A socioloxía histórica e o estudo do campesiñado na longa duración desde a arqueoloxía

Aínda que neste blog escribamos moito sobre a arqueoloxía do campesiñado, trátase dunha disciplina moi nova. Só nas últimas décadas a análise das sociedades campesiñas a través dos restos materiais é considerado como unha vía de estudo posible e con problemas, teorías e metodoloxías propias. O feito de que esta arqueoloxía do campesiñado sexa tan recente ten que ver con dúas cuestións complementarias. En primeiro lugar pola falta de datos sobre as sociedades campesiñas antes da Revolución Industrial, que impedía facer un achegamento desde a cultura material. En segundo lugar, e quizais de xeito máis grave, pola consideración de que a arqueoloxía ocúpase, ante todo, das elites sociais e dos seus monumentos. Dito doutro xeito, existe aínda a idea dentro da academia de que a materialidade campesiña ou non existe ou non paga a pena analizala. Afortunadamente, isto cada vez se pensa menos.

Porén, aínda hai moito camiño que percorrer. Aínda é necesario desenvolver teorías e marcos analíticos complexos desde os que abordar o estudo arqueolóxico das sociedades campesiñas pre-industriais. Unha destas vías pode ser, baixo a nosa opinión, os marcos teóricos da chamada socioloxía histórica. Esta corriente baséase na idea de aplicar análises de tipo sociolóxica e antropolóxica ás sociedades do pasado, entendendo estas últimas como tan complexas como as sociedades actuais. Esta disciplina ten as súas orixes nos traballos de autores do século XIX como Marx, Weber ou Durkheim, aínda que a súa formalización como escola independiente nace nos anos 50 nos Estados Unidos de América. O seu manifesto de consolidación como disciplina foi editado por Theda Skocpol no ano 1984, e recollía unha ampla tradición de autores ata entón considerados heterodoxos como Barrington Moore, Karl Polanyi, Immanuel Wallerstein, ou Perry Anderson.

Immanuel Wallerstein

A socioloxía histórica é tanto un marco teórico como unha proposta metodolóxica baseada nalgunhas ideas básicas. Unha destas é a idea de que os estudos ten que estar dirixidos por un problema específico, que artella as estratexias de investigación e non, como propón o positivismo, que sexan os datos os que falen por si mesmos. Por exemplo, Immanuel Wallerstein no seu coñecido estudo «O moderno sistema mundial» publicado por primeira vez en 1974, partía da pregunta de como xurdiu historicamente o capitalismo mundial e como este conectou todos os países do planeta.

Outra idea interesante da socioloxía histórica é o uso da metodoloxía comparativa entendéndoa de xeito amplo. Unha vez establecido o problema específico e a estratexia de investigación, estas marcan tamén as posibilidades de comparación de xeito que poidan contrastarse o ampliarse as hipóteses de partida. Perry Anderson, no seu estudo sobre as características e a orixe do absolutismo, compara distintas sociedades europeas e asiáticas de xeito que permiten construír diversos modelos de sociedades feudais, só algunhas das cales desenvolverán gobernos de tipo absolutista. Unha estratexia similar utiliza Barrington Moore no seu traballo sobre as orixes da democracia e da ditadura nas sociedades atuais.

Por último, outra idea moi interesante é aquela da longa duración histórica, xerada sobre todo por Fernand Braudel no seu enorme traballo ao redor do Mediterráneo na época de Felipe II. A idea básica é que para entender de xeito complexo un período histórico hai que atender ás diferentes temporalidades que afectan as sociedades no pasado. Así, hai temporalidades curtas, como eventos concretos, e temporalidades longas, como por exemplo o clima o a xeoloxía.

Todas estas ideas son moi potentes para analizar as sociedades campesiñas no pasado desde un punto de vista arqueolóxico. Como exemplo, as nosas investigacións sobre o mundo rural na época dos suevos e durante o franquismo están moi influenciadas por este tipo de ideas, baixo a premisa da complexidade intrínseca destas sociedades.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s