A arqueoloxía é unha disciplina que co paso dos anos se fixo máis complexa. Grazas ás novas técnicas aplicadas ao estudo do pasado podemos obter datos espectaculares das cousas máis pequenas. Por exemplo, grazas ao ADN ou aos isótopos estables podemos saber a procedencia dunha persoa ou que comeu na súa vida grazas a un pequeno dente. Mais para obter estes datos, fai falta moito traballo previo para atopar os xacementos, escavalos e despois facer todas as análises no laboratorio. Cada dato custa moita suor conseguilo. Porén, hai veces que a sorte permite atopar datos que mudan a nosa percepción do pasado. En calquera caso, a arqueoloxía tórnase unha aventura na procura dese pasado. Sigue leyendo «O tesouro de Guarrazar, a grande aventura da arqueoloxía de época visigoda»
¿Qué es «Sputnik Labrego»?
En novembro do ano 1957 a cadela Laika foi lanzada ao espazo un mes despois do satélite Sputnik 1, iniciando unha carreira que duraría máis de 30 anos entre os dous estados máis poderosos do mundo. Uns meses despois de que Laika tivera a honra de ser o primeiro ser vivo en orbitar arredor do noso planeta, os habitantes dunha aldea próxima a Salcedo (Lugo) realizaron a súa propia homenaxe á cadela espacial (leer más).