Arqueoloxía da «Mina dos Alemáns»: unha introducción

A rexión de Casaio (Carballeda de Valdeorras, Ourense) é un territorio cheo de historia e de patrimonio do pasado recente cunhas paisaxes únicas. Un ben común histórico, quizais esquecido e maltratado, pero extraordinario para comprender os procesos de introdución da modernidade no mundo rural. Un dos sitios arqueolóxicos máis importantes e quizá dos máis castigados é o coñecido como a mina de Valborraz ou «A cidade dos Alemáns». Esta mina de wolframio é un caso único no península ibérica pola súa complexidade histórica e un dos sitios principais do noso proxecto. Neste post queremos facer unha pequena introdución a súa historia para profundar a medida que avancemos coas nosas investigacións.

 

Nos anos corenta o volframio, tamén coñecido como tungsteno, converteuse nun metal moi valorado, de tal maneira que foi chamado «o ouro negro». Este metal, escaso na codia terrestre, caracterízase por ter un punto de fusión moi alto (3400ºC) e ser extremadamente duro, o que o converte nun elemento fundamental para a construción de máquinas e, sobre todo, para fabricar tanques de combate. Esta é a razón pola que os nazis se interesaron moito por Galiza, por Casaio e pola mina de Valborraz no contexto da Segunda Guerra Mundial. Esta zona é un das reservas do volframio máis importantes de Europa e nos anos corenta librouse unha auténtica «febre do wolfram«.

Como sinalan Tomás Terrón e Isidro García Tato no seus traballos sobre a mina, tres son as etapas principais da súa historia. A primeira é a «fase dos belgas», chamada así porque entre 1914 e 1929 o sitio foi explotado pola empresa belga «Mines de Tungsteno de Balborraz». Desta etapa apenas quedan restos no sitio, mais estamos convencidos de que mediante os traballos arqueolóxicos atoparemos restos que nos permitirán profundar sobre este primeiro momento.

A segunda etapa é a máis coñecida, correspondente a ocupación alemá da mina. No ano 1938 os terreos serán adquiridos polo consorcio SOFINDUS, un conglomerado de empresas de propiedade nazi e con estreitas conexións con Franco (por exemplo, o presidente do Consello da Administración era o conde de Argillo, consogro do dictador). SOFINDUS explotará a mina até o fin da Segunda Guerra Mundial, momento en que esta pasará a mans españolas. Dentro desta etapa encádrase a presenza do «Destacamento Penal de las Minas de Casayo», entre novembro de 1945 e xullo de 1944. Os destacamentos penais eran unha forma de explotación dos presos do franquismo, xestionados polo Patronato de Redención de Penas, que concedía dita explotación a empresas públicas ou privadas. Polo Destacamento Penal de Casayo pasaron, segundo os cálculos de Isidro García Tato, un total de 463 penados. Esta etapa supuxo a total reorganización da mina e, practicamente todos os edificios conservados na actualidad,e datan de esa época. Especialmente significativos son, por exemplo,os barracóns do Destacamento Penal, dos cales, sendo orixinalmente tres, consérvanse dous. Tamén temos o testemuño dunha cantina que non se finalizou mais que conserva os seus cimentos.

A terceira etapa de explotación da mina coincide coa Guerra de Corea (1950-1953) e os anos posteriores antes de su abandono nos anos 60. Nestes momentos serán distintas empresas españolas as encargadas da xestión da antiga Mina dos Alemáns. A maior parte da cultura material conservada é deste momento, por exemplo, os produtos domésticos atopados nas antigas vivendas das familias que vivían alí. Tamén se recoñece arqueoloxicamente unha importante fase de reconstrución dalgúns espazos, por exemplo, no cuartel da Garda Civil o no edificio chamado «Casa del Ingeniero», onde residía o xefe da mina.

Hai unha cuarta etapa na mina, quizais menos coñecida. Despois do seu abandono, os propietarios mantiveron a un garda e a súa familia para evitar os continuos espolios de volframio. Este garda ocupou parte dos antigos edificios da mina hasta nos anos 70, momento en que se abandonou definitivamente os edificios relacionados coa mina e foron ocupados polos gandeiros, os cazadores, e os rapaces da zona. Deste momento quédannos moitos restos materiais tan importantes como os máis antigos para a completa comprensión deste espazo único.

Aínda, tristemente, se podería delimitar outro período. No ano 2010, a mina foi sepultada por el descontrol das minas de xisto dos arredores, destruíndo parte dos antigos edificios das familias e a impresionante praza do complexo, onde aínda hoxe en Casaio lembran as mulleres danzar e cantar. Nos próximos meses traballaremos intensamente no espazo da mina, co duplo obxectivo de analizar dende un punto de vista arqueolóxico os diferentes momentos da historia da mina, mais tamén para re-valorizar un patrimonio excepcional que, aínda hoxe, corre o perigo de quedar enterrado para sempre. De ser así, a arqueoloxía que teremos que facer será máis clásica, mais tamén será moi tráxica. Cremos que o noso proxecto axudará a evitar esta perda e tamén a recuperar unha imprescidíbel memoria.

Máis información: http://casaio.blogspot.com.ar

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s