facer todas as análises no laboratorio. Cada dato custa moita suor conseguilo. Porén, hai veces que a sorte permite atopar datos que mudan a nosa percepción do pasado. En calquera caso, a arqueoloxía tórnase unha aventura na procura dese pasado. Sigue leyendo «O tesouro de Guarrazar, a grande aventura da arqueoloxía de época visigoda»
Etiqueta: Libro
«O exército de fume» de Manuel Gago (Xerais, 2018) ou a creación dos heroes gallegos
– Ramallo, non sei se lle importa ou non, pero teño que dicirlle unha cousa. Vostedes serán uns heroes. Algún día os nenos esudaranos na escola…
Ramallo pensou, Por que aquel home dicía que ían ser heroes? Que heroes houbera en Galicia? Non recordaba ningún. Á entrada de Carral ergueran un monumento a uns mártires do século pasado, que el vía sempre cando ía para A Coruña e paraba a tomarlle unha cunca nunha taberna da praza. Uns soldados, seica, aos que fusilaran. Viuna moitas veces. Pero el non lembraba os nomes daqueles mártires. Ninguén falaba deles. En Galicia os heroes non teñen nome. Case mellor non ter nome nin apelidos, cando se é un heroe en Galicia, pensou el Sigue leyendo ««O exército de fume» de Manuel Gago (Xerais, 2018) ou a creación dos heroes gallegos»