O tesouro de Guarrazar, a grande aventura da arqueoloxía de época visigoda

A arqueoloxía é unha disciplina que co paso dos anos se fixo máis complexa. Grazas ás novas técnicas aplicadas ao estudo do pasado podemos obter datos espectaculares das cousas máis pequenas. Por exemplo, grazas ao ADN ou aos isótopos estables podemos saber a procedencia dunha persoa ou que comeu na súa vida grazas a un pequeno dente. Mais para obter estes datos, fai falta moito traballo previo para atopar os xacementos, escavalos e despois facer todas as análises no laboratorio. Cada dato custa moita suor conseguilo. Porén, hai veces que a sorte permite atopar datos que mudan a nosa percepción do pasado. En calquera caso, a arqueoloxía tórnase unha aventura na procura dese pasado.

No caso do tesouro de Guarrazar, a sorte, a intriga e a aventura permitiron mudar o que coñeciamos sobre o período visigodo. E esta aventura é a que relata, en forma de novela de intriga, José Calvo Poyato na sua novela “El último tesoro visigodo” (SA Ediciones B, 2018). Nel, José Calvo relata a historia do descubrimento e as vicisitudes deste particular tesouro, ambientado no mundo da España de mediados do século XIX.

O tesouro de Guarrazar foi descuberto, por casualidade, por unha familia de labregos dunha pequena aldea de Toledo, nunha horta dese nome. Este tesouro estaba composto de varias coroas de ouro e outras xoias e obxectos preciosos. Os labregos souberon pronto do seu valor, pero temén dos perigos de que os collesen cun tesouro de tanto valor. Uns días despois, outro labrego atopou o resto do tesouro, que, por desgraza, decidiron romper en anacos e vendelos a un xoieiro de Toledo.

Tesouro de Guarrazar no Museo Arqueológico Nacional

Os rumores sobre a presenza deste tesouro chegaron aos oídos dun militar francés, Adolfo Hérouart, aigo dun dos labregos, e dun xoieiro con moita sona, José Navarro. Ambos os dous conseguiron a maior parte do tesouro, e venderon gran parte do mesmo a Francia. Isto prodúcese porque naquel momento en Francia a arqueoloxía dos Francos estaba de moda, e o interese polos visigodos era moi grande. Parte do tesouro comprouno o recentemente inaugurado Museo de Cluny, onde hoxe poden aínda verse. Logo que se decatara o goberno español desta venda, iniciou todo un proceso diplomático para recuperar as coroas, cruces e xoias de Guarrazar, pero foi inútil. O goberno francés era lexítimo comprador das pezas, e non quería mostrar debilidade ante unha Europa cada vez máis belicosa. Pola súa parte, o goberno de Isabel II considerou isto unha afronta, mais co tempo a prensa e os políticos esqueceron o asunto. O tesouro de Guarrazar permaneceu en Francia por varias décadas.

O destino do tesouro mudou coa Segunda Guerra Mundial. Tras a capitulación de Francia e a imposición do réxime de Vichy, Franco aproveitou a oportunidade para solicitar varias pezas arqueolóxicas en mans francesas. Entre elas inclúese a coñecida Dama de Elche, os capiteis de Montealegre, a pintura “La Concepción” de Murillo ou o tesouro de Guarrazar. O tesouro retornou a España e agora se pode contemplar no Museo Arqueológico Nacional en Madrid.

Tesouro de Guarrazar no Museo de Cluny

A polémica destas pezas non acabou aquí. En 2016, para conmemorar o retorno do tesouro de Guarrazar, en Guadamur proxectaron no castela da aldea as imaxes de Pétain, Franco e Himmler como os “heroes” que consiguiron retornar a España pezas arqueolóxicas que representaban a historia e o espírito de España. Para que despois se diga que a arqueoloxía non pode ser política.

Imaxes proxectadas no castelo de Guadamur

Salvo este último detalle, o resto está perfectamente relatado na novela de José Calvo Poyato. A novela introduce algún elemento de fantasía, como o asasinato dunha nobre madrileña con escuros segredos en torno a súa familia e o seu tesouro, e unha investigación ficticia ao redor disto. Porén, todo foi sumar a unha incrible historia dun dos descubrimentos arqueolóxicos máis interesantes do século XIX. Hoxe, as escavacións en Guadamur parecen mostrar que as coroas están relacionadas cunha igrexa do século VIII d.n.e. Mais as razóns para o seu enterramento alí son aínda un misterio.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s